Vallecas é unha extensa zona do sueste da cidade de Madrid, única entidade estendida de modo pluridistrital dentro da capital. Foi un municipio independente, dentro do partido xudicial de Alcalá de Henares, ata 1950, cando é anexionado a Madrid.

Modelo:Xeografía políticaVallecas
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°23′00″N 3°37′00″O / 40.3833, -3.6167
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
Provinciaprovincia de Madrid Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Disolución22 de decembro de 1950 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Código INE28514 Editar o valor en Wikidata

O territorio do antigo concello divídese en dous distritos: Puente de Vallecas, ao noroeste, e Villa de Vallecas, ao sueste, que se dividen nos barrios administrativos de Centro histórico de Vallecas e Santa Eugenia, pertencentes a Villa de Vallecas, e Entrevías (incluído El Pozo del Tío Raimundo), San Diego, Palomeras Bajas, Palomeras Sureste, Portazgo e Nueva Numancia, pertencentes a Puente de Vallecas.

Características

editar

No mes de xuño, nas festas do barrio celébrase a batalla naval, na "Plaza Vieja", corazón de Vallecas, que xunto aos bulevares forman o núcleo tradicional do barrio na zona do "Puente de Vallecas". Outra rúa importante é a do "Payaso Fofó", xunto ao campo do Rayo, pois esta famosa familia de pallasos e cómicos criouse no barrio durante moitos anos, de feito Fofó esta soterrado no cemiterio do "Pueblo de Vallecas".

A vía principal do barrio é a "Avenida de la Albufera".

A Asemblea de Madrid tamén está situada no barrio de Vallecas na zona de San Diego.

Desde o ano 1960 ata agora no 2006, sufriu unhas transformacións similares aos outros barrios da periferia de Madrid, pasou de ter rúas sen asfaltar e sen iluminar a estar completamente cheo de servizos: rede de metro, urbanización das rúas, zonas axardinadas ou grandes centros comerciais.

Deportes

editar

Vallecas é sede e dá nome a un equipo de fútbol, o Rayo Vallecano de Madrid, que xoga na Primeira División Española, que chegou a xogar a Copa da UEFA na tempada 2000/01 e que no ano 1977 foi alcumado como o "Mata xigantes" polas súas vitorias contra os equipos grandes.

Deportivamente ten outra proba moito importante, a San Silvestre Vallecana, que se celebra o 31 de decembro, é unha carreira de atletismo de 10 km que se celebra en dúas categorías, a profesional e a popular, e remata no estadio do Rayo Vallecano.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar