Corónide
Na mitoloxía grega, Coronis ou Corónide é unha rapaza de Larisa amante do deus Apolo. Trátase da nai de Asclepio.
Coronis élle infiel a Apolo cun mozo tesalio. Segundo as obras de Hesíodo, Píndaro, Calímaco, Pausanias e o Pseudo-Apolodoro, o rapaz chámase Isquis; Antonino Liberal chámalle Alcioneo.
O deus Apolo é avisado do asunto por un corvo, animal de plumaxe branca até aquelas, pero castigado pola súa indiscreción por Apolo, quen o volve totalmente negro e portador de malos augurios. Esta metamorfose é narrada tanto por Calímaco como por Hesíodo.
Asclepio é o froito do amor entre Apolo e a moza, que morre estando embarazada atravesada por unha frecha do celoso deus, extraendo a Asclepio do seu ventre e entregándollo ao centauro Quirón para que o criara. Tras a cesárea póstuma, Coronis é incinerada.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corónide |
- "O corvo" en Metamorfoses, de Ovidio: Libro II, 533 - 541. Texto español en Wikisource.
- "Apolo e Coronis (I)" en Metamorfoses, II, 542 - 547a: texto español en Wikisource.
- "Apolo e Coronis (II)" en Metamorfoses, II, 596 - 632: texto español en Wikisource.
- II, 531 - 632: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Poden empregarse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto inglés de 1567 de Arthur Golding ou ao texto latino) e "load" (para a comparación entre os textos ingleses ou para o texto bilingüe).
- Metamorfoses, II: texto latino en Wikisource.
- II, 531 - 632: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Poden empregarse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto inglés de 1567 de Arthur Golding ou ao texto latino) e "load" (para a comparación entre os textos ingleses ou para o texto bilingüe).
- Hixino: Fábulas (Fabulae).
- 202: Coronis (Coronis).
- Texto italiano.
- Texto inglés no sitio Theoi.
- Texto latino no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).
- Ed. de 1872 en Internet Archive: texto latino en facsímile electrónico.
- 202: Coronis (Coronis).
- Apolo e Coronis; en italiano.
- Coronis no Proxecto Perseus.