Mario Kempes
Mario Alberto Kempes Chiodi, nado en Bell Ville (Córdoba) o 15 de xullo de 1954, é un ex futbolista e adestrador arxentino. Coñecido como O Matador, xogaba de centrocampista ofensivo ou dianteiro esquerdo.
Mario Kempes | |||
---|---|---|---|
Mario Kempes festexa un dos seus goles a Holanda na final do Mundial 1978. | |||
Información persoal | |||
Nome | Mario Alberto Kempes Chiodi | ||
Nacemento | 15 de xullo de 1954 (68 anos) | ||
Lugar de nacemento | Bell Ville | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Retirado | ||
Carreira xuvenil | |||
Instituto | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1970–1973 |
![]() | 13 | (11) |
1974–1976 |
![]() | 107 | (85) |
1977–1981 |
![]() | 142 | (95) |
1981–1982 |
![]() | 29 | (15) |
1982–1984 |
![]() | 42 | (21) |
1984–1986 |
![]() | 38 | (10) |
1986–1987 |
![]() | 20 | (7) |
1987–1990 |
![]() | 96 | (34) |
1990–1992 |
![]() | 39 | (7) |
1995 |
![]() | 11 | (5) |
1996 |
![]() | 15 | (10) |
Total | 537 | (290) | |
Selección nacional | |||
1973–1982 | Arxentina | 43 | (20) |
Adestrador | |||
1996 |
![]() | ||
1996 |
![]() | ||
1997–1998 |
![]() | ||
1999 |
![]() | ||
2000 |
![]() | ||
2000–2001 |
![]() | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Foi elixido pola IFFHS como o sexto mellor xogador arxentino do século XX,[1] destacado pola súa zurda potente, facilidade para o gol, velocidade, coraxe e destreza. Foi campión coa selección arxentina do Mundial de Fútbol de 1978, sendo o máximo goleador do torneo.
TraxectoriaEditar
Comezou a xogar ao fútbol nas inferiores de Talleres de Bell Ville. En 1972 pasou a xogar no Instituto Atlético Central Córdoba, que volveu proclamarse campión da Liga Cordobesa despois de seis anos. Gañou tamén o Torneo Nacional en 1973. En 1974 o Rosario Central comprouno por 130 millóns de pesos e foi o máximo goleador da Primeira División da Arxentina en 1974 e 1976.
A mediados de 1976 o Valencia CF cómprao por 30 millóns de pesetas, onde deixou plasmada a súa facilidade para o gol obtendo o Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga española en dúas ocasións (76/77 con 24 goles e 77/78 con 28).
Ao medio disto chegou o Mundial de 1978 realizado na Arxentina onde Kempes foi campión coa súa selección, máximo goleador do torneo e máxima figura da competición.
Gañou co equipo valenciano a Copa do Rei en 1979 ao vencer na final ao Real Madrid por 2-0 conseguindo el os dous goles. Tamén conseguiu a Recopa de Europa en 1980 ante o Arsenal na quenda de penaltis, na que, curiosamente, fallou o seu. En decembro do mesmo ano, o Valencia gañaba a Supercopa de Europa ao Nottingham Forest, 2-1 en Nottingham e 1-0 en Valencia. Mario Kempes está considerado como un dos mellores futbolistas na historia do Valencia CF.
Volveu a Arxentina en marzo de 1981, ao River Plate por 300 millóns de pesetas. Co club de Núñez, obtivo o Campionato Nacional de 1981, onde Kempes anotou un decisivo gol na final, xogada ante Ferro Carril Oeste.
Ao non poder o club arxentino cumprir con todos os pagos e unicamente abonar 130 millóns de pesetas regresou ao Valencia CF na tempada 1982/83 onde permaneceu ata a 1984/85. Despois marchou ao Autocares Luz de Valencia, equipo da liga de fútbol sala e tras uns meses ao Hércules CF xogando 2 tempadas, nas cales os seus grandes goles serviron para a permanencia na máxima categoría do fútbol español.
Despois empezou o seu periplo por equipos centro-europeos de escaso nivel como First Vienna, Sankt Polten, Krems, ou outros como Arturo Fernández Viario, equipo da segunda división do fútbol chileno, ou o Petaling Jaya de Indonesia en 1996 antes da súa retirada do fútbol.
Entre 1996 e 2001 adestra a equipos de Indonesia, Albania, Venezuela e Bolivia.
PalmarésEditar
Campionatos nacionaisEditar
Título | Equipo | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa do Rei | Valencia CF | España | 1979 |
Torneo Nacional | River Plate | Arxentina | 1981 |
Copas internacionaisEditar
Título | Equipo | País | Ano |
---|---|---|---|
Mundial de Fútbol | Selección arxentina | Arxentina | 1978 |
Recopa de Europa | Valencia CF | España | 1980 |
Supercopa de Europa | Valencia CF | España | 1980 |
Distincións individuaisEditar
Distinción | Ano |
---|---|
Máximo goleador da Primeira División Arxentina | 1974 |
Máximo goleador da Primeira División Arxentina | 1976 |
Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga Española | 1977 |
Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga Española | 1978 |
Bota de Ouro ao máximo goleador do Mundial de Fútbol | 1978 |
Futbolista suramericano do ano | 1978 |
Máximo goleador da Recopa de Europa | 1980 |
Elixido FIFA 100 | 2004 |
23º posto no ránking do Mellor xogador suramericano do século XX[2] | 2006 |
6º mellor xogador arxentino do século XX pola IFFHS | 2006 |
NotasEditar
- ↑ "IFFHS". Consultado o 01-08-07.
- ↑ Mellor xogador Suramericano do século XX - IFFHS