Ángel Rama

escritor uruguaio

Ángel Antonio Rama Facal, nado en Montevideo o 30 de abril de 1926 e finado en Madrid o 27 de novembro de 1983, foi un escritor uruguaio considerado un dos principais ensaístas e críticos latinoamericanos.

Modelo:BiografíaÁngel Rama
Biografía
Nacemento(es) Ángel Antonio Rama Facal Editar o valor en Wikidata
30 de abril de 1926 Editar o valor en Wikidata
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1983 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Mejorada del Campo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente ou incidente de aviación Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, romanista, crítico literario, profesor universitario, actor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIda Vitale Editar o valor en Wikidata
FillosClaudio Rama Vitale Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos Manuel Rama Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1074239

Traxectoria

editar

Era o segundo fillo dunha parella de emigrantes galegos, Manuel Rama e Carolina Facal, naturais de Cores (Ponteceso) e Traba (Coristanco), respectivamente.[1]. O seu pai abandonou España para evitar o servizo militar.[2] O seu irmán máis vello foi o historiador, sociólogo, avogado, xornalista e profesor Carlos Manuel Rama.

A súa obra refírese a literatura proveniente de practicamente todas as rexións do continente americano así como de diferentes períodos históricos. "En ese sentido [...] pensó e imaginó la cultura de los países latinoamericanos como una totalidad."[3] Rama foi membro da chamada «Generación del 45» o «Generación Crítica».[4] Tres dos seus libros de crítica literaria máis importantes son Rubén Darío y el modernismo (1970), Transculturación narrativa en América Latina (1982), e La ciudad letrada (1984).

Faleceu xunto á súa esposa Marta no accidente do Voo 011 de Avianca, cando se dirixía ao Primeiro Encontro da Cultura Hispanoamericana en Bogotá. No accidente, acontecido no Aeroporto de Madrid-Barajas faleceron tamén os escritores Jorge Ibargüengoitia e Manuel Scorza, e a pianista catalá Rosa Sabater.[1]

  1. 1,0 1,1 Rial, S. G. (20 de agosto de 2013). "Ángel Rama y Marta Traba, víctimas del vuelo 011 de Avianca". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2021. 
  2. Peyrou 39
  3. Achugar, "Prólogo".
  4. Migdal, "Ángel Rama, Un Uruguayo Renacentista".

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Achugar, Hugo. "Prólogo" a La ciudad letrada. Ediciones del Norte, 1984.
  • Peyrou, Rosario (ed). Ángel Rama: explorador de la cultura. Montevideo: Centro Cultural de España en Montevideo, 2010.

Ligazóns externas

editar