Masa de Xúpiter
A Masa de Xúpiter (Mx ou MXUP) é a unidade de masa que é equivalente á masa total do planeta Xúpiter (1,8986 x 1027 kg, 317,83 masas terrestres;[1] unha masa da Terra equivale a 0,00315 masas de Xúpiter). A masa de Xúpiter usase para expresa-las masas dos xigantes gasosos, coma os planetas exteriores e os planetas extrasolares. Tamén é usado para expresa-la masa das ananas marróns.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/Relative_star_sizes.svg/300px-Relative_star_sizes.svg.png)
Os exoplanetas máis masivos son xeralmente descritos en termos de masas de Xúpiter xa que isto proporciona unha escala moi cómoda para comparar. Un planeta cunha masa de Xúpiter a unha distancia orbital de 1 UA respecto dunha estrela semellante ó Sol, provoca un cambio de amplitude de 28 m/s, que é detectable coa tecnoloxía actual.[2] Os planetas máis facilmente detectables a través das medicións da velocidade radical teñen moita masa e orbitan moi preto da súa estrela nai. Isto produce un efecto de selección para os planetas con masas semellantes a de Xúpiter. Por outra banda, os planetas con masas superiores a de Xúpiter son detectables máis facilmente con outros métodos, coma os tránsitos ou as microlentes.[3]
Un planeta cunha masa de Xúpiter pode non ter as mesmas dimensións cá Xúpiter. Calcúlase que masa teórica mínima dunha estrela pode ser, e que aínda estea sometida á fusión do hidróxeno no seu núcleo, dunhas 75 veces a masa de Xúpiter, mentres que a fusión do deuterio pode ocorrer o redor de masas tan baixas coma as 13 masas de Xúpiter.[4][5][6]
No Sistema Solar, ás veces, as masas dos planetas exteriores son expresadas en masas de Xúpiter.
Unha masa de Xúpiter pode ser convertida a outras unidades relativas:
- 25.839 masa lunar (ML)
- 317,83 masa terrestre (M⊕)[1]
- 0,0009546 masa solar (Ms)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Williams, Dr. David R. (02-11-2007). NASA, ed. "Jupiter Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 05-10-2011. Consultado o 16-07-2009.
- ↑ Kovalevsky, Jean; Seidelmann, P. Kenneth (2004). Cambridge University Press, ed. Fundamentals of Astrometry. p. 346. ISBN 0-521-64216-7.
- ↑ Barrie William, Jones (2004). Springer, ed. Life in the solar system and beyond. pp. 211–233. ISBN 1-85233-101-1.
- ↑ Alan, Boss (03-04-2001). Carnegie Institution of Washington, ed. "Are They Planets or What?". Arquivado dende o orixinal o 28-09-2006. Consultado o 08-06-2006.
- ↑ Shiga, David (17-08-2006). New Scientist, ed. "Mass cut-off between stars and brown dwarfs revealed". Consultado o 23-08-2006.
- ↑ Basri, Gibor (2000). "Observations of Brown Dwarfs". Annual Review of Astronomy and Astrophysics 38: 485. Bibcode:2000ARA&A..38..485B. doi:10.1146/annurev.astro.38.1.485.