Rafael Sánchez Ferlosio
Rafael Sánchez Ferlosio, nado en Roma (Italia) o 4 de decembro de 1927 e finado en Madrid o 1 de abril de 2019[1], foi un escritor español, Premio Cervantes no 2004 e Premio Nacional das Letras Españolas no 2009. A súa obra máis coñecida é El Jarama (1955), manifestación eminente da estética do realismo.
Rafael Sánchez Ferlosio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de decembro de 1927 |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 1 de abril de 2019 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Soterrado | Cemiterio de La Almudena |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Madrid, Escuela Oficial de Cine e College of San Jose, Villafranca de los Barros |
Ocupación | escritor, ensaísta, lingüista e historiador |
Pai | Rafael Sánchez Mazas |
Cónxuxe | Carmen Martín Gaite |
Fillos | Marta Sánchez Martín |
Irmáns | Miguel Sánchez-Mazas Ferlosio e Chicho Sánchez Ferlosio |
Coñecido por | El Jarama |
Premios | Premio Miguel de Cervantes, Premio Nadal, premio Mariano de Cavia, Premio Francisco Cerecedo, Premio da Crítica de narrativa castelá, Premio Nacional de Ensaio en España, Premio Nacional das Letras Españolas e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo do tamén escritor e correspondente do xornal ABC en Roma Rafael Sánchez Mazas (coñecido falanxista cuxo frustrado fusilamento na Guerra Civil española foi novelado por Javier Cercas en Soldados de Salamina), doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid. Neses anos universitarios conformou xunto con outros escritores novos coma Ignacio Aldecoa ou Carmen Martín Gaite (con quen casou no 1954, divorciándose no 1970), a chamada Xeración do 50 ou Xeración dos nenos da guerra, unidos pola amizade e por unha actitude fortemente politizada.
Desenvolveu tamén unha intensa actividade xornalística, colaborando cos xornais Arriba, ABC, El País e Diario 16.
Sempre salientou polas súas posturas críticas, expresadas con toda claridade, en temas sociais e políticos. Opúxose publicamente á guerra do Golfo e a guerra de Iraq e cualificou as celebracións do quinto centenario do descubrimento de América como "indigno festival".
O 1 de abril de 2019 faleceu en Madrid aos 91 anos de idade.[1]
Obras Editar
- Industrias y andanzas de Alfanhuí (1951).
- El Jarama (1955). Premio Nadal. Premio da Crítica.
- Y el corazón caliente (1961).
- Dientes, pólvora, febrero (1961).
- Las semanas del jardín (1974).
- Mientras no cambien los dioses, nada ha cambiado (1986).
- El testimonio de Yarfoz (1986).
- Campo de Marte (1986).
- La homilía del ratón (1986).
- Vendrán más años malos y nos harán más ciegos (1993). Premio Nacional de Ensaio. Premio Ciudad de Barcelona.
- Esas Yndias equivocadas y malditas (1994).
- El alma y la vergüenza (2000).
- La hija de la guerra y la madre de la patria (2002).
- Non Olet (2003).
- El Geco (2005).
- Glosas castellanas y otros ensayos (2005).
- Sobre la guerra (2007).
- God & Gun. Apuntes de polemología (2008).
- Guapo y sus isótopos (2009).
- Campo de retamas (2015).
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 "Morre Rafael Sánchez Ferlosio aos 91 anos". Faro de Vigo. 1 de abril de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.