Laomedonte é unha figura da mitoloxía grega, rei de Troia e pai de Príamo, Titono e Hesíone.

Laomedonte a punto de ser morto por Hércules, nunha terra sigillata

Histora e características editar

Para construír a muralla da cidadela Laomedonte pregou axuda a Zeus, que mandou a Poseidón e Apolo que o axudasen, como castigo por terse rebelado contra o rei do Olimpo. En troco da axuda, Laomedonte prometeulles uns cabalos invencíbeis que Zeus lle regalara, mais cando o labor estivo rematado negouse a entregar o convido e aínda os ameazou.

Poseidón destruíu os muros e envioulle un monstro mariño. Laomedonte non tivo outro remedio que ofrecer a súa propia filla, Hesíone, en sacrificio ao monstro. Atada a unhas rochas, agardaba a súa sorte a rapaza, cando a fortuna quixo que por alí pasasen os Argonautas camiño da Cólquida. O mesmo Hércules desencadeou a Hesíone e matou o monstro, logo de que Laomedonte lle ofrecese os cabalos entón ao heroe. Porén, unha vez realizado o traballo, Laomedonte negouse a entregar os animais.

Furioso, Hércules arrasou Troia e matou a Laomedonte e os seus fillos, mais levou consigo a Hesíone e entregouna como esposa ao soberano de Salamina, Telamón.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar