Peire Vidal, nado a finais do século XII e finado a comezos do XII, foi un trobador occitano. Fillo dun peleteiro, foi protexido do conde Raimundo V de Tolosa e máis tarde de Barral de Marsella e tamén de Afonso II de Aragón. Viaxou por Palestina, Italia, Europa central e Malta. Foi conselleiro dos grandes personaxes do seu tempo porque posuída unha personalidade poética inconfundíbel e orixinal, chea de enseño e de augudeza. Presumía de ser o mellor dos cabaleiros e o máis namorado, mais na súa poesía tamén amosaba nostalxia pola ausencia do seu país. Considérase un dos máximos representantes do trobar leu.

Representación de Peire Vidal (o seu nome está escrito enriba) nun cancioneiro do século XIII; Biblioteca nacional de Francia ms. 12473 fol. 27; cancioneiro K.

É citado por Uc de Lescura no sirventés De mots ricos no tem Peire Vidal en que, xustamente no verso inicial, caracteriza a poesía de Peire Vidal polos mots rics 'palabras orgullosas, altivas'.

Obra editar

Consérvase 50 poemas seus, doce dos cales con música.

Bibliografía editar

  • Riquer, Martí (1983). Los trovadores. Historia, literatura y textos (en castelán). Ariel. 
  • Favati, Guido (1961). Le biografie trovadoriche, testi provenzali dei secc. XIII e XIV (en italiano). Palmaverde. 
  • Riquer, Martí (1995). Vidas y retratos de trovadores (en castelán). Círculo de Lectores. 

Ligazóns externas editar