Exército dos Estados Confederados

O Exército dos Estados Confederados organizouse o 6 de marzo de 1861 para defender os creados Estados Confederados de América das accións militares do goberno dos Estados Unidos durante a Guerra Civil Americana.

Historia e características editar

Como moito, calcúlase que 1,4 millóns de homes loitaron no Exército Confederado durante a guerra. Aínda que gañou un número significativo de batallas (particularmente no teatro de operacións oriental, baixo o xeneral Robert E. Lee), a falta dun control centralizado do Exército e de loxística e a vantaxe da man de obra dos Estados Unidos condenaron aos Estados Confederados e ao seu exército á derrota en maio de 1865.

O 23 de xuño de 1865, Stand Watie, de Oklahoma, converteuse no último xeneral confederado en ser derrotado. Ao momento da rendición final os Confederados estaban divididos en tres rexións, unha totalmente embolsada en Carolina do Norte, outro acurralados en Florida e sur de Alabama incomunicada por un bloqueo manual e a última en Texas illada das demais forzas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar