Idea Vilariño
Idea Vilariño Romani, nada en Montevideo o 18 de agosto de 1920 e finada o 28 de abril de 2009, foi unha poeta, tradutora, crítica literaria, compositora e ensaísta, encadrada dentro da chamada Xeración do 45.
Idea Vilariño | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de agosto de 1920 |
Montevideo | |
Falecemento | 28 de abril de 2009 |
Montevideo | |
Nacionalidade | Uruguai |
Ocupación | tradutora, escritora, profesora e crítico literario |
Pai | Leandro Vilariño |
Irmáns | Poema Vilariño e Numen Vilariño |
Premios | Premio José Lezama Lima e Prêmio Konex |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Filla de Leandro Vilariño (1892-1944), un poeta anarquista galego cuxas obras non foron editadas en vida. Exerceu de profesora de literatura nun centro de ensino medio dende 1952 ata o golpe de estado en 1973. Unha vez reinstaurado o sistema democrático, obtivo a Cátedra de Literatura Uruguaia na Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación da Universidade da República.
Estivo entre os fundadores da revista Clinamen e Número, e atopouse entre os colaboradores doutras publicacións, coma Marcha, La Opinión, Brecha, Asir, e Texto crítico.
Froito dunha entrevista realizada en 1997 por Rosario Peyrou e Pablo Rocca, xorde o vídeo "Idea", estreado en maio do 1998.
A súa obra foi traducida a varios idiomas, entre os que están o italiano, alemán e portugués.
ObraEditar
PoesíaEditar
- La suplicante (1945).
- Cielo Cielo (1947).
- Paraíso perdido (1949).
- Por aire sucio (1950).
- Nocturnos (1955).
- Poemas de amor (1957).
- Pobre Mundo (1966).
- Poesía (1970).
- No (1980).
- Canciones (1993).
- Poesía 1945 - 1990 (1994).
- Poesía completa (2002).
EnsaioEditar
- Grupos simétricos en la poesía de Antonio Machado (1951).
- La rima en Herrera y Reissig (1955).
- Grupos simétricos en poesía (1958).
- Las letras de tango (1965).
- El tango cantado (1981).