Godofredo de Villehardouin

Godofredo ou Geoffroy de Villehardouin, nado no Castelo de Villehardouin, Aube, en 1164 e finado en Mesinópole, Tracia, en 1213, foi un nobre e cronista francés.

Infotaula de personaGodofredo de Villehardouin

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Geoffroi de Villehardouin Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1148 Editar o valor em Wikidata
Aube, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1213 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Q109044377 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , cronista , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarcabaleiro Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeChanne de Villemaur
Chane de Lezinnes
FillosErard I de Villehardouin, Sire de Lezinnes (en) Traducir
 () Channe de Villemaur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisVilain de Villehardouin, Sire de Villehardouin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Dameron (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX905892 Discogs: 5366304 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu no Castelo de Villehardouin, situado a uns trinta quilómetros ao leste de Troyes. Foi Mariscal de Champaña en 1191 e administrou o condado en nome do seu señor, o conde Teobaldo III (Thibaut III). Cando este partiu á Cuarta Cruzada en 1199, seguiuno e vendeu os seus bens ás abadías para proporcionarse recursos. Presidiu a comisión enviada a Venecia polos xefes da Cruzada para negociar o transporte do exército cruzado a Oriente co dux Enrico Dandolo, cego, case centenario e insidioso.

Ao seu regreso, falecendo o conde Teobaldo, foi el quen acalmou as dificultades xurdidas na loita polo poder, apoiando a candidatura do marqués de Monferrato. Tamén actuou correctamente en Constantinopla, cando os cruzados decidiron desistir do seu empeño e fundar alí un imperio gobernado por Balduno I de Flandres. A habilidade de Geoffroy proporcionoulle entón o título de mariscal de Romania, isto é, de Grecia. Despois da derrota da batalla de Adrianópole en 1205, mostrou o seu talento de estratego salvando o exército cruzado. En 1207, Bonifacio de Montferrato, rei de Tesalónica, deu o feudo de Messinópolis a Geofroy de Villehardouin e este aproveitou para se retirar dos asuntos públicos a este lugar, onde se dedicou a escribir a súa Crónica, destinada aos seus parentes e amigos de Champaña. O seu fillo Guillaume de Villeharoduin naceu en 1212, no castelo de Calamata, e reuniu unha biblioteca da que se conserva o inventario.

Redactou a súa Crónica entre 1205 e 1213, manexando documentación de arquivo e o testemuño persoal do que vira cos seus propios ollos. Como non era letrado, non escribiu en latín, como fixeron durante longo tempo os historiadores oficiais, senón en francés. Móstrase fiel á verdade, pero só no que conta, porque omite moito e moi importante, sobre todo o motivo polo cal a IV Cruzada non chegou a Palestina. Ás veces lembra o ton oral dos cantares de xesta ao usar as súas típicas interpelacións: "Ouvide, belos señores!" As súas descricións son moi minuciosas e seleccionan sempre os detalles máis pintorescos. Deulle por título Histoire de la conquête de Constantinople ou Chronique des empereurs Baudouin et Henri de Constantinople ("Historia da conquista de Constantinopla ou Crónica dos emperadores Balduíno e Henrique de Constantinopla"). Describe os acontecementos sobrevindos entre 1198 e 1207.

Obras editar

 
"Da conquista de Constantinopla"
  • Geoffroy de Villehardouin, La Conquête de Constantinople, édition de Paulin, París, 1838 Ler en liña ;
  • Geoffroy De Villehardouin, La conquête de Constantinople, édition Flammarion, collection Garnier Flammarion, n° 214, 1969;
  • Geoffroy de Villehardouin, un chevalier à la croisade, L'histoire de a conquête de Constantinople (suivi de) De ceux qui se croisèrent et comment le marquis de Montferrat devint leur seigneur par Robert de Cléry, Texte établi et présenté par Jean LONGNON, librairie Jules Tallandier, 1981.
  • Geoffroy de Villehardouin, La Conquête de Constantinople, Flammarion, 2004.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Léon Thoorens, Panorama de las literaturas Daimon. Francia. Barcelona: Daimon, 1970.
  • J. Calvet, Manuel Illustré d'histoire de la Littérature Française. París: J. de Gigord, 1924 (4.ª ed.)

Ligazóns externas editar