Ida Vitale

escritora uruguaia

Ida Vitale, nada en Montevideo o 2 de novembro de 1923, é unha poeta, tradutora, ensaísta, profesora e crítica literaria uruguaia membro do movemento artístico denominado "Xeración do 45" e representante da poesía "esencial". Inscrita na tradición da vangarda histórica Americana, a súa poesía indaga na alquimia da linguaxe e establece un encontro entre unha exacerbada percepción sensorial de raíz simbolista, sempre atenta ao mundo natural, e a cristalización conceptual no seu perfil máis preciso.[1] Recibiu diversos premios, entre eles Premio Octavio Paz (2009) o Premio Alfonso Reyes (2014) o Premio Reina Sofía (2015), o Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca (2016), o Premio Max Jacob (2017) e o Premio Cervantes (2018) que valora "a súa linguaxe, unha das máis recoñecidas en español".[2]

Ida Vitale
Ida Vitale at Texas A&M University.jpg
Nacemento2 de novembro de 1923
 Montevideo
NacionalidadeUruguai
Ocupaciónescritora, crítico literario, mestra, poeta e tradutora
CónxuxeEnrique Fierro e Ángel Rama
FillosClaudio Rama Vitale
PremiosPrémio Rainha Sofia, Alfonso Reyes International Prize, Premio Miguel de Cervantes, Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca, Premio Max Jacob e 100 Mulleres da BBC
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEdit

Forma parte da cuarta xeración de emigrantes italianos en Uruguai, onde se formou no seo dunha familia considerada culta e cosmopolita. Na súa infancia -lembra aos 95 anos- á súa casa chegaban todos os días catro diarios que contiñan as súas respectivas páxinas culturais, nas que era "normal" que se incluísen poemas.

Estudou Humanidades en Uruguai e exerceu a profesión docente. Colaborou no semanario Marcha; entre 1962 e 1964 dirixiu a páxina literaria do diario uruguaio Época. Foi codirectora da revista Clinamen e integrou a dirección da revista Maldoror.

Empuxada pola ditadura cívico-militar de Uruguai (1973-1985) exiliouse a México en 1974 e, tras coñecer a Octavio Paz, este introduciuna no comité asesor da revista Vuelta.[3] Ademais participou na fundación do periódico Uno Más Uno e continuou dedicada ao ensino, impartindo un seminario no Colexio de México. Ampliou a súa obra cultivando o ensaio e a crítica literaria (que exerceu en El País, Marcha, Época, Jaque e, entre outras, nas revistas Clinamen, Asir,  Maldoror, Crisis de Buenos Aires, Eco de Bogotá; Vuelta e Unomásuno, de México; El pez y la serpiente de Nicaragua...) Traduciu libros para o Fondo de Cultura Económica; impartiu conferencias e lecturas, participou en xurados e colaborou en numerosos diarios.

Regresou a Uruguai en 1984 onde dirixiu a páxina cultural do semanario Jaque. "Deixamos México (con Fierro) cando acá volvía a democracia e criamos que era nosa obrigación volver", afirmou Vitale, quen permaneceu só un par de anos en Uruguai e logo volveu emigrar, aínda que esta vez a Estados Unidos.

En 1989 instalouse en Austin (Texas) xunto ao seu segundo marido, o tamén poeta Enrique Fierro, viaxando esporadicamente a Montevideo. Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade da República en 2010. En Texas permaneceu 30 anos ata que en 2016 enviuvou e decidiu regresar a Montevideo onde reside na actualidade.

Obra literariaEdit

Vitale inscríbese na tradición das vangardas históricas latinoamericanas, a súa poesía indaga na alquimia da linguaxe e establece un encontro entre unha exacerbada percepción sensorial de raíz simbolista, sempre atenta ao mundo natural, e a cristalización conceptual no seu perfil máis preciso. É representante da poesía esencial. A súa obra está caracterizada por poemas curtos,  nunha procura do sentido das palabras e un carácter metaliterario. Está considerada integrante da Xeración do 45, con outros escritores uruguaios como Juan Carlos Onetti, Carlos Maggi ou Idea Vilariño, segundo definición do crítico literario Emir Rodríguez Monegal.

Lectora preferente de obras históricas, o seu descubrimento de dúas poetas uruguaias de entre séculos, Delmira Agustini e, en especial, un espírito afín, María Eugenia Vaz Ferreira, así como de Gabriela Mistral inclinouna á poesía lírica, aínda que os seus dous grandes referentes foron José Bergamín, o seu profesor en Montevideo, e Juan Ramón Jiménez, a quen tamén coñeceu en persoa.

Como tradutora traduciu particularmente do francés e do italiano, e entre os autores das súas versións cóntase a Simone de Beauvoir, Benjamin Péret, Gaston Bachelard, Jacques Lafaye, Jules Supervielle, Jean Lacouture Mario Praz e Luigi Pirandello.

Vida persoalEdit

En 1950 casou co crítico literario Ángel Rama e tivo dous fillos, a arquitecta Amparo Rama Vitale  e o economista Claudio Rama Vitale, nacidos en 1951 e 1954 respectivamente. O seu segundo marido foi o tamén poeta Enrique Fierro (1941-2016).

PremiosEdit

ObraEdit

PoesíaEdit

  • La luz de esta memoria (Montevideo, 1949)
  • Palabra dada (Montevideo, 1953)
  • Cada uno en su noche (Montevideo, 1960)
  • Paso a paso (Montevideo, 1963)
  • Oidor andante (Montevideo, 1972)
  • Fieles, (México, 1976 e 1782, antoloxía)
  • Jardín de sílice (Caracas, 1980)
  • Elegías en otoño (México, 1982)
  • Entresaca (México, 1984)
  • Sueños de la constancia (México, FCE, 1988; reúne cinco libros anteriores e o novo que lle dá título).
  • Procura de lo imposible, 1988.
  • Serie del sinsonte, (Montevideo, 1992)
  • Con Enrique Fierro, Paz por dos (1994)
  • Jardines imaginarios (1996)
  • De varia empresa (Caracas, 1998)
  • Un invierno equivocado (México, 1999)
  • La luz de esta memoria (Montevideo: La Galatea, 1999)
  • Reducción del infinito, (Antología y nuevos poemas, Barcelona: Tusquets, 2002)
  • Trema (Valencia: Editorial Pre-Textos, 2005)
  • Con Sarah Pollack, Reason enough (Austin, 2007), antoloxía traducida ao inglés.
  • Mella y criba (Valencia: Editorial Pre-Textos, 2010).
  • Sobrevida (Antología, Granada: Esdrújula Ediciones, 2016).
  • Mínimas de aguanieve (Taller Ditoria, México, 2016)
  • Poesía reunida. Tusquets. ISBN 978-84-9066-417-9. 

Prosa, Crítica e EnsaioEdit

Estudos sobre a súa obraEdit

NotasEdit

Véxase taménEdit

Ligazóns externasEdit