Abrir o menú principal

John Stith Pemberton, nado en Knoxville (Xeorxia) o 8 de xullo de 1831 e finado en Atlanta o 16 de agosto de 1888, foi un químico farmacéutico estadounidense, coñecido por ser o inventor da Coca-Cola.

John Stith Pemberton
John Pemberton.jpg
Nacemento8 de xullo de 1831
 Knoxville
Falecemento16 de agosto de 1888
 Atlanta
Causacancro
SoterradoLinwood Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterWesleyan College
Ocupacióninventor, indústria farmacêutica e empresario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era fillo de James Clifford Pemberton (nado en 1803 en Carolina do Norte) e Martha L. Worsham Gent (nada sobre o 1791 en Virxinia). James e Martha casaron o 20 de xullo de 1828 no Condado de Crawford (Xeorxia). Martha era filla de Archer Worsham (nada en Virxinia) e Nancy Clark Smith procedente de Condado de Baldwin. A familia Pemberton transladouse a Roma, e John acudiu á escola de medicina en Macon, recibindo o seu grao en Farmacia á idade de 19 anos.

Pemberton rexeitou algunhas das medallas médicas, popularizadas por Benjamin Rush, ao que intentou salvar da súa enfermindade mediante flebotomía.

InvenciónEditar

Durante a súa época de investigación experimentou coa noz de cola e coa coca, coa intención de atopar un medicamento para frear as dores de cabeza e calmar os nervios.