Tesalia

rexión de Grecia

Tesalia (Θεσσαλια en grego moderno Thessalía) é unha das 13 rexións de Grecia que se atopa subdividida en 4 prefecturas. A capital rexional é Larisa. A prefectura localízase en Grecia central e limita con Macedonia ao norte, Epiro ao oeste, Grecia Central ao sur e o mar Exeo ao leste. Ten unha superficie de 14.000 km² e preto dun millón de habitantes.

Modelo:Xeografía políticaTesalia

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°30′N 22°00′L / 39.5, 22
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of Thessaly and Central Greece (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalLárisa Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación688.255 (2021) Editar o valor en Wikidata (49,03 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie14.036,646 km² Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoKonstantinos Agorastos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2GR-E Editar o valor en Wikidata
Código NUTSEL61 Editar o valor en Wikidata

Sitio webthessaly.gov.gr Editar o valor en Wikidata
Twitter: perifthessalias Youtube: UCsMCICnJtRccfcPTRXFTY0Q Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar
 
Panorámica da chaira de Tesalia

Está situada entre as Termópilas ao sur, o Pindo (que a separa de Epiro) ao oeste, e o mar ao leste. Unha serra ao norte, que acaba no monte Olimpo, sepáraa de Macedonia. O río principal é o Peneo.

Ademais da chaira de Tesalia hai outros dous distritos ou rexións naturais, un na costa chamado Magnesia, desde o val do Tempe ao golfo de Pagasa entre as montañas Ossa e Pelión dun lado e o mar doutro; o outro distrito de Malis é unha estreito val entre as montañas Othrys e Oeta ata o río Esperqueo que desauga no golfo Maliaco.

A chaira é en realidade dúas chairas, a alta e a baixa; a primeira é a parte próxima ao Pindo, e a baixa é a parte costeira ata o golfo Termaico; están separadas por unha serra que vai desde os lagos Nessonis e Boebis ao río Enipeos. A baixa Tesalia foi a antiga división dos pelásxicos e vai desde as montañas Titaros e Ossa ao norte, ata a montaña Othrys e o golfo Pagasio ao sur; ten como capital á cidade de Larisa. A alta Tesalia formaba antigamente os distritos dos Tesalis e Histiatis, con centro en Farsalia, e vai de Eginion ao norte a Thaumaci ao sur. Na chaira de Thaumaci está o paso de Cela ou Coela.

O río Peneo (o actual Salàmvría ou Salàmbria), nace ao noroeste de Tesalia e recolle moitos afluentes. No val de Meteora hai numerosos mosteiros. Preto da antiga cidade de Aginion ou Satgos o val ábrese á vasta chaira da alta Tesalia. En Tricca (Trikala) o río vira ao leste onde recibe diversos afluentes, e pasa por un val que forma a división entre as dúas partes de Tesalia para saír na chaira cerca do oeste de Larissa, onde xira ao norte cara ao val do Tempe ata o mar.

Outros ríos da rexión foron o Apidanos (Vrysia), Onoconos (Onquestos), Enipeu (a actual Fersaliti) e Pamisos (Bliúri ou Pliúri). Outros ríos secundarios son o Cuarios (Sofadhítiko) afluente do Enipeo e o Titaresios (Elassonítiko ou Xerághi).

A chaira de Tesalia é moi fértil. Antigamente producía moscatel e rabaños, e as súas producións actuais son algodón, tabaco, oliveiras, legumes e cítricos. Os cabalos da rexión eren moi apreciados antigamente

Historia

editar
 
Mapa da Tesalia clásica

Tradicionalmente o poder político estivo en mans da nobreza ou de individuos que actuaban como déspotas. A riqueza dos nobres é mencionada polos antigos historiadores.

O primeiro nome de Tesalia foi Pyrrha, Amonia ou Eolis. Os dous primeiros son mitolóxicos e o último é debido ao seu poboamento polos eolios pelásxicos que foron expulsados polos tesalios, supostamente emigrantes do Epiro (segundo Herodoto e Estrabón). Os beocios, xurdiron supostamente dos eolios pelásgicos expulsados de Tesalia 60 anos antes da guerra de Troia. Os tesalios estableceron numerosos principados. A mitoloxía atribúe o seu nome a Tesalo, fillo de Heracles. A lingua tesalia foi de orixe eólica, ben por asimilación, ou ben porque eran eólicos tamén en orixe.

Os tesalios propiamente eran a clase alta propietaria das terras; os descendentes dos habitantes orixinais que quedaron foron os periecos; e a clase servente foron os penestas (similares aos hilotas) que foron descendentes dos primitivos habitantes reducidos á condición de escravos polos conquistadores tesalios.

Outros pobos foron os perrebos, que eran os habitantes do distrito montañoso entre o Olimpo e o Peneo; os magnetos eran os habitantes da costa; os aqueos vivían no distrito de Phthiotis ao sur da chaira do norte; os dólopes ocupaban as montañas do Pindo; e os malianos que vivían entre o Pindo e as Termópilas.

Tesalia foi na mitoloxía a sede de Helén o fundador da raza dos helenos.

A Tesalia foi dividida antigamente en catro tetrarquías: Tesalia, Pelasgia, Histiaotis e Fthiotis, división supostamente introducida pola mítica familia dos Aleuadas (fundada por Aleuas). Cada distrito tiña un xefe maxistrado (chamado Tagos) que só tiña funcións en tempo de guerra e que non sempre era obedecido polas diferentes cidades de Tesalia. O Tagos de Feres, Xasón, fillo de Licofrón, intentou exercer un poder unificado e reuniu un poderoso exército de 6.000 cabaleiros e 10.000 infantes (hoplitas), pero Tesalia nunca se unificou, e as cidades, incluídas as pequenas, se autogobernaban.

Algunhas cidades foron postas baixo dependencia doutra polo menos temporalmente, e as máis importantes foron Larisa, Farsalia e Feres.

Os tesalios quixeron dominar a Focea e a Lócrida. Os focidios construíron unha muralla nas Termópilas, que xa estaba fóra de servizo na época da invasión de Xerxes II. Os tesalios opuxéronse, en xeral, aos persas aínda que a familia dos Aleuadas foi partidaria do rei persa, pero parece que entón se achaban no exilio. As cidades tesalias aliáronse co resto de gregos e pediron protexer o paso de Tempe, onde se enviou un corpo de dous mil soldados, pero ao darse conta de que alí había outro paso os gregos retiráronse ás Termópilas onde o paso era único, e así as cidades tesalias abandonaron a alianza grega e sometéronse a Xerxes, e os Aleuadas volveron e recuperaron a súa influencia. Logo de eliminar a resistencia de Leónidas I nas Termópilas, os tesalios axudaron aos persas contra as cidades da Fócida, as súas inimigas tradicionais, e contribuíron á ocupación do país.

 
Mapa da antiga Tesalia

Tesalia desapareceu practicamente logo da historia, ata o -456, logo da batalla de Enofita que deu a Atenas a hexemonía en Beocia, Lócrida e Fócida. O xeneral Mirónides avanzou cara a Tesalia o -454 en axuda do deposto príncipe de Farsalia, Orestes, que fuxira exiliado a Atenas, e ao que os atenienses (Tucídides) chamaban fillo do rei de Tesalia. Mirónides foi rexeitado pola cabalería tesalia preto de Farsalia e hóubose de retirar.

Os tesalios non tomaron parte na guerra do Peloponeso, pero a maioría da poboación das cidades simpatizaba con Atenas, mentres os gobernos oligárquicos eran favorables a Esparta. Con axuda de Esparta, Brásidas avanzou por Tesalia en -424 en dirección ás posesións atenienses de Macedonia, pero en -423 os tesalios prohibiron o paso aos reforzos espartanos enviados a Brásidas.

Cara ao fin da guerra do Peloponeso as importantes familias dos Aleuadas de Larisa, dos Escópadas de Cranón e dos Creondas de Farsalia, que se repartían o poder en Tesalia, foron excedidas polo incremento de poder de Feres baixo Licofrón que aspirou á hexemonía rexional. Licofrón derrocou ao goberno oligárquico de Feres e proclamouse tirano; despois atacou Larisa e outras cidades que se lle opuñan (-404) e obtivo unha notable vitoria. En -395 Licofrón estaba en plena campaña contra Larisa, gobernada por Medios, probablemente un membro dos Aleuadas. Licofrón obtivo a axuda de Esparta e Medios pediu axuda a Atenas. Medios ocupou Farsalia, que estivera xa ocupada por unha guarnición espartana, e vendeu aos seus habitantes como escravos. En -395 Medios aliouse aos beocios contra Esparta. O espartano Axesilao II marchou cara a Asia o ano seguinte e cando foi chamado polo goberno de Esparta pasou por Tesalia e a cabalería das cidades dominadas por Medios quíxolle valar o paso, pero foi derrotada por Axesilao con hábiles manobras. A derrota de Medios custoulle cara, pois perdeu o soporte das cidades e xa non foi rival para Feres na loita pola hexemonía. Farsalia recuperou a a súa liberdade, foi reconstruída, e converteuse na segunda cidade logo de Feres. O poder supremo en Farsalia foi encargado ao tirano Polidamante, que tiña o apoio de todas as tendencias (e exerceu a satisfacción de todos).

Logo de Licofrón, gobernou a cidade de Feres o tirano Xasón, home de grande enerxía e habilidade, probablemente o seu fillo. Xasón quería estender a súa hexemonía a toda Grecia e ata Persia. Fíxose elixir Tagos de Tesalia (-374) e reuniu un poderoso exército de 6.000 cabaleiros e 10.000 hoplitas; someteu a todas as cidades tesalias á súa autoridade, ata Farsalia que aínda que podía ser conquistada pola forza, Xasón someteuna pola negociación, ofrecendo a Polidamante o segundo lugar na dirección política de Tesalia; Polidamante, logo de tentear a posible axuda de Esparta, que non podía chegar, accedeu, e incluíu Farsalia dentro da hexemonía de Xasón. Iso incrementou as súas forzas en 8.000 cabaleiros e 20.000 infantes. Tamén formou alianzas con Alcetas I do Epiro e con Amintas II de Macedonia. Desde o -371 foi aliado de Tebas que invitou a Xasón a atacar o campo dos lacedemonios, pero o tirano tesalio optou por aconsellar unha tregua que permitiu aos espartanos a retirada.

En -370 Xasón anunciou que iría a Delfos á fronte dun corpo de forzas tesalias, para presidir o festival Pitio, o que causou alarma en Grecia, pero antes de saír foi asasinado por sete mozos durante unha audiencia pública. Os asasinos foron considerados heroes en moitos lugares de Grecia.

Sucederon a Xasón os seus irmáns Polifrón e Polidoro, cos que Tesalia perdeu a súa influencia. Polifrón foi asasinado, pero Polidoro que quedou como único (Tagos) exerceu a súa autoridade con moita enerxía e crueldade. Polidamante de Farsalia foi executado, e outros posibles rivais e xefes (especialmente de Larisa) foron exiliados ou asasinados.

Finalmente Polidoro foi asasinado por Alexandre de Feres, probablemente o seu irmán ou o seu neto. Alexandre foi extremadamente cruel. Os Aleuadas e outras familias nobres foron perseguidos, e o novo rei de Macedonia, Alexandre, sucesor de Amintas, el mesmo ameazado, invadiu Tesalia, derrotou a Alexandre e ocupou Larisa e Cranón, onde estableceu guarnicións.

Pero pouco despois, por necesidades internas hóubose de retirar. Alexandre recuperou o poder, pero algunhas cidades tesalias pediron axuda a Tebas e no -369 o tebano Pelópidas invadiu Tesalia, e ocupou Larisa e outras cidades (co beneplácito de Alexandre de Macedonia), pero ao ano seguinte (-368) Pelópidas foi atacado en Larisa por Alexandre, que pedira axuda a Atenas, ata que se estableceu unha tregua. Pelópidas foi entón a Macedonia (-367) onde o novo rei Alexandre fora asasinado polo seu medio irmán Tolomeo Alorita (Tolomeo de Aloros) e substituído polo seu irmán Pérdicas III baixo rexencia do asasino. Pérdicas e o seu irmán máis novo Filipo foron confiados respectivamente á custodia do ateniense Ifícrates e de Pelópidas. Así este último e o rexente Tolomeo convertéronse en aliados e a influencia de Tebas estendeuse a Tesalia.

En -366 os tebanos obtiveron de Persia o recoñecemento da súa hexemonía en Grecia e o mesmo ano Pelópidas e o seu lugartenente Ismenias foron, con moi poucos soldados, a Tesalia para obrigar a Alexandre de Feres e ás cidades que lle eran fieis a recoñecer esta hexemonía. Alexandre de Feres atacoulles preto de Farsalia e fíxolles prisioneiros sendo levados a Feres. Os tebanos non os puideron rescatar de momento, xa que un exército enviado a Tesalia só se salvou da derrota polo xenio de Epaminondas que a sumiu o mando a petición dos soldados.

Logo diso todas as cidades tesalias sometéronse a Alexandre de Feres e a influencia tebana desapareceu.

Unha segunda expedición dirixida por Epaminondas en -365 conseguiu a vitoria e obtivo a liberdade dos prisioneiros, aínda que non pudor restaurar a hexemonía tebana sobre Tesalia. Pero a opresión de Alexandre foi demasiado grande e algunhas cidades pediron a Tebas que interviñese e en -364 Pelópidas foi enviado de novo ao país cun exército tebano. Pelópidas morreu no primeiro combate. Os tebanos enviaron un exército máis poderoso que derrotou a Alexandre o cal houbo de recoñecer a hexemonía tebana sobre Tesalia, deixando só a Alexandre o dominio de Feres.

Á morte de Epaminondas en Mantinea (-362) a hexemonía de Tebas afundiuse e Alexandre recuperou gran parte do seu antigo poder sobre Tesalia. Foi asasinado en -359 pero a súa muller, Tebe e os seus irmáns, un dos cales, Tisifón, sucedeulle, pero con Tebe exerceu o poder na sombra. Non durou demasiado tempo e sucedeulle o seu irmán Licofrón II. Mentres, os Aleuadas de Larisa formaron alianza con Filipo II de Macedonia, o cal ante a ameaza que para Larisa supuña Licofrón II, invadiu Tesalia o -353. Licofrón pediu axuda ao focidio Onormaco e puido rexeitar ao macedonio, pero ao ano seguinte Filipo volveu e obtivo unha gran vitoria sobre Onormaco e Licofrón II, nunha batalla na que o primeiro morreu. Filipo asediou Feres e Licofrón II rendeuse e permitíuselle retirarse a Fócida cos seus soldados. Filipo estableceu en Feres un goberno popular e deu unha independencia nominal ás cidades tesalias, pero baixo a súa hexemonía; tamén estableceu unha guarnición en Magnesia e no porto de Pagasas. Un intento de revolta o ano -344 en favor da familia dos antigos tiranos de Feres permitiu a Filipo establecer unha guarnición en Feres e a colocar á fronte de cada unha das catro tetrarquías a un membro da familia Aleuada, completamente entregada aos seus intereses. Así Tesalia quedoulle totalmente sometida.

Á morte de Filipo os tesalios deron apoio ao seu fillo Alexandre Magno; á morte deste querían a independencia, pero a vitoria de Antípatro mantívolles baixo dominio macedonio, reino ao que permanecerá unido ata a derrota do rei Filipo V de Macedonia logo da batalla de Cinoscéfalos en -197. Entón o senado romano declarouna territorio libre, pero virtualmente baixo soberanía romana. O goberno das cidades quedou en mans das familias máis poderosas que formaron un tipo de senado que se reunía en Larisa.

Cando Macedonia converteuse en provincia romana, Tesalia foi incorporada, e Augusto uniuna á provincia de Acaia, e non se constituíu en provincia separada ata o reino de Alexandre Severo 300, coa súa capital en Larisa; o goberno provincial foi encomendado a un procurador. Permaneceu como provincia separada na división provincial de Constantino o Grande, pero baixo un praeses.

Foi parte do Imperio bizantino e sufriu numerosas invasións. En 977 foi ocupada polos búlgaros que permaneceron alí ata o 1014. En 1204 foi asignada a Bonifacio de Montferrato e en 1225 pasou a Teodoro III de Epiro déspota de Epiro. Do 1271 ao 1318 foi un Despotado independente que se estendía a Acarnania e Etolia, gobernado por Xoán III Anxo Comneno. En 1309 establecéronse alí os almogávares, que en 1310 logo de levantar o asedio de Tesalónica, retiráronse como mercenarios a soldo do sebastocrátor Xoán II, e apoderáronse do país organizados nunha democracia. De alí saíron cara ao ducado de Atenas chamados polo duque Gualter I. En 1318, coa extinción da dinastía dos Anxo, os almogávares ocuparon Siderocastron e o sur de Tesalia (1319) e constituíron o ducado de Neopatria.

Rexións e tribos de Tesalia

editar
  • Histiaotis habitada polos histiaotes, ao norte ata o río Peneo. Neste distrito vivían tamén os perrebos, unha tribo de guerreiros de suposto orixe dórico, na zona das montañas, que foi un dos estados de lle anfictionía; o seu territorio chamábase frecuentemente Perrabia, pero nunca foi un distrito organizado; inicialmente ocupaban todo o distrito, pero foron acurrunchados nas montañas polos conquistadores tesalios. Unha tribo de nome atici é mencionada por Homero, e Estrabón sitúaa na parte tesalia das montañas do Pindo, nas fontes do Peneo; son descritos como bárbaros que vivían do roubo.
  • Pelasgiotis habitada polos pelasxiotas ou pelasxios, ao sur do Peneo, con capital en Larisa.
  • Tesaliotis (ou Tesalia propia), chaira central, habitada polos tesalios vindos do Epiro.
  • Ftiotis, habitada polos aqueos ftiotas, membro da liga anfictiónica. Estrabón sitúa o distrito ao sur de Tesalia, desde o golfo Maliaco ás montañas do Pindo con Farsalia ao norte.
  • Magnesia, habitada polos magnetos, entre as montañas Ousa e Pelión ao oeste, e o mar e a boca do Peneo ao norte ata o golf de Pagasas ao sur. Membros da liga anmfictiónica. Supostos fundadores de Magnesia do Sípilo e Magnesia do Meandro en Asia.
  • Dolopia, habitada polos dólopes, ao suroeste de Tesalia. Foron membros da Liga anfictiónica, e dependeron de Ftiotis, pero cun xefe autónomo. Foron de facto macedonios e etolios.
  • Oitaia ou Otea, habitada polos oteos ou oitaios, distrito montañés no val alto do Esperqueo e ao leste de Dolopia. Foron un grupo de tribos bárbaras dedicadas ao roubo, a principal das cales foron os anianos (Homero e Herodoto menciónanos como enianos). Membros da Llga anfictiónica.
  • Malis, habitada polos malians, no val baixo do Esperqueo.

Cidades de Tesalia

editar

Distrito de Histiaotis

editar
  • Oxynea.
  • Pialia.
  • Aginion.
  • Melibea.
  • Faloria.
  • Ericinios.
  • Pelinneos.
  • Tricca.
  • Ocalia.
  • Silana.
  • Gomfi.
  • Feca ou Fecados.
  • Itome.
  • Limnes.
  • Facios.
  • Faestos.
  • Farcadon.
  • Milas.
  • Maloa.
  • Ciretia.
  • Erition.
  • Oloosson.
  • Azoros.
  • Dolique.
  • Pythium.
  • Elone ou Leimone.
  • Eudieru.
  • Lapathos.
  • Gonnos ou Gonni.
  • Carax.
  • Condylon.
  • Falanna.
  • Orte.
  • Atrax.

Distrito de Pelasgiotis

editar
  • Elatea.
  • Mopsion.
  • Metrópolis.
  • Gyrton ou Gyrtona.
  • Argura.
  • Larisa.
  • Sicurion.
  • Cranón.
  • Amiros.
  • Armenion.
  • Feres.
  • Cinoscéfalos.
  • Escotusa.
  • Palaefaros.

Distrito de Tesaliotis

editar
  • Peiresies.
  • Fíos.
  • Metrópolis.
  • Cierion.
  • Euhidrion.
  • Farsalia.
  • Tetidion.

Distrito de Ftiótide

editar

Distrito de Magnesia

editar
  • Cercinion.
  • Boebe.
  • Glafira.
  • Aesonis.
  • Pagasas.
  • Iolco.
  • Demetrias.
  • Nelia.
  • Afeta.
  • Homole ou Homolion.
  • Eurimena.
  • Melibea.
  • Taaumacia.
  • Castanea.
  • Rizos.
  • Magnesia.
  • Olizon.
  • Mila.
  • Espaletra.
  • Coraca.
  • Metone.

Distrito de Dolopia

editar
  • Ctimene.

Distrito de Oitaia ou Otea

editar
  • Hipata.
  • Esperquia.
  • Macra Come.
  • Sostenis.
  • Homila ou Homilia.
  • Cipera (Kupmira).
  • Falactia.

Distrito de Malis

editar