Berta de Savoia

Berta de Savoia, tamén coñecid como Berta de Turín, nada o 21 de setembro de 1051 e finada en Maguncia o 27 de decembro de 1087, foi a primeira esposa do emperador Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico, raíña de Alemaña e emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Berta de Savoia
Raíña de Alemaña
Emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico
Bertha of Savoy, the Holy Roman Empress, was dong a penance barefoot.jpg
Debuxo de John Foxe en Actes and Monuments (Londres: John Day, 1570)

Reinado21 de marzo de 1084
27 de decembro de 1087
Coroación31 de marzo de 1084
Nacemento21 de setembro de 1051
Falecemento27 de decembro de 1087
Maguncia
SepulturaCatedral de Speyer
PredecesorInés de Poitou
SucesorEufrasia de Kíiv
Cónxuxe/sHenrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico
DescendenciaInés de Alemaña
Conrado II de Italia
Henrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
Casa realCasa de Savoia
ProxenitoresOtón I de Savoia
Adelaida de Susa

Na rede
WikiTree: Savoie-257

Está enterrada na catedral de Espira.

TraxectoriaEditar

Berta de Savoia era filla de Otón I de Savoia e de Adelaida de Susa.

Os sues avós maternos eran Ulrico Manfredo II de Turín e Berta de Obertenghi.

De nena, durante o reinado de Henrique III, Emperador o Negro emperador do Sacro Imperio, seu fillo Henrique (o futuro Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico) e Berta se comprometeron een matrimonio o 25 de decembro de 1055 en Zúric.[1]

A voda tivo lugar o 13 de xullo de 1066 en Trebur.[2]

Mentres que Berta se enamorou de Henrique, este viu á súa muller con aversión. Aínda que aparentemente era unha bela muller xove, o cronista saxón Bruno, un declarado opoñente do emperador, informou sobre a continua infidelidade deste: «Tiña dúas ou tres Kebsweiber (concubinas) ao mesmo tempo, ademais de [a súa esposa], pero este non estaba contento. [...] Súa bela e nobre esposa Berta [...] foi de tal maneira odiada que el só a vía o necesario, xa que Henrique non celebrara a voda pola súa propia vontade».[3]

Berta morreu o 27 de decembro de 1087 en Maguncia.

FillosEditar

Do seu matrimonio con Henrique tivo cinco fillos:


 
Escudo dos Hohenstaufen
Predecesor:
Inés de Poitou
Emperatriz consorte do Sacro Imperio

 
10841087

Sucesor:
Eufrasia de Kíiv
Predecesor:
Inés de Poitou
Raíña consorte de Alemaña
10661087
Sucesor:
Constanza I de Sicilia

NotasEditar

  1. Robinson, Henry IV, p. 25
  2. Robinson, Henry IV, pp. 60f.
  3. Bruno of Merseburg, Brunonis Saxonicum bellum, p. 16.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bruno de Merseburg, Brunonis Saxonicum bellum, en Brunos Buch vom Saxonkrieg, ed. H-E. Lohmann, MGH Dt. MA 2 (Leipzig, 1937), accessíbel en liña en: Monumenta Germaniae Historica (en latin)
  • Bruno de Merseburg, Brunonis Saxonicum bellum. Brunos Sachsenkrieg, en Quellen zur Geschichte Kaiser Heinrichs IV., ed. and trans. F-J. Schmale (Darmstadt, 1968), pp. 191–405. (en alemán)
  • I. S. Robinson (2003): Henry IV of Germany, 1056–1106. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5215-4590-7.

Outros artigosEditar