Nottingham

Coordenadas: 53°57′N 1°8′O / 53.950, -1.133

Nottingham é unha cidade e un distrito de Inglaterra, capital do condado de Nottinghamshire, Reino Unido. É a cidade que crece con maior rapidez en Inglaterra e a segunda de todo o Reino Unido, só superada por Glasgow. A súa poboación en 2006 era de 286.400 habitantes. A conurbación, o Gran Nottingham, atinxía, no mesmo ano, 666.358 hebitantes. A cidade ocupa o sétimo lugar de Inglaterra pola súa poboación.

Nottingham
Nottingham-Montage.jpg
Vistas da cidade
Localización
Nottingham en Inglaterra
Nottingham
Nottingham
PaísInglaterra Inglaterra
RexiónMidlands do Leste
Condado cerimonialNottinghamshire
Xeografía
Altitude61 msnm
Superficie74,61 km²
Demografía
Poboación303.900 hab. (2011)
Densidade4.073 hab/km²
Outros datos
Código postalCódigo NG
AlcaldeLeon Unczur
Páxina oficial de Nottingham

XeografíaEditar

O centro da cidade é a vella Market Square (Praza do Mercado), en torno a cal se encontran as principais rúas comerciais, por encima das cales áchase a Council House. O centro de Nottingham áchase sobre do río Leen e os seus confíns meridionais seguen o curso do río Trent, que flúe entre Stroke e Humber.

HistoriaEditar

Fundada polos anglosaxóns, foi conquistada polos viquingos. No século IX era unha das cinco cidades fortificadas do Danelaw. Desde as súas orixes, parte do asentamento incluía cavernas artificiais escavadas en arenito. Neste período o asentamento tivi diversos nomes, como Tigguo Cobauc ("Cidade das grutas") e Snottingaham (do nome do xefe anglosaxón Snot). O S, desapareceu con o tempo. No século XI foi construído un castelo sobre un afloramento de arenito no río Trent, arredor do cal, paulatinamente, se desenvolveu un burgo.Tornouse nun condado corporativo no ano 1449.

 
Tranvía pasando cerca da Council House

A guerra civil inglesa comezou en Nottingham en 1642, cando o rei Carlos I de Inglaterra alzou o seu estandarte sobre o castelo de Nottingham. O castelo antigo foi destruído polos partidadrios do Parlamento, vitoriosos no 1651. Unha vila-castelo fo reconstruída polo duque de Newcastle no mesmo sitio, mais foi arrasada no ano 1831 durante as revoltas do período da Reform Act.

No século XIX Nottingham fíxose famosa pola súa industria de encaixes, mais a súa importanza económica non durou demasiado, aínda que a actividade perdure no presente na cidade. Foi elevada ao status de cidade con ocasión das celebración do 75º aniversario do reinado raíña Vitoria en 1897.

DistritosEditar

Distritos urbanos de NottinghamEditar

Distritos extra-urbanosEditar

EducaciónEditar

Nottingham alberga dúa universidades: a Universidade de Nottingham (University of Nottingham) e a Universidade de Nottingham Trent (Nottingham Trent University) (antiga Politécnica de Trent ou Trent Polytechnic). Xuntas atenden uns 40.000 estudantes de curso completo. O hospital universitario, Nottingham University Hospital, é o maior hospital do Reino Unido. En outubro de 2007 a Unipol Student Homes abriu un despacho en Nottingham para axudar a estudantes das dúas universidades que estean a buscar hospedaxe.

Cidades irmandadasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar