José 'Pepe' Mel Pérez, nado en Madrid o 28 de febreiro de 1963, é un exfutbolista, actual adestrador de fútbol e escritor español. Xogaba de dianteiro. Actualmente adestra o UD Las Palmas.

Pepe Mel
Mel en 2011
Información persoal
Nome José Mel Pérez
Nacemento 28 de febreiro de 1963 (61 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,79 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Las Palmas (adestrador)
Carreira xuvenil
1974–1982 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1982–1983 Real Madrid C
1983–1987 Real Madrid B 71 (15)
1983–1984Alcalá (cedido)
1987 Osasuna 0 (0)
1987–1989 Castellón 62 (28)
1989–1993 Betis 112 (50)
1993–1995 Granada 65 (31)
1995–1996 Benidorm 31 (15)
1996–1997 Getafe 37 (17)
1997–1998 Écija
1998 Angers
Adestrador
1998–1999 Unión Zona Norte
1999–2000 Coslada
2000–2001 Murcia
2001–2002 Tenerife
2002–2003 Getafe
2003–2004 Alavés
2004–2006 Poli Ejido
2007–2010 Rayo Vallecano
2010–2013 Betis
2014 West Bromwich Albion
2014–2016 Betis
2017 Deportivo da Coruña
2019– Las Palmas
Na rede
http://pepemel.es
Twitter: pepe_mel Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Publicou tres novelas: El mentiroso (2011),[1] El camino al más allá (2013) e La prueba (2016), esta última dirixida ao público infantil.

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Comezou a xogar ao fútbol co Real Madrid Club de Fútbol onde entrou con só 11 anos de idade, xogou cedido unha temporada na Real Sociedad Deportiva Alcalá onde ostentou un récord de 34 goles co conxunto vermello. Profesionalmente debutou en Primeira Divisón co Club Atlético Osasuna, despois pasou ao Club Deportivo Castellón, onde xogou dous anos en Segunda División, conseguindo ser o máximo goleador do equipo, na tempada 1988/89, na que o club logrou o ascenso a Primeira División; na tempada seguinte pasou ao Real Betis Balompié, onde permaneceu catro anos, xogou 112 partidos de liga e marcou cincuenta goles, logrando ser o máximo goleador da Segunda División co conxunto bético na tempada 1989/90. Posteriormente pasou polo Granada Club de Fútbol, Getafe Club de Fútbol, Écija Balompié e colgou as botas no Angers SCO francés en 1998.

Como adestrador editar

Mel comezou a súa traxectoria como técnico levando as rendas do Club Deportivo Coslada en 1999.

Ao ano seguinte, chegou ao Club Polideportivo Mérida;[2] mais, tras a desaparición da entidade, quedou libre e firmou polo Real Murcia Club de Fútbol.[3] O conxunto terminou a tempada 2000-01 como 13º clasificado.

Na tempada 2001/02, fichou polo CD Tenerife, sustituíndo a Rafael Benítez, e debutou en Primeira División o 25 de agosto de 2001, no Estadio Heliodoro Rodríguez, fronte ao Deportivo Alavés.[4] Non tivo éxito na súa traxectoria no conxunto e foi destituído en febreiro de 2002 tras perder contra o Rayo Vallecano de Madrid,[5] despois de ter dirixido en 26 partidos ao equipo, que nese momento se encontraba como último clasificado de Primeira.[6] Foi substituído por Javier Clemente, que non puido evitar o descenso do equipo a Segunda División esa tempada.

Durante a metade da tempada 2002-03, Pepe foi contratado polo Getafe Club de Fútbol,[7] que militaba esa tempada en Segunda División e que naquel momento ocupaba postos de descenso,[8] pero que baixo a súa dirección non pasou apuros para salvar a categoría.

Durante a seguinte tempada, o técnico madrileño adestrou ao Deportivo Alavés,[9] que quedou ás portas do ascenso,[10] logrando chegar até as semifinais da Copa do Rei, onde caeu fronte ao Real Zaragoza. Coa chegada de Dmitry Piterman, Mel non renova[11] e vaise ao Polideportivo Ejido.

En 2004, fichou polo Polideportivo Ejido. O equipo celeste fixo un gran comezo de tempada[12] e logrou unha cómoda permanencia na tempada 2004-05; pero tras 12 xornadas da seguinte campaña, Mel foi destituído polos malos resultados que levaron ao equipo andaluz ás últimas posicións.[13]

Chegou á banca do Rayo Vallecano de Madrid, de Segunda División B, en 2006. Conseguiu levalo a Segunda A en 2006[14] e completou unha gran tempada 2008-09, sendo 5º clasificado na categoría de prata. Foi destituído en febreiro de 2010 tras os seus malos resultados.[15]

Real Betis Balompié editar

En verán de 2010, Pepe converteuse no novo técnico do Real Betis Balompié.[16] Conseguiu o ascenso a Primeira División na tempada 2010/11, sendo o campión de Segunda e o máximo goleador,[17] e caendo nos cuartos de final da Copa do Rei fronte ao FC Barcelona cun global de 6-3, con 5-0 no Camp Nou e un 3-1 no Benito Villamarín (2 deles nos primeiros 10 minutos do partido).[18] Durante a súa estadía no equipo andaluz caracterizouse polo seu apoio ao equipo filial, contabilizándose o debut de até 16 xogadores do filial co primeiro.[19]

Pepe Mel renovou co Betis por tres anos para afrontar a volta a Primeira do club,[20] logrando a permanencia a falta de 3 xornadas para o remate da Liga 2011-12,[21] malia ter feito unha tempada chea de altibaixos, debido a que conseguiu 4 vitorias consecutivas nas 4 primeiras xornadas de Liga[22] e inmediatamente perder 9 dos 10 encontros seguintes, o que lle puxo ao bordo da destitución, que se puido ter materializado no encontro fronte ao Valencia CF no Benito Villamarín, onde o Betis remountou un 0-1 no tempo engadido con 2 goles de Rubén Castro.[23] A pesar desta mala racha de resultados, a afección bética sempre apoiou ao seu adestrador. Durante a tempada 2011-2012, o Betis conseguiu varios logros como ser o primeiro equipo visitante que marca un gol no Camp Nou (4-2)[24] e a vitoria no Ramón Sánchez Pizjuán con dous goles de Beñat de falta, logrando un resultado final de 1-2.[25]

Na tempada 2012-13, o Betis deu un salto de calidade, pasando de loitar pola súa permanencia aspirar a facelo por entrar en competicións europeas. O conxunto terminou obtendo o acceso á UEFA Europa League grazas ao seu 7º posto final.[26] Este éxito supúxolle unha nova renovación do seu contrato co club,[27] e converteuno no adestrador que máis tempo levou nas bancas na devandita tempada (3). Foi destituído o 2 de decembro de 2013, co Betis como colista con 10 puntos tras 15 xornadas de Liga.[28]

West Bromwich Albion editar

O 9 de xaneiro de 2014, o West Bromwich Albion F.C. anunciou a súa contratación como novo técnico.[29] Logrou salvar ao equipo inglés do descenso na última xornada, tras finalizar en décimo sétima posición. Ao día seguinte anunciouse a súa marcha da entidade por mutuo acordo.[30]

Real Betis Balompié editar

O 20 de decembro de 2014, o Real Betis confirmou o regreso de Pepe á entidade.[31] Fíxose cargo do equipo andaluz na 19ª xornada, cando ocupaba a 3ª posición, e volveu a conseguir o ascenso a Primeira División, esta vez dous xornadas antes de rematar a Liga.[32]

O 10 de xaneiro de 2016, o Consello de Administración do club decidiu rescindir do contrato de Mel, poñendo fin, deste modo, á súa segunda etapa como técnico do Real Betis Balompié. Naquel momento, o equipo encadenaba 8 partidos consecutivos sen gañar e ocupaba a 15ª posición ao termo da primeira volta da Liga.[33]

Deportivo da Coruña editar

O 28 de febreiro de 2017 foi contratado para dirixir o Deportivo da Coruña até o final da tempada 2016–17, con opción a ampliación, en substitución de Gaizka Garitano.[34][35] Debutou co equipo o 2 de marzo de 2017 na xornada 25 do campionato de liga cun resultado de empate (1-1) fronte ao Atlético de Madrid.[36] Foi botado do seu cargo logo dunha derrota contra o Xirona o 23 de outubro do mesmo ano.[37]

 Clubs editar

Como futbolista editar

Equipo País Anos
Real Sociedad Deportiva Alcalá   España 1983-1984
Castilla Club de Fútbol   España 1983-1987
Club Atlético Osasuna   España 1987
Club Deportivo Castellón   España 1987-1989
Real Betis Balompié   España 1989-1993
Granada Club de Fútbol   España 1993-1995
Benidorm   España 1995-1996
Getafe Club de Fútbol   España 1996-1997
Écija Balompié   España 1997-1998
Angers SCO   Francia 1998

Como adestrador editar

Equipo País Anos P PG PE PP %v.
Unión Zona Norte de Madrid   España 1998-1999
Club Deportivo Coslada 1999-2000 44 27 10 7 61.36
Club Polideportivo Mérida 2000 4 3 1 0 75
Real Murcia Club de Fútbol 2000-2001 42 13 13 16 30.95
Club Deportivo Tenerife 2001-2002 27 6 6 15 22.22
Getafe Club de Fútbol 2002-2003 23 8 8 7 34.78
Deportivo Alavés 2003-2004 50 22 19 9 44
Club Polideportivo Ejido 2004-2005 56 15 17 24 26.79
Rayo Vallecano de Madrid 2006-2010 169 76 58 35 44.97
Real Betis Balompié 2010-2013 156 68 32 56 43.59
West Bromwich Albion   Inglaterra 2014 17 3 6 8 17.65
Real Betis Balompié   España 2014-2016 46 21 12 13 45.65
Deportivo da Coruña 2017- 15 4 5 6 26.67

Palmarés editar

Como futbolista editar

Título Club País Ano
Segunda División CD Castellón   España 1989

Distincións editar

Distinción Club País Ano
Máximo goleador da Segunda División Real Betis   España 1990

Como adestrador editar

Título Club País Ano
Segunda División B Rayo Vallecano   España 2008
Segunda División Real Betis 2011
Segunda División Real Betis 2015

 Publicacións editar

Notas editar

  1. Silva, Samuel (14 de outubro de 2011). "Fútbol después de leer". Diario de Sevilla. 
  2. Vigario, D. (16 de xuño de 2000). "Pepe Mel cubrirá la baja de Señor en el banco emeritense" (PDF). Mundo Deportivo: 40. 
  3. Pallarés, Pepe (26 de setembro de 2000). "Murcia: Mel, nuevo entrenador" (PDF). Mundo Deportivo: 28. 
  4. "Semblanza de Pepe Mel en el CD Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2013. Consultado o 01 de marzo de 2017. 
  5. Castañeda, Alvaro (19 de febreiro de 2002). "Clemente sustituye al defenestrado Pepe Mel" (PDF). Mundo Deportivo: 30. 
  6. "Los datos de Primera - Clasificación" (PDF). Mundo Deportivo: 28. 18 de febreiro de 2002. 
  7. Tamaral, S. (20 de xaneiro de 2003). "Mel por Felines, el cambio 'cantado'" (PDF). Mundo Deportivo: 31. 
  8. "Los datos de Segunda - Clasificación" (PDF). Mundo Deportivo: 30. 20 de xaneiro de 2003. 
  9. Sarabia, Aimar (26 de xuño de 2003). "Empieza la 'era Mel'" (PDF). Mundo Deportivo: 12. 
  10. "Alavés: la miel en los labios". AS. 20 de xuño de 2004. 
  11. Losada, Jorge (13 de xullo de 2004). "Piterman compra el Alavés". El País. 
  12. Agencia EFE (3 de outubro de 2004). "El Poli Ejido toma el mando en la Segunda División". El Mundo. 
  13. Agencia EFE (15 de novembro de 2005). "El Poli Ejido destituye a Pepe Mel como técnico". El Periódico de Aragón. 
  14. Agencia EFE (15 de xuño de 2008). "El Rayo vuelve a la División de Plata del fútbol español". Marca. 
  15. Garrido, F. J. (15 de febreiro de 2010). "Pepe Mel, destituido como técnico del Rayo Vallecano". AS. 
  16. "Pepe Mel, nuevo entrenador del Betis". AS. 11 de xullo de 2010. 
  17. Torrecillas, Mercedes (18 de maio de 2011). "Va por ti, Miki". Marca. 
  18. Aldunate, Ramiro (19 de xaneiro de 2011). "El Betis se salta el protocolo". Marca. 
  19. Aguilera, J. (5 de decembro de 2013). "Los 16 canteranos de Mel". NuestroBetis. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 01 de marzo de 2017. 
  20. Torrecillas, Mercedes (27 de maio de 2011). "Pepe Mel renueva con el Betis tres temporadas más". Marca. 
  21. Núñez, José Joaquín (29 de abril de 2012). "El Betis hace matemática su permanencia en Primera (2-2)". Sevilla Deporte. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 01 de marzo de 2017. 
  22. Web oficial del Real Betis (ed.). "CLUB.- EL BETIS DE HOY". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2013. Consultado o 01 de marzo de 2017. 
  23. Espina, J. Antonio (10 de decembro de 2011). "La magia del Betis". AS. 
  24. Liceras, Ángel (15 de decembro de 2011). "Cegado por su reflejo". Marca. 
  25. Ortega, Francisco José (3 de maio de 2012). "Beñat entroniza al Betis (1-2)". Diario de Sevilla. 
  26. Pineda, Rafael (2 de xuño de 2013). "Jorge Molina mete al Betis en Europa". El País. 
  27. Valdivieso, C. (3 de xuño de 2013). "Pepe Mel, hasta 2017". Diario de Sevilla. 
  28. "Pepe Mel, destituido como entrenador del Betis". Cadena SER. 2 de decembro de 2013. 
  29. Contreras, Emilio (9 de xaneiro de 2014). "Mel, nuevo entrenador del West Bromwich Albion". Marca. 
  30. "Pepe Mel deja de ser entrenador del WBA". Marca. 12 de maio de 2014. 
  31. "Pepe Mel, nuevo entrenador del Betis". Cadena SER. 20 de decembro de 2014. 
  32. Félix, Antonio (24 de maio de 2015). "Real Betis, un volver para quedarse". El Mundo. 
  33. "Pepe Mel es destituido como técnico del Betis". Marca. 10 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2016. 
  34. "LaLiga: Pepe Mel, nuevo entrenador del Deportivo" (en castelán). MARCA. 27 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  35. "Pepe Mel, novo adestrador do RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 28 de febreiro de 2017. 
  36. "El Deportivo y el Atlético de Madrid empatan a uno en Riazor". El País (en castelán). 3 de marzo de 2017. Consultado o 7 de marzo de 2017. 
  37. TVG (24 de outubro 2017). "Pepe Mel, fóra do banco do Deportivo". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar