Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico

Henrique IV, nado en 1050 e finado en 1106, foi o terceiro emperador da dinastía Salia do Sacro Imperio Romano Xermánico. Fillo de Henrique III e de Agnes de Poitou.

Henrique IV
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
PredecesorHenrique III

Proxenitores
Agnes de Poitou

Na rede
WikiTree: Salian-10

Traxectoria editar

Trala morte de Henrique III o 5 de outubro de 1056 Henrique IV só tiña 6 anos. Tanto a súa protección como a do Imperio foi confiada ó papa Vítor II, quen, grazas á súa habilidade diplomática, logrou asegurar a sucesión e permitiu a rexencia da nai do rei; incluso outorgándolle a esta o dereito de escoller sucesor en caso de morte do seu fillo.

Trala morte de Vítor II, tanto a sé pontificia como a nobreza do Imperio se aproveitaron da debilidade dun rei menor de idade. Escolléronse papas, sen sequera comunicarllo ó imperio e Nicolao II aproveitou para cambiar o sistema de elección papal quedándolle ó emperador o chamado dereito de asentimento, aínda que non está claro se o asentimento era antes ou despois da elección cardinalicia. Nicolao II tamén conseguiu un xuramento de fidelidade por parte dos Normandos asentados no sur da Península Itálica; pasando estes a ser vasalos do pontífice. Outorgando o papa dereitos sobre terras que antes da conquista normanda pertencían ó imperio.

Toda esta política independente do papa viuse con resentimento dende as terras imperiais e un sínodo cortesán declarou nulas as súas decisións, sendo ignorado polo imperio ata a súa morte. Pouco despois dáse o golpe de estado de Kaiserwerth comandado pola nobreza e que afasta ó rei da súa nai, deixando esta de ser rexente. O arcebispo de Colonia Annón pasou a ser o rexente.

Trala morte do papa se produciu un conflito sucesorio, habendo dous papas á vez, Annón influíu sobre o rei para escoller ó partidario das reformas que se estaban a producir na Igrexa, Alexandre II.

Querela das investiduras editar

No 1070 Widón de Milán, canso do seu cargo de bispo de Milán, envíalle o anel e o báculo ó emperador e este decide investir como bispo ó clérigo nobre Godofredo. Pero trala morte de Widón en 1072, o papa nomea bispo a Atón, producíndose así un cisma, que, trala morte de Alexandro II en 1073, continuaría co papa Gregorio VII.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • HUBERT,J., Manual de Historia de la Iglesia, Ed. Herber, 1970, Barcelona, Vol. 3.
  • TORRES DELGADO, C. e POCIÑO PÉREZ, A. Vida del emperador Enrique IV de Alemania, 1983, Uni. de Granada.
  • GARCÍA CORTÁZAR, J.A. e RUIZ DE AGUIRRE e SESMA MUÑOZ, J.A., Historia de la Edad Media, una síntetis interpretativa, Alianza Editorial, 1997, Madrid.
  • LADERO QUESADA, M.A., Historia Universal, Edad Media, Vicens Universidad, 1987, Barcelona.

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.