Marta Traba

crítica de arte e académica colombiana-arxentina de ascendencia galega

Marta Traba Taín, nada en Buenos Aires o 25 de xaneiro de 1930 e finada en Madrid o 27 de novembro de 1983, foi unha crítica de arte e escritora arxentino - colombiana, de orixe galega, coñecida polas súas importantes contribucións ao estudo da arte latinoamericana.

Infotaula de personaMarta Traba

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Marta Traba Taín Editar o valor em Wikidata
25 de xaneiro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte27 de novembro de 1983 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Mejorada del Campo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Buenos Aires (en) Traducir
Universidade Nacional de Colombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional e crítica de arte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEscritora, crítica de arte
EmpregadorUniversidade Central de Venezuela
Universidad de Puerto Rico en Arecibo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlberto Zalamea Costa
Ángel Rama
FillosGustavo Zalamea (en) Traducir
 () Alberto Zalamea Costa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
27 de novembro de 1983Voo 011 de Avianca Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Os seus pais eran os inmigrantes galegos Francisco Traba, xornalista, e Marta Taín. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Buenos Aires. Durante os seus anos de estudante traballou na revista Ver y Estimar, dirixida polo crítico de arte Jorge Romero Brest. Foi unha das pioneiras na actitude crítica da arte colombiana e latinoamericana.

De 1949 a 1950 estudou Historia da Arte na Sorbona de París e logo na Universidade dos Andes e na Universidade Nacional de Colombia, en Bogotá, onde obtivo a cátedra de Historia da Arte. O seu primeiro marido foi o xornalista Alberto Zalamea. Tamén colaborou con programas de arte na nova Televisión Nacional de Panamá e en emisoras culturais como HJCK . As súas columnas na revista Semana e no xornal El Tiempo enriqueceron a discusión sobre o futuro artístico de Colombia, participando nas principais polémicas dos anos sesenta: o realismo socialista contra o expresionismo abstracto, o nacionalismo fronte ao internacionalismo e a arte figurativa contra a abstracta.[1]

Fundou Museo de Arte Moderna de Bogotá na Universidade dos Andes, onde tamén impartía clases.[2] En 1968, durante o goberno de Carlos Lleras Restrepo, os militares ocuparon a Universidade Nacional de Colombia e expulsaron a Marta Traba do país. Como exiliada, viviu en Montevideo, Caracas, San Xoán de Porto Rico, Washington, Princeton, Barcelona e París, xunto co seu segundo marido, o crítico literario uruguaio Ángel Rama. Con todo, en 1982 conseguiu a nacionalidade colombiana.[3]

En 1958 publicou El museo vacío, un ensaio sobre estética onde analizou o pensamento de Benedetto Croce e Wilhelm Worringer. Tamén publicou varios ensaios sobre a historia e a crítica da arte en América Latina: La pintura nueva en Latinoamérica (1961), Dos décadas vulnerables en las artes plásticas latinoamericanas (1950-1970) (1973), Arte de América Latina 1900- 1980 . Analizou a obra de varios artistas latinoamericanos, entre eles Alejandro Obregón, Fernando Botero, Leopoldo Richter, Guillermo Wiedemann, Eduardo Ramírez, Samuel Montealegre, Edgar Negret, Feliza Bursztyn e Antonio Roda. Tamén estudou o mundo da arte pop e da arte conceptual.[3]

Faleceu o 27 de novembro de 1983 no voo 011 de Avianca, cando o Boeing 747 no que viaxaba se estrelou antes de aterrar no Aeroporto de Madrid-Barajas. Viaxaba a Colombia para asistir ao "Primeiro Encontro de Cultura Hispanoamericana", invitados polo presidente Belisario Betancur.[4] No mesmo accidente morreron tamén o seu marido Ángel Rama, o escritor mexicano Jorge Ibargüengoitia, o escritor peruano Manuel Scorza e a pianista española Rosa Sabater entre outros.

Obras editar

  • Historia Natural de la alegría. Buenos Aires: Editorial Losada, 1952 (poesía).
  • El museo vacío. 1958
  • Arte en Colombia. 1960
  • Seis artistas contemporáneos colombianos. 1963
  • Los cuatro monstruos cardinales. 1965
  • Las ceremonias del verano. Prólogo de Mario Benedetti. La Habana: Casa de las Américas, 1966. 2.ª edición: Buenos Aires: Jorge Álvarez, 1966. 3.ª edición: Barcelona: Montesinos Editor, 1981. Premio de Literatura da Casa das Américas de novela, Cuba.
  • Los laberintos insolados. Barcelona: Seix Barral, 1967 (novela).
  • Pasó así. Montevideo: Ed. Arca, 1968 (contos).
  • La Jugada del día sexto. Santiago de Chile: Edit. Universitaria, 1969 (novela).
  • Dos décadas vulnerables en las artes plásticas latinoamericanas (1950-1970). México, 1973.
  • Mirar En Caracas. Caracas: Monte Ávila Editores, 1974.
  • Mirar en Bogotá. 1976
  • Homérica Latina. Bogotá: Carlos Valencia Editores, 1979 (novela).
  • Conversación al sur. México: Siglo XXI, 1981
  • Historia abierta del arte colombiano. Santiago de Cali: Colcultura, 1984 [1968] (Historia crítica da arte).
  • En cualquier lugar. Bogotá: Siglo XXI, 1984 (novela).
  • Museo de arte moderno. Bogotá: Planeta, 1984.
  • De la mañana a la noche. Montevideo: Monte SEXTO, 1986 (contos).
  • Casa sin fin. Montevideo: Monte Sexto, 1987.
  • Arte de América Latina 1900-1980.

Libros sobre Marta Traba editar

  • Marta Traba: una terquedad furibunda, Victoria Verlichak, 2001.
  • En blanco y negro, Marta Traba en la televisión colombiana, 1954-1958, Nicolás Gómez Echeverri, 2008.
  • El programa cultural y político de Marta Traba. Relecturas, varios autores, 2010.
  • Marta Traba en circulación, Florencia Bazzano Nelson, 2010.
  • Homérica latina: arte, ciudades, lenguajes y conflictos en América Latina, Rubén Darío Flórez Arcila, 2011.
  • Mínimas huellas luminosas, Gustavo Zalamea, 2011.
  • Marta Traba en facsímil, Fernando Zalamea, 2014.

Notas editar

  1. Beatriz González, Marta Traba en Pensamiento colombiano del siglo XX, Tomo 1, Santiago Castro, Alberto Flórez, Guillermo Hoyos, Carmen Millán, eds. Universidad Javeriana, ed. Bogotá, 2007.
  2. "Historia del Museo de Arte Moderno de Bogotá (MAMBO)". mambogota.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2011. Consultado o 9 de maio de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Escallón, Ana María. "Marta Traba: Crítica de Arte ingeniosa, punzante y conocedora". latinartmuseum.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 9 de maio de 2021. 
  4. Rial, S. G. (20 de agosto de 2013). "Ángel Rama y Marta Traba, víctimas del vuelo 011 de Avianca". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar