Abrir o menú principal

Cores, Ponteceso

parroquia do concello de Ponteceso

Coordenadas: 43°17′00″N 8°51′59″O / 43.28333, -8.86639

San Martiño de Cores é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2011 tiña 589 habitantes (290 mulleres e 299 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 746 habitantes.

Cores
Igrexa e cruceiro de San Martiño de Cores.jpg
Igrexa e cruceiro de Cores.
ConcelloPonteceso
Poboación589 hab. (2011)
Entidades de poboación13

Índice

PatrimonioEditar

A igrexa de San Martiño de Cores é unha construción do século XIII remodelada no século XVIII. A planta é de cruz latina con dúas capelas cubertas por bóvedas de canón, con arcos faixóns. O presbiterio está cuberto por unha bóveda de forno. A fachada é de estilo barroco, cunha porta alintelada, sobre ela unha fornela co santo, un van cadrado e unha torre campanario que destaca sobre a construción. Sobre a bóveda da sancristía descubriuse un ara romana invertida.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar