Pazos, Ponteceso
San Salvador de Pazos é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 392 habitantes dos que 193 eran homes e 199 eran mulleres. Isto supón un descenso respecto ao 2004, cando tiña 514 habitantes (258 mulleres e 256 homes), e respecto a 1999, cando tiña 549 habitantes.
Pazos | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Ponteceso[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°15′39″N 8°49′05″O / 43.26078914, -8.81806096 |
Área | 5,1 km² |
Poboación | 392 hab. (2018) |
Densidade | 76,86 hab./km² |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarO pazo de Rebordáns foi fundado en 1643 por Julián Rodríguez de Añón, segundo unha inscrición nun lintel dunha porta. Na parte traseira da vivenda hai outra inscrición co texto año 1658.
A planta tiña forma de "L", pero foi alterado polos actuais propietarios para adaptalo a fins rurais, engadíndolle outro corpo perpendicular. As fachadas tamén sufriron diversas e desafortunadas intervencións e nelas poden aparecer nun mesmo plano a cachotaría e a cantaría, zonas recebadas máis o ladrillo, cunha falta evidente de criterio. A cuberta é a dúas augas e a catro augas de tella curva, tendo dous pináculos coroando os cumes.
Lugares e parroquias
editarLugares de Pazos
editarLugares da parroquia de Pazos no concello de Ponteceso (A Coruña) | |
---|---|
Ameixenda | As Casas do Monte | O Frade | Pazos de Abaixo | Pazos de Arriba | O Petón | Rebordáns | As Salgueiras | O Vimieiro |