Ducado de Atenas

O Ducado de Atenas foi un estado instituído en 1205 nas rexións gregas da Ática, Beocia, Lócrida e Megárida, tras a conquista do Imperio bizantino polos francos durante a Cuarta Cruzada.

Δουκάτον Αθηνών (en grego)
(Dukáton Athēnṓn)

Ducado de Atenas
Estado vasalo*
1205–1458

Escudo

O Señorío de Atenas (verde claro) e os outros estados
latinos e gregos do sur de Grecia ao redor de 1214
Capital Atenas
Tebas
Lingua fancés (1204-1318)
catalán (1318-1388)
grego medieval
Relixión Igrexa católica (oficial) e Igrexa ortodoxa grega
Goberno Ducado feudal
Período histórico Idade Media
 • Establecido 1205
 • Cuarta Cruzada 1204-1318
Dominio francés
 • Dominio aragonés 1318-1388
 • Dominio dos Acciaiuoli 1388-1444
 • Vasalo do Despotado de Morea 1444-1458
 • Conquista polo Imperio otomán 1458
* Estado vasalo do Reino de Tesalónica, o Principado de Acaia, o Reino de Sicilia, a Coroa de Aragón, a República de Venecia e o Despotado de Morea.

O título de duque de Atenas corresponde na actualidade ao rei de España,[1] polo que hoxe en día recae na figura de Filipe VI de España.

Institución do DucadoEditar

 
Mapa dos Balcáns e Asia Menor despois da 4ª Cruzada, c. 1204. En morado pálido, enriba de Morea, o Ducado de Atenas.
 
En verde, o Ducado de Atenas.

Tras o declive da época da Antigüidade clásica, e xa na Idade Media, a cidade de Atenas sufriu un grave proceso de deterioración, agravado a partir do século XI pola súa posición xeográfica que a afastaba da influencia latina, pero non terminaba de ser un territorio de interese para o Imperio bizantino. Esta situación provocou vagas de saqueos, os máis graves deles a mediados do século XII polos normandos.

Nesta situación, Bonifacio I de Montferrato, duque de Montferrato ocupou a cidade sen grandes esforzos en 1204,[2] e cedeuna en 1205, xunto a Tebas, a Otón de la Roche, señor de Ray, un cabaleiro da baixa nobreza borgoñoa procedente do Franco Condado e que asistira á Cuarta Cruzada.

Otón foi denominado Gran Señor de Atenas e Tebas, polo que para algúns historiadores esta é a constitución do Ducado, xa que foi coñecido como tal desde esa data, mentres que para outros o feudo constituíuse formalmente en 1260, cando o seu fillo e sucesor Guido I obtivo o título de duque do rei Luís IX de Francia, polo que o Ducado foi recoñecido oficialmente.[3] [4]

Atenas foi orixinalmente un Estado vasalo do Reino de Tesalónica pero, tras a captura deste polo bizantino Teodoro Comneno Ducas, déspota de Epiro, o Ducado pasou a ser vasalo do Principado de Acaia ou de Morea.[5]

Baixo o goberno da familia De la Roche a cidade e o Ducado gozaron dunha gran prosperidade, sendo a cidade renovada e converténdose nun centro cortesán de primeira orde, na que a Acrópole servía de Palacio ducal.

O estado construído ao redor de Atenas converteuse no máis poderoso e pacífico dos estados latinos creados en Grecia, as súas institucións calcáronse das francesas.

Dominio aragonésEditar

O ducado foi gobernado pola familia De la Roche desde 1205 até 1308. Á morte de Guy II en 1308 o parlamento ateniense elixiu ao conde de Brienne Gualterio V de Brienne como sucesor, xa que este era fillo de Isabel de La Roche, herdeira de Tebas. A súa esposa, aínda que de forma moi breve, tamén gobernou sobre a cidade de Atenas.

En 1310 o duque Gaulterio V, titular do Ducado, recorreu ás tropas almogávares da Gran Compañía Catalá para facer fronte ao rei de Tesalia, ao que venceron. Cómpre salientar que os almogávares se instalaran en Tesalia como República militar independente entre 1309 e 1310. Ao non pagaren s atenienses aos almogávares as cantidades estipuladas, estes subleváronse e venceron a De Breinnne na batalla do río Cefiso o 13 de marzo de 1311, tras a que expulsaron aos francos e tomaron o control do Ducado, proclamando novo señor de Atenas e Tebas ao rei Federico II de Sicilia, ao que serviran anteriormente.

O Ducado quedou así ligado aos reis de Sicilia, que adoitaban deixar o goberno en mans dos seus fillos menores ou dun vigairo xeneral (rexente). Os almogávares substituíron o francés polo catalán como lingua oficial, e as leis francesas e as derivadas das bizantinas do Principado de Acaia polas catalás e aragonesas. Os herdeiros de Gualterio continuaron reclamando o Ducado, pero tan só foron recoñecidos en Argos e Nauplia.[6]

Entre 1318 e 1319 os almogávares conquistaron Siderocastron e o sur de Tesalia e crearon o Ducado de Neopatria unido ao de Atenas.

Parte de Tesalia foi tomada en 1337 polos serbios de Stefan Uroš IV Dušan Nemanjić.

En 1379, a Compañía navarra, ao servizo do emperador latino Xaime de Baux, conquistou Tebas e parte de Neopatria, mentres que os aragoneses mantiñan a parte restante da Ática e Neopatria.

Tras a morte de Federico III de Sicilia o Simple en 1377, o Ducado pasou a María de Sicilia e, posteriormente, a Leonor de Sicilia, esposa de Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso, ao que os habitantes e nobres da cidade recoñeceron como soberano en 1379, ano no que os aragoneses do Ducado pediron que este se incorporara de forma perpetua á Coroa de Aragón.[7]

Dominio florentino e venecianoEditar

Rainiero ou Nerio Acciajuoli, que intentaba a conquista do Ducado desde 1385, tomou a cidade e Atenas en 1388, e o Ducado de Neopatria en 1390. A partir deste momento o Ducado pertenceu á familia florentina dos Acciajuoli até a conquista otomá, cun breve paréntese entre 1395 e 1402, no que a República de Venecia controlou o Ducado. Durante este período instaláronse na cidade numerosos mercadores florentinos. A partir de 1415 pasou a ser tributario do Imperio otomán.[Cómpre referencia]

Conquista otomáEditar

 
O sultán Mehmed II.

En 1444 Atenas pasou a ser tributaria de Constantino XI Paleólogo, déspota de Morea e herdeiro do trono bizantino. En 1456, tras a toma de Constantinopla polos otománs, Franco ou Francisco, último duque cristián de Atenas rendeu a Acrópole aos turcos, liderados por Omar, fillo de Turakhán. En 1458 a cidade foi visitada polo sultán Mehmed II quen, ante a beleza dos edificios de Atenas e dos molles do Pireo exclamou: «O Islam ten pendente unha débeda co fillo de Turakhán».[Cómpre referencia]

Tras a conquista otomá os postos da administración de xustiza e da recadación de impostos recaeron sobre funcionarios locais aínda que tiveron que soportar a nova carga do tributo de nenos.[Cómpre referencia]

Brevemente os venecianos estableceron un control sobre a cidade en 1687 que apenas durou uns meses, regresando de novo a mans turcas; asediárona de novo entre 1687 e 1688, asedio durante o cal os turcos usaron o Partenón como polvoreira, a consecuencia do cal foi gravemente danado.[Cómpre referencia]

Duques de AtenasEditar

Familia De la RocheEditar

 
Armas da Casa De la Roche.

Familia de BrienneEditar

 
Armas da Casa de Brienne.

O parlamento de Atenas elixiu ao conde de Brienne para suceder a Guy, pero este foi deposto polos aragoneses. Os herdeiros de Brienne continuaron a reclamar o ducado, pero só foron recoñecidos en Argos e Nauplia.

Dominio aragonésEditar

Dominio italiano (florentino e veneciano)Editar

 
Armas dos Acciaiuoli.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar