Luigi Pirandello

dramaturgo, novelista e escritor de relatos curtos italiano

Luigi Pirandello, nado en Agrigento (Sicilia) o 28 de xuño de 1867 e finado en Roma o 10 de decembro de 1936, foi un recoñecido dramaturgo, novelista e escritor de relatos curtos italiano, gañador en 1934 do Premio Nobel de Literatura.

Infotaula de personaLuigi Pirandello

Luigi Pirandello
Nome orixinal(it) Luigi Pirandello Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1867
Xaos, Sicilia
Morte10 de decembro de 1936
Roma
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , novelista , guionista , poeta , escritor , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1893 Editar o valor em Wikidata - 1936 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoTeatro
Novela
Conto
LinguaLingua alemá e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaria Antonietta Portulano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosFausto Pirandello, Stefano Pirandello (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webpirandelloweb.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0685063 Allocine: 35484 Allmovie: p218245 IBDB: 7439
Facebook: PirandelloScrittore Bitraga: 329 Dialnet: 338315 Musicbrainz: 7024cf30-8a44-4456-bcf5-3dae7ef40ffb Discogs: 2652329 Find a Grave: 21972 Editar o valor em Wikidata


Busto de Pirandello nun parque público de Palermo.

Traxectoria editar

Naceu en Villaseta de Càvusu, chamada actualmente Xaos (en todo caso a etimoloxía de tal lugar, segundo o mesmo Pirandello, derivaría da palabra grega Kaos). No século XX Càvusu/Xaos transformouse nunha "contrada" ou suburbio da cidade siciliana de Agrigento, motivo polo que é frecuente que en moitos textos se dea como lugar de nacemento a cidade de Agrigento, e mesmo a cidade veciña de Porto Empedocle.

Luigi Pirandello era fillo de Caterina Ricci-Gramitto e de Stefano Pirandello, comerciante garibaldino de clase media pero de ascendencia ilustre, investidor na industria do sulfuro. Tanto os Pirandello como os Ricci-Gramitto eran fortemente antiborbónicos e participaban activamente no movemento "Il Risorgimento", destinado á unificación democrática de Italia. Stefano chegou a participar na famosa aventura dos Mil, seguindo a Garibaldi á batalla de Aspromonte mentres Caterina, que apenas contaba con trece anos, debeu emigrar xunto co seu pai a Malta onde fora enviado ao exilio pola monarquía borbónica reinante.

Dos sentimentos de decepción que os seus pais (especialmente Caterina) acuñaron tras o establecemento da unificación e a súa posterior e traumática realidade, Pirandello extraería boa parte da atmosfera emocional que caracterizaría os seus escritos, especialmente a novela I Vecchi e I Giovani ("Os vellos e os novos"). É tamén posible que a sensación de traizón e resentimento inculcara no mozo Luigi a desproporción entre ideais e realidade que explica no seu ensaio L'Umorismo ("O humorismo").

Como moitos nenos acomodados da época, Pirandello recibiu a súa educación básica no seu propio fogar. Quedou fascinado polas fábulas e lendas de ton máxico que a súa titora Maria Stella adoitaba narrarlle. Á precoz idade de doce anos escribiu a súa primeira traxedia. A insistencia do seu pai inscribiuse nunha escola técnica, educación que complementou co estudo de humanidades, polas que sentía moita maior afinidade.

 
Luigi Pirandello.

A súa infancia transcorreu entre Girgenti (actual Agrigento, cambiado por Mussolini), e Porto Empedocle á beira do mar. Logo de ser vítimas de manobras fraudulentas, a familia trasladouse a Palermo en 1880. Foi en Palermo onde rematou o liceo, enfrascouse na lectura de poesía italiana do século XIX, especialmente de escritores como Giosuè Carducci e Graf, empezou a escribir os seus primeiros poemas e namorouse da súa curmá Lina. Durante este período comenzan os primeiros signos do serio contraste que o separaría do seu pai, cando Luigi encontrou certa correspondencia que insinuaba a existencia dunha relación extramarital por parte de Stefano. Pirandello comezou a achegarse emocionalmente á súa nai, relación que se transformaría nunha verdadeira veneración que tería o seu punto cume, tras a morte de Caterina, nas profundas páxinas da novela Colloqui con i personaggi de 1915.

O seu amor por súa curmá, inicialmente visto con desagrado, foi de pronto tomado con gran seriedade pola familia de Lina, que demandou que Luigi abandonara os seus estudos para dedicarse de cheo á administración dos investimentos familiares no negocio do xofre, co fin de que puideran casar prontamente. En 1886, durante unhas vacacións, Luigi visitou as minas de xofre de Porto Empedocle e comezou a traballar co seu pai: esta experiencia resultou esencial para a súa obra, e as súas impresións reflectiríanse en relatos como Il Fumo e Ciàula scopre la Luna.

O casamento, que parecía inminente, foi posposto e Pirandello inscribiuse na Universidade de Palermo nos departamentos de Leis e Letras. No campus da universidade cultivou amizade de mozos ideólogos como Enrico La Loggia, Giusseppe De Felice Giuffrida e Francesco De Luca.

De alí pasou en 1887 á Universidade de Roma, onde protagonizou un serio incidente cun profesor, feito polo que se viu obrigado a abandonar a Casa de Estudos. Trasladouse a Bonn, onde se doutorou o 21 de marzo de 1891 cunha tese en alemán que versa sobre a lingua siciliana. Pouco despois, regresou a Italia.

O 27 de xaneiro de 1894 en Girgenti contrae matrimonio con María Antonietta Portulano.

Desde 1897 ensinou literatura italiana no Instituto Superior de Maxisterio. Un cataclismo provoca danos irreparables na mina de xofre na que o seu pai tiña investidos os seus bens e o dote de Maria Antonietta, o que lle causou graves dificultades económicas e unha forte depresión. Publicou en 1904 a súa novela Il Fu Mattia Pascal, posiblemente baseada nesa traumática experiencia, que se constituíu nun enorme éxito, sendo traducida rapidamente a varios idiomas.

O seu acercamento ao partido fascista nos anos vinte foi un feito estraño, aínda que non pode desligarse da súa proximidade a certa vangarda italiana. Pero pediu a entrada directamente a Mussolini, tras o asasinato de Giacomo Matteotti en 1924, e apoiou ao mandatario por ese feito. Todo iso causou unha grande desilusión entre os seus lectores e na cidadanía italiana; para algúns foi un xeito de ir contra a corrente intelectual, pero o certo é que o Réxime nomeouno presidente da Accademia italiana de nova fundación, o cal, iso si, afastouno desa compañía política. E se ben logrou tanto o premio Nobel en 1934 como o recoñecemento do seu valor como novelista e autor teatral, ese xesto de 1924 non deixa de lixar a súa imaxe. Queda o recordo do seu individualismo total, do seu enterro ascético nunha humilde caixa, da súa orixinal literatura, especialmente dos relatos e as pezas teatrais.

Obra editar

Teatro editar

Narrativa editar

Poesía editar

Luigi Pirandello foi tamén poeta, e publicou de cinco libros de poesía na súa vida:

  • Mal Giocondo
  • Pasqua di Gea
  • Elegie Renane
  • La Zampogna
  • Fiore di Chiave (1912)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • L. Sciascia, Pirandello e la Sicilia, Caltanisseta, 1953.
  • E. Boschiggia, Guía para la lectura de Pirandello, O. Mondadori, 1986.