Paixón
emoción
Paixón (do verbo latino patior, que significa sufrir, e que tamén tiña relación con compatíbel) é unha emoción. Aplícase a un sentimento moi forte sobre unha persoa, cousa, causa ou proxecto. Paixón é unha emoción intensa que impón sentimento, entusiasmo, ou desexo por algo. É así mesmo unha forma impetuosa e viva de actuación.