Premio Miguel de Cervantes
O Premio Cervantes, foi instituído en 1975 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura de España.
Premio Miguel de Cervantes | |
---|---|
Tipo | premio literario |
Data de fundación | 1976 |
Nomeado en referencia a | Miguel de Cervantes |
País | España |
Na rede | |
https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/libro/premios/listado-de-premios/cervantes/presentacion.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trátase do Premio Nacional de Literatura. Está recoñecido coma o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra dun autor en lingua castelá cuxa contribución ó patrimonio cultural hispánico fora decisiva. Xeralmente premiase a un español e a un latinoamericano, aproximadamente en forma alternativa, dando así o número de máis da metade de premiados a escritores moitas veces descoñecidos a nivel mundial do país que outorga o premio,[Cómpre referencia] e o resto repartido a grandes escritores de América.
En 2019, está dotado con 125.000 euros[1] e toma o seu nome do autor Miguel de Cervantes, autor da que se considera a máxima obra da literatura castelá, Don Quixote da Mancha.
Historia e características
editarA súa primeira edición tivo lugar de xeito efectivo no ano 1976. O Premio Cervantes non pode ser dividido, declarado deserto ou ser concedido a título póstumo, segundo as normas que se estableceron despois de que na edición de 1979 o xurado decidira concederlles o premio "ex aequo" ó español Gerardo Diego e ó arxentino Jorge Luis Borges.
Os candidatos ó Premio Miguel de Cervantes son propostos polo pleno da Real Academia Española, polas Academias da Lingua dos países de fala hispana e polos gañadores en pasadas edicións.
O xurado está integrado polo director da Real Academia Española, o presidente dunha das Academias da Lingua Española de Hispanoamérica, que vai cambiando cada ano, o premiado na edición anterior e oito personalidades do mundo académico, literario ou universitario, españois ou hispanoamericanos, de recoñecido prestixio.
O 23 de abril de cada ano, coincidindo coa data na que se conmemora a morte de Miguel de Cervantes, o rei de España, Filipe VI, preside a entrega deste galardón no Paraninfo da Universidade de Alcalá. Neste acto solemne, o rei, o ministro de Cultura español e o autor galardoado pronuncian un discurso no que se glosa a vida e produción literaria do premiado, a obra de Cervantes e os autores clásicos da lingua española, así coma sobre o estado do idioma.
Lista de gañadores do Premio Cervantes
editar
Premios Cervantes por países
editarDatos actualizados a abril de 2023.
España | 23 |
México | 6 |
Arxentina | 4 |
Chile | 3 |
Cuba | 3 |
Uruguai | 3 |
Paraguai | 1 |
Perú | 1 |
Colombia | 1 |
Nicaragua | 1 |
Venezuela | 1 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Joan Margarit, Premio Cervantes 2019". El País (en castelán). 14 de novembro de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ Fanjul, Sergio C. (2024-11-12). "El escritor español Álvaro Pombo gana el premio Cervantes". El País (en castelán). Consultado o 2024-11-12.
- ↑ García Higueras, Laura (2023-11-07). "Luis Mateo Díez gana el Premio Cervantes 2023". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-11-07.
- ↑ Pardo, B. (7 de novembro de 2023). "Luis Mateo Díez, premio Cervantes 2023". abc.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ Fanjul, Sergio C. (20 de abril de 2023). "Rafael Cadenas, premio Cervantes: “Ojalá los soldados solo se ocuparan del lenguaje”". elpais.com. Consultado o 25 de abril de 2023.
- ↑ Cultura y Deporte (10 de novembro de 2022). "Rafael Cadenas, Premio Cervantes 2022". lamoncloa.gob.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ Marcos, Javier Rodríguez (2021-11-10). "La uruguaya Cristina Peri Rossi, ganadora del Premio Cervantes 2021". El País (en castelán). Consultado o 2021-11-10.
- ↑ Ramón, Esteban (10 de novembro de 2021). "Cristina Peri Rossi, Premio Cervantes 2021". rtve.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ Redacción (16 de novembro de 2020). "El poeta Francisco Brines gana el premio Cervantes 2020". abc.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ "Así recibió la uruguaya Ida Vitale el histórico Premio Cervantes en España" (en castelán). 22 de abril de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ "Sergio Ramirez, primer Premio Cervantes centroamericano" (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ Alemany, Luis (30 de novembro de 2016). "Eduardo Mendoza gana el Premio Cervantes 2016". elmundo.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ Arce, Begoña; Alós, Ernest (30 de novembro de 2016 [actualizado o 1 de decembro de 2016]). "Eduardo Mendoza, Premio Cervantes 2016". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ Redacción (12 de novembro de 2015). "Fernando del Paso, premio Cervantes 2015". abc.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ Ministerio de Cultura e Deporte (12 de novembro de 2015). "Fernando del Paso, galardonado con el Premio Cervantes 2015". culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Ana María Matute, Premio Cervantes 2010, [[La Vanguardia]], 25/11/2010". Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 24/11/2010.
- ↑ ABC, 30 de novembro de 2009 (en castelán)(en castelán)'(en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premio Miguel de Cervantes |