María Eugenia Vaz Ferreira
escritora uruguaia
María Eugenia Vaz Ferreira, nada en Montevideo o 13 de xullo de 1875 e finada na mesma cidade o 20 de maio de 1924, foi unha profesora e poetisa uruguaia.
María Eugenia Vaz Ferreira | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Maria Eugenia |
Nacemento | 13 de xullo de 1875 |
Lugar de nacemento | Montevideo |
Falecemento | 20 de maio de 1924 |
Lugar de falecemento | Montevideo |
Nacionalidade | Uruguai |
Ocupación | mestra, escritora, poeta e compositora |
Irmáns | Carlos Vaz Ferreira |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Foi a irmá máis nova do filósofo Carlos Vaz Ferreira e contemporánea doutros poetas como Delmira Agustini e Julio Herrera y Reissig. Tivo unha saúda precaria, falecendo antes de cumprir 49 anos, e antes de ver publicada a súa obra. Os dous volumes La isla de los canticos e La otra isla de los canticos foron publicados polo seu irmán Carlos.
María foi unha poeta metafísica, escribiu poemas que falan da paixón, da morte, da esperanza, e dos misterios do amor e da existencia.
Obras editar
- Canto verbal
- El ataúd flotante
- Elegía crepuscular
- Hacia la noche
- Heroica
- Historia póstuma
- Holocausto
- Invocación
- La estrella misteriosa
- La rima vacua
- Las quimeras
- Oda a la belleza
- Regreso
- Tu rosa y mi corazón
- Vaso furtivo
- Voz del retorno
Compilacións póstumas editar
- La isla de los canticos, 1924
- La otra isla de los canticos. Prólogo de Emilio Oribe, Impresora Uruguaya. Montevideo. 1959
Bibliografía editar
Antología de Poetisas Americanas, Juan Parra del Riego, Montevideo, 1923, páxinas 7-25.