Literatura do Uruguai

A literatura do Uruguai ten certo selo especial, con influencia europeísta nos seus inicios, foi tomando co tempo unha identidade propia. A poesía nace con Bartolomeu Hidalgo, iniciador da corrente gauchesca e autor dos famosos cielitos. Os románticos áchanse representados na obra de Adolfo Berro e Juan Zorrilla de San Martín.

En 1900 Julio Herrera y Reissig foi o precursor da poesía modernista hispanoamericana. Destácanse nesta época as poetas Juana de Ibarbourou e Delmira Agustini. Entre os líricos destacan Emilio Frugoni e Emilio Oribe. En canto á prosa, cabe destacar a Horacio Quiroga. Entre os valores con produción actual, sobresaen Juan Carlos Onetti, Carlos Martínez Moreno, Eduardo Galeano, Mario Benedetti e Jorge Majfud. No teatro destacan Florencio Sánchez e Jacobo Langsner.

Principais escritores

editar