Riosar

planeta extrasolar
(Redirección desde «HD 149143 b»)
Este artigo trata sobre o exoplaneta que orbita arredor da estrela Rosalíadecastro. Para o río galego, ver Río Sar.

Riosar,[1] anteriormente identificado como HD 149143 b, é un planeta extrasolar que ten unha masa mínima de 1,33 masas de Xúpiter. Como é común en moitos Xúpiter quentes, a súa excentricidade orbital é baixa.[2][3] Orbita arredor da estrela Rosalíadecastro.

Impresión artística do planeta Riosar orbitando Rosalíadecastro.

Foi descuberto en 2005 desde o Observatorio da Alta Provenza (Francia) coa técnica de espectroscopia Doppler.[4]

O planeta foi bautizado como "Riosar" (en referencia ao río Sar) como parte do proxecto internacional NameExoWorlds, impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU). O planeta e a súa estrela foron asignados a España para a escolla do nome.[5][6] O nome río Sar foi proposto pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO e foi elixido a través dunha votación en liña, conseguindo 13 413 votos en todo o estado, ou máis dun 39% do total.[7] A súa estrela, HD 149143, foi bautizada como "Rosalíadecastro" (en referencia a Rosalía de Castro).[7]

Notas editar

  1. ""IAU 100 NameExoWorlds: Approved Names"" (PDF). 
  2. da Silva, R.; et al. (2006). "Elodie metallicity-biased search for transiting Hot Jupiters I. Two Hot Jupiters orbiting the slightly evolved stars HD118203 and HD149143". Astronomy and Astrophysics 446 (2): 717–722. Bibcode:2006A&A...446..717D. arXiv:astro-ph/0510048. doi:10.1051/0004-6361:20054116. 
  3. Fischer, Debra A.; et al. (2006). "The N2K Consortium. III. Short-Period Planets Orbiting HD 149143 and HD 109749". The Astrophysical Journal 637 (2): 1094–1101. Bibcode:2006ApJ...637.1094F. doi:10.1086/498557. 
  4. Redacción (2019-12-17). "Así podes ver no ceo a estrela de Rosalía". GCiencia. Consultado o 2019-12-22. 
  5. http://www.nameexoworlds.iau.org/get-involved Arquivado 17 de decembro de 2019 en Wayback Machine. IAU100 NameExoWorlds: Get Involved
  6. http://www.nameexoworlds.iau.org/spain Arquivado 17 de decembro de 2019 en Wayback Machine. IAU100 NameExoWorlds: Spain
  7. 7,0 7,1 "Rosalía de Castro e o río Sar xa alumean no ceo". Sermos Galiza. 17 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019.