Abrir o menú principal

Bonifacio de Montferrato (en italiano: Bonifacio I del Monferrato, en grego: Βονιφάτιος ο Μομφερατικός, Vonifátios Momferratikós), nado en 1150 e finado o 4 de setembro de 1207, foi marqués de Montferrato desde 1191 até a súa morte en 1207[1]. Era o terceiro fillo de Guillerme V de Montferrato e Xudit de Babenberg, nado despois do regreso do seu pai da Segunda Cruzada[2]. Os seus irmáns maiores foron Guillerme de Montferrato, conde de Xaffa e Ascalón e Conrado de Xerusalén, ao que sucedeu como Bonifacio I en 1191.[3][4][5]

Bonifacio de Montferrato
Boniface-of-Montferrat.jpg
Nacemento1150 e c. 1150
 Piemonte
Falecemento4 de setembro de 1207
 Komotini
CausaMorto en combate
OcupaciónMarqués
PaiGuilherme V de Monferrato
NaiJudith of Babenberg
CónxuxeElena di Bosco, Jeanne of Antioch e Margarida da Hungria
FillosGuilherme VI de Monferrato, Demetrio de Montferrato e Agnes de Monferrato
IrmánsAzalaïs of Montferrat, Conrado de Monferrato, Rainério de Monferrato, Guilherme de Montferrat, conde de Jaffa e Ascalon e Beatrice del Monferrato
editar datos en Wikidata ]

Entre 1191 e 1193 combateu no bando dos emperadores Federico I Barbarroxa e Henrique VI de Alemaña contra a liga Lombarda e en 1194 contra Sicilia[6]. En 1201 foi elixido en Soissons xefe da Cuarta Cruzada, que terminou coa captura e o saqueo de Constantinopla en 1204[7].

Despois da conquista, Bonifacio aproveitou a fama da súa familia na rexión para conseguir ser proposto como emperador do novo Imperio Latino, pero perdeu a elección ante Balduíno de Flandres, que se convertería no primeiro emperador latino[8][9]. Fundou o Reino de Tesalónica[10] e enfrontouse a continuas ameazas do Imperio búlgaro no norte, contra as que se aliou co emperador Henrique I de Constantinopla[11]. Morreu durante un enfrontamento cos búlgaros o 4 de setembro de 1207[1].

Índice

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Bonifacio aparece descrito na súa mocidade, a finais da década de 1170, na famosa Carta Épica, «Valen marques, senher de Monferrat», polo seu bo amigo na corte, o trobador Raimbaut de Vaqueiras[12]. Esta carta inclúe o rescate da herdeira Xacobina de Ventimiglia de mans do seu tío o conde Otón, que tiña a intención de apoderarse da súa herdade e a enviara a Sardeña[13]. Tras rescatala, arranxou un matrimonio para ela[13]. Despois, cando Alberto Malaspina (esposo dunha das súas irmás) secuestrou a Saldina de Mar, filla dunha prominente familia xenovesa, Conrado rescatouna e devolveulla ao seu amante, Ponset d'Aguilar[14][15]. Como o resto da familia fixera antes que el, apoiou ao seu primo Federico I Barbarroxa nas súas guerras contra as cidades independentes da liga Lombarda[16].

O seu irmán maior, Guillerme, falecera en 1177, pouco despois de casar coa princesa Sibilla, herdeira do reino de Xerusalén[3]. En 1179, o emperador bizantino Manuel I Comneno ofreceu á súa filla María en matrimonio a un dos fillos de Guillerme V de Montferrato, pero tanto Conrado como Bonifacio estaban casados e Federico era bispo, polo que a princesa casou co irmán menor, Rainiero, que sería asasinado tres anos despois durante a usurpación de Andrónico I Comneno[17][17][18].

En 1183, o seu sobriño, Balduíno V, foi coroado como rei de Xerusalén[19]. Guillerme V marchou alí para axudar ao seu neto, deixando Montferrato a cargo dos seus fillos[20]. Con todo, en 1187 Conrado seguiu os pasos do seu pai, xa que lle ofreceron casar con Teodora, a filla do emperador Isaac II Anxo, para renovar a alianza da familia con Bizancio.[21]. Nese momento Bonifacio estaba casado por segunda vez, mentres que Conrado enviuvara recentemente[19][22]

En 1189, Bonifacio dirixiu o consello de rexencia de Tomé I, fillo do seu primo Humberto III de Savoia, ata que o mozo foi maior de idade dous anos máis tarde[23]. En 1191, despois de que o emperador Henrique VI lle concedese o condado de Incisa, estalou unha guerra de quince anos contra as cidades veciñas de Asti e Alessandria[24]. Bonifacio creou a liga de Cremona, mentres que as dúas cidades crearon a liga de Milán[25]. Bonifacio derrotounas en Montiglio en xuño dese ano, pero a guerra non marchaba ben para os intereses da súa familia[26]. En Quarto, el e Vaqueiras salvaron ao seu cuñado Alberto Malaspina cando o derrubaron do cabalo[27]. A primeira fase da guerra acabou cunha tregua en abril de 1193[27]. Nese momento, xa era o marqués titular de Montferrato, despois de que morresen o seu pai e o seu irmán Conrado[5].

Marqués de MontferratoEditar

 
Localización do Marquesado de Montferrato.

En xuño de 1194, foi elixido como un dos líderes da expedición de Henrique VI contra Nápoles[6]. En Mesina, no medio da loita entre as frotas de Xénova e de Pisa, Vaqueiras protexeu ao seu señor co seu propio escudo, o que lle serviu para que o nomease cabaleiro ese ano, tras a vitoria na campaña coa coroación de Henrique en Palermo[27]. En outubro de 1197, finalizou a tregua con Asti. Bonifacio asinou unha alianza con Acqui Terme en xuño de 1198[28]. Houbo numerosas escaramuzas, incluíndo as tomas de Ricaldone e Cassine, pero en 1199 estaba claro que perderan a guerra e comezou a negociar a paz[28] .

A pesar das guerras, durante as décadas de 1180 e 1190, presidiu unha das cortes máis prestixiosas de cultura cabaleiresca e cancións de trobadores[13]. No século XII, a lingua piemontesa (que na actualidade presenta moitas influencias francesas e italianas) era practicamente indistinguíbel da lingua occitana falada no Sur de Francia e Cataluña[13]. Ademais de Vaqueiras, visitaron a corte famosos trobadores como Peire Vidal, Gaucelm Faidit e Arnaut de Mareuil[29]. O seu padroado foi moi celebrado; mesmo Gaucelm chamáballe Mon Thesaur («O meu Tesouro»)[30]. Curiosamente, nalgunhas ocasións Vaqueiras referíase a Bonifacio como N'Engles («Señor inglés»), pero nunca se puido explicar o significado desta broma[31]. A súa irmá Azalaïs, marquesa de Saluzzo, tamén era moi afeccionada á cultura trobadoresca e foi mencionada amplamente por Vidal[32].

Participación na Cuarta CruzadaEditar

 
Bonifacio é elixido líder da Cuarta Cruzada en Soissons, 1201: óleo pintado por Henri Decaisne cara a 1740, Salles des Croisades, Palacio de Versalles.

Cando o caudillo orixinal da Cuarta Cruzada, o conde Teobaldo III de Champaña, morreu en 1201, Bonifacio foi elixido como novo líder[33]. Como soldado reputado, tratábase dunha oportunidade única para recuperar a honra da súa familia[33], que era moi coñecida en Oriente; o seu sobriño Balduíno e o seu irmán Conrado foran reis de Xerusalén e a súa sobriña María era a herdeira do reino[4][19][34].

O seu primo Filipe de Suabia estaba casado con Irene Anxelina, filla do desposuído emperador bizantino Isaac II Anxo e sobriña da segunda esposa de Conrado, Teodora35. Durante o inverno de 1201 pasou o Nadal con Filipe en Hagenau, onde se atoparon con Aleixo, fillo de Isaac II, que escapara da custodia do seu tío Aleixo III Anxo[35]. Os tres discutiron a posibilidade de organizar un exército cruzado para restituílo no trono[36]. Bonifacio e Aleixo viaxaron de forma separada a Roma Roma para pedir ao papa Inocencio III a súa bendición para a empresa[37]. Con todo, o papa advertiu especialmente a Bonifacio da posibilidade de atacar a ningún cristián, incluíndo aos bizantinos[37].

O exército cruzado estaba en débeda con Venecia, que ía pór a súa frota á súa disposición para transportalo ao leste[38]. O dux veneciano ordenou atacar as cidades rebeldes de Trieste, Moglia e Zara e someteunas antes de partir cara ao Cairo[38]. O dux, Enrico Dandolo, era o novo xefe da Cruzada, e Bonifacio pasou a ser unha mera figura visíbel.

Aleixo prometeu riquezas e títulos aos cruzados e ao seu principal financiador, o dux veneciano, se conseguía ser restituído no trono[39]. O papa entrou en cólera ao que soubo dos ataques dun exército cruzado contra cidades cristiás[39]. Dandolo aplacou a ira do papa facendo prometer a Aleixo que faría que a Igrexa ortodoxa aceptase o poder de Roma[39]. Feito isto, a frota puido partir cara a Constantinopla en 1203[40].

A cidade caeu en mans dos cruzados o 17 de xullo de 1203 e o emperador Aleixo III fuxiu[40]. O antigo emperador Isaac II foi restaurado con Aleixo IV e coroado como coemperador o 1 de agosto de 1203[40]. Incapaz de cumprir os pagos prometidos aos cruzados, xa que Aleixo III saqueara as arcas do Estado, Aleixo anunciou novos impostos e confiscou grandes cantidades do tesouro eclesiástico, que foi fundido[41]. Unha rebelión antilatina estalou en Constantinopla e a multitude elixiu a Nicolao Kanabos como emperador. No entanto, este negouse a aceptar a honra e foi Aleixo Murzuflo, cando invadiu o palacio, o que foi investido emperador[42], quen posteriormente encarceraría e esganaría a Aleixo IV[43]. Os cruzados apoderáronse de Constantinopla o 13 de abril de 1204, masacrando a gran parte da poboación[44]. Durante os combates e o saqueo, Bonifacio ocupou o Palacio de Bucoleón, onde salvou as vidas das emperatrices viúvas Margarida (María) e Inés (Ana), que era irmá do rei de Francia.

O historiador bizantino Nicetas Choniates, que foi testemuña da caída de Constantinopla, escribiu a Bonifacio de Montferrato:

«Vós, que vos dicides máis piadosos, máis xustos, máis obedientes de Xesús que nós, os gregos; vós, que tomastes a súa Cruz sobre os vosos ombreiros, que prometestes polo seu Nome e pola palabra de Deus atravesar os países cristiáns sen derramar sangue; vós que fixestes votos de non bañar as vosas espadas máis que en sangue sarracena, que xurastes conquistar Xerusalén e respectar ás mulleres na vosa condición de soldados ao servizo de Deus, non sodes máis que uns vaidosos!». «Pois mentres aspirades ao Santo Sepulcro, descargades o voso furor contra cristiáns; mentres levades a Cruz, arroxádela ao lodo por un puñado de ouro ou prata. Atesourades perlas pero pisades a perla máis prezada: Xesucristo!». «Os musulmáns trataron con máis moderación e humanidade á Xerusalén conquistada; non violaron mulleres, non cubriron de cadáveres a tumba de Cristo. Por unhas poucas moedas deixaron a cada un rescatar a súa cabeza, as súas propiedades, a súa liberdade; non descargaron o seu furor sobre as espadas, os incendios, os saqueos e a fame, como vós, que vos chamades cristiáns».[45]
Nicetas Choniates

Rei de TesalónicaEditar

Tras a exitosa conquista de Constantinopla, os «latinos» debían erixir un novo Estado baseado nas estruturas feudais das súas patrias na Europa occidental. Para iso decidiron elixir un emperador de entre as súas filas, que estaría á fronte do novo «Imperio Latino de Constantinopla». Como xefe da cruzada, Bonifacio presentouse inmediatamente á elección[8]. Pero foi superado polo dogo de Venecia Enrico Dandolo, que asegurou o nomeamento de Balduíno IX conde de Flandres[9]. Nas eleccións especialmente, a voz dos venecianos foi o factor decisivo que decidiu establecer a Balduíno como emperador, xa que Bonifacio tiña moi boas relacións en Bizancio e por tanto podería actuar independentemente aos intereses da «Serenissima». Ademais casou, pouco despois da conquista, coa emperatriz viúva Margarida (María), fortalecendo así a súa posición fronte aos gregos e tamén co seu sogro, o rei Bela III de Hungría, gañando así un potencial aliado. Nas eleccións só os dous lombardos do comité de doce membros votaron en favor de Bonifacio.

O emperador Balduíno I tratou de evitar unha inminente división dos latinos ofrecendo a Bonifacio en feudo a maior parte da Asia Menor occidental e Grecia, ambas aínda por conquistar, o que o converteu no vasalo máis rico do Imperio. Con todo, Bonifacio rexeitou a oferta, reclamando en cambio a proclamación de rei de Tesalónica, tamén como vasalo do Imperio[46]. Sentíase lexitimado para dar este paso, xa que o seu irmán menor Rainiero recibira do emperador Manuel I Comneno o «Reino de Tesalónica»[47]. O máis probábel, con todo, é que o seu irmán recibise do emperador só unha pronoia[46].

No outono de 1204 Tesalónica foi conquistada polo emperador Balduíno, mentres que Bonifacio se apoderaba de Demotika e logo puxo cerco a Adrianópole[48]. Por orde do emperador tivo que romper o cerco, o que levou a unha temporal ruptura entre os dous, que se deu por terminada despois da transferencia de Tesalónica a Bonifacio polo emperador[46]. Mesmo chegou a un acordo cos venecianos baixo Enrico Dandolo ao vender o seu interese en Creta, que recibira de Aleixo IV[10].

Posteriormente uníronse a Bonifacio algúns seguidores como Odón de la Roche, Guillerme de Champlitte, Jacques d'Avesnes, Oberto II de Biandrate, Guido Pallavicini, Berthold II von Katzenelnbogen e Godofredo de Villehardouin (o sobriño do historiador Godofredo de Villehardouin) cara a Grecia, onde os gregos de León Sgouros mantiñan resistencia[49]. Mentres Jacques d'Avesnes estaba a atacar Corinto, Bonifacio cercou a fortaleza de Nauplia[50].

Durante este tempo fundou os señoríos de Tebas-Atenas e Negroponte, o principado de Acaia e o marquesado de Bodonitsa como feudos do seu reino. Paralelamente a estes acontecementos, os búlgaros do tsar Kaloyan estaban en Tracia facendo fronte á ofensiva latina e conquistando varias cidades, entre elas Adrianópole. Nun intento por reconquistar a cidade, o emperador Balduíno foi derrotado na desastrosa batalla de Adrianópole o 14 de abril de 1205 e caeu prisioneiro dos búlgaros.

Durante estes acontecementos o irmán do emperador, Henrique, continuou a loita contra os búlgaros e levouna até os territorios de Bonifacio en Tesalónica. Bonifacio construíu novamente o castelo de Serres despois que fose destruído en setembro de 1205 polos búlgaros. Posteriormente tivo a rexión de Filipos baixo o seu control. O rexente Henrique foi coroado en agosto de 1206 como o novo emperador cando se soubo da morte de Balduíno. Bonifacio fortaleceu a súa relación co novo emperador na primavera de 1207 mediante o matrimonio da súa filla Inés[11]. No outono dese ano reuniuse co emperador en Cipsela de Adrianópole e fixo homenaxe ao seu señor feudal[11].

MorteEditar

No camiño de regreso por Mosinópole, Bonifacio saqueou o mosteiro de Kardzhali e despois caeu nunha emboscada tendida polos búlgaros.[51] Logo de ser ferido por unha frecha no brazo durante a batalla, os búlgaros fixérono prisioneiro, decapitárono e enviaron a cabeza como trofeo ao tsar búlgaro Kaloyan.[51] A morte de Bonifacio de Montferrato foi considerada polo seu amigo Godofredo de Villehardouin como unha das máis graves perdas que os latinos tiveron que sufrir no oriente grego.[51]

O seu leal amigo Raimbaut de Vaqueiras, que o acompañou á aventura oriental, probabelmente morreu con el, xa que é significativo que non compuxese ningún «pranto» pola súa morte.[52] O trobador Elías Cairel fai duelo polo marqués no seu sirventés «Pois chai la fuoilla del garric». O Reino de Tesalónica pasou á súa esposa Margarida e ao seu fillo Demetrio.[53] O dominio latino sobre Tesalónica durou pouco, xa que foi conquistado en 1224 polo déspota de Epiro, Teodoro Comneno Ducas.

Matrimonios e descendenciaEditar

Bonifacio casou por primeira vez en 1170 con Helena de Bosco. Tiveron tres fillos:

En 1197 vólvese a casar, esta vez cunha das fillas do conde Humberto III de Savoia, Leonor de Savoia (1167-1204).

En 1204, en Constantinopla, casou con Margarida, filla do rei Bela III de Hungría. Margarida era viúva do emperador Isaac II Anxo. Tiveron un fillo:

DevanceirosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Housley, 2007, p. 72
  2. Albertus de Bezanis e Holder-Egger, 1908, pp. 41–42
  3. 3,0 3,1 Runciman, 1978, p. 411
  4. 4,0 4,1 Runciman, 1978, pp. 4–5
  5. 5,0 5,1 Albertus de Bezanis, 1908, pp. 41–42
  6. 6,0 6,1 Sturdza, 1999, p. 537
  7. Queller e Madden, 1999, p. 24
  8. 8,0 8,1 Queller e Madden, 1999, p. 200
  9. 9,0 9,1 Queller e Madden, 1999, p. 202
  10. 10,0 10,1 Willetts, 1977, p. 214
  11. 11,0 11,1 11,2 Geoffrey de Villehardouin, 2010, p. 1591
  12. Akehurst e Davis, 1995, pp. 296–297
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Akehurst e Davis, 1995, p. 296
  14. Martín de Riquer, 1992, p. 853
  15. Scaglione, 1991, p. 176
  16. Kampers, Franz. "Frederick I (Barbarossa)". The Catholic Encyclopedia. Vol. 6. New York: Robert Appleton Company, 1909. 21 May 2009.
  17. 17,0 17,1 Guillerme de Tiro, Historia Transmarina 22.4.
  18. Sicardo de Cremona, Chronicle, 1903 edition p. 172.
  19. 19,0 19,1 19,2 Runciman, 1978, pp. 434–436
  20. Runciman, 1978, p. 444
  21. Runciman 1978, pp. 444–44.
  22. Runciman 1978, pp. 444–445.
  23. Carutti, 1888, p. 204
  24. Busk, 2005, p. 163
  25. Busk, 2005, pp. 163–164
  26. (Raimbaut (de Vaqueiras) e Linskill, 1964, p. 324)
  27. 27,0 27,1 27,2 Martín de Riquer, 1992, pp. 850–851
  28. 28,0 28,1 Martín de Riquer, 1992, pp. 851–852
  29. Akehurst e Davis, 1995, p. 297
  30. Kay, 1990, p. 160
  31. Kay, 1990, p. 150
  32. Peire Vidal, Estat ai gran sazo
  33. 33,0 33,1 Runciman, 1953, p. 111
  34. Runiman, 1978, p. 133
  35. Runciman 1978, p. 112.
  36. Sturdza, 1999, p. 476
  37. 37,0 37,1 Phillips, 2004, p. 113
  38. 38,0 38,1 Sturdza, 1999, p. 147
  39. 39,0 39,1 39,2 Sturdza, 1999, p. 477
  40. 40,0 40,1 40,2 Runciman, 1978, pp. 117–118
  41. Runciman, 1978, p. 119
  42. Gardner, 1912, p. 47
  43. Runciman, 1978, pp. 120–121
  44. Gardner, 1978, p. 122
  45. Setton, Wolff e Hazard, 2006, p. 185
  46. 46,0 46,1 46,2 Geoffrey de Villehardouin , 2010, pp. 60–61
  47. Geoffrey de Villehardouin , 2010, pp. 56–57
  48. Geoffrey de Villehardouin , 2010, pp. 57–58
  49. Fine, 1994, p. 64
  50. Geoffrey de Villehardouin , 2010, p. 67
  51. 51,0 51,1 51,2 Housley 2007, p. 72.
  52. Akehurst & Davis 1995, p. 296.
  53. Fine 1994, pp. 88–89.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Akehurst, F. R. P.; Davis, Judith M. (1995). A handbook of the Troubadours (en inglés). University of California Press. ISBN 0520079760. 
  • Albertus de Bezanis; Holder-Egger, Oswaldus (1908). Alberti de Bezanis abbatis S. Laurentii cremonensis Cronica pontificum et imperatorum (en latín). impensis bibliopolii Hahniani. 
  • Brand, Charles M. (1968). Byzantium Confronts the West (en inglés). ISBN 0-7512-0053-0. 
  • Busk, M. (2005). Mediaeval Popes, Emperors, Kings and Crusaders Or Germany, Italy and Palestine Part Three (en inglés). Kessinger Publishing. ISBN 141797088X. 
  • Carutti, D. (1888). Il conte Umberto I e il re Ardoino (en italiano). 
  • Cognasso, Francesco (1968). Il Piemonte nell’Età Sveva (en italiano). Turin. 
  • Fine, John Van Antwerp (1994). The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest (en inglés). University of Michigan Press. ISBN 978-0472082605. 
  • France, John (2005). The Crusades and the Expansion of Catholic Christendom, 1000-1714 (en inglés). Nueva York: Routledge. ISBN 0415371287. 
  • Gardner, A. (1912). The Lascarids of Nicaea, the story of an Empire in exile (en inglés). 
  • Geoffrey de Villehardouin (1963). "The Conquest of Constantinople". Chronicles of the Crusades (en inglés). ISBN 0-14-044124-7. 
  • Geoffrey de Villehardouin (2010). Memoirs Or Chronicle of the Fourth Crusade and the Conquest of Constantinople (en inglés). Echo Library. ISBN 1-4068-5473-5. 
  • Goria, Axel (1970). "Bonifacio di Monferrato". Dizionario Biografico degli Italiani, vol. XII (en italiano). Rome. pp. 118–124. [1]
  • Haberstumpf, Walter (1995). Dinastie europee nel Mediterraneo orientale. I Monferrato e i Savoia nei secoli XII–XV (en italiano). Torino. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2005. 
  • Housley, Norman (1991). Knighthoods of Christ: essays on the history of the Crusades and the Knights Templar, presented to Malcolm Barber (en inglés). Ashgate Publishing. ISBN 075465527X. 
  • Linskill, Joseph (1964). The Poems of the Troubadour Raimbaut de Vaqueiras (en inglés). 
  • Kazhdan, Alexander (1991). Oxford Dictionary of Byzantium (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6. 
  • Kay, Sarah (1990). Subjectivity in troubadour poetry (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 0521372380. 
  • Martín de Riquer (1992). Los trovadores: historia literaria y textos, Volumen 2. Editorial Ariel. ISBN 8434483645. 
  • Magoulias, Harry J. (transl.) (1984). O City of Byzantium, Annals of Niketas Choniates (en inglés). ISBN 0-8143-1764-2. 
  • Phillips, Jonathan (2004). The Fourth Crusade and the Sack of Constantinople (en inglés). ISBN 978-0-14-303590-9. 
  • Queller, Donald E.; Madden, Thomas F. (1999). The Fourth Crusade: The Conquest of Constantinople (en inglés). ISBN 0-8122-1713-6. 
  • Runciman, Steven (1953). A History of the Crusades: The Kingdom of Acre and the Later Crusades (Volume 3) (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-34772-3. 
  • Runciman, Steven (1978). A history of the Crusades (en inglés). Penguin Books. 
  • Scaglione, Aldo D. (1991). Knights at court: courtliness, chivalry & courtesy from Ottonian Germany to the Italian Renaissance (en inglés). University of California Press. ISBN 0520072707. 
  • Sethre, Janet (2003). The souls of Venice (en inglés). McFarland. ISBN 0786415738. 
  • Setton, Kenneth M.; Wolff, Robert Lee; Hazard, Harry W. (2006). A History of the Crusades, Volume II: The Later Crusades, 1189-1311 (en inglés). University of Wisconsin Press. ISBN 0299048446. 
  • Sturdza, M. D. (1999). Dictionnaire Historique et Généalogique des Grandes Familles de Grèce, d'Albanie et de Constantinople (en francés) (2 ed.). París. 
  • Usseglio, Leopoldo (1926). I Marchesi di Monferrato in Italia ed in Oriente durante i secoli XII e XIII (en italiano). 
  • Willetts, R. F. (1977). The civilization of ancient Crete (en inglés). University of California Press. ISBN 0520034066. 

Ligazóns externasEditar