Estadio de Mendizorrotza

Coordenadas: 42°50′14″N 2°41′17″O / 42.837111, -2.688044

O Estadio de Mendizorrotza (ou Mendizorroza en castelán) é un estadio de fútbol, situado na cidade vasca de Vitoria, Áraba. O seu equipo titular é o Deportivo Alavés. Foi inaugurado o 27 de abril de 1924 e actualmente ten unha capacidade para 19.840 espectadores e unhas dimensións de 105x67 metros.[1]

Mendizorrotza
Datos
LocalizaciónVitoria, Áraba
España
Construción
Inauguración27 de abril de 1924
Ampliación1999
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 67
Capacidade19.840
PropietarioConcello de Vitoria
LocalíaDeportivo Alavés

Está situado no Paseo Cervantes, no barrio de Mendizorrotza, á beira das piscinas municipais e da Fundación Estadio. O estadio sufriu varias remodelacións, sendo a última e máis importante na tempada 1998/99 tras o terceiro ascenso do Alavés a Primeira División.

Notas editar

  1. Deportivo Alavés - Instalaciones Arquivado 07 de maio de 2014 en Wayback Machine.; deportivoalaves.com (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar