Carlos Drummond de Andrade
Carlos Drummond de Andrade, nado en Itabira, Minas Xerais, o 31 de outubro de 1902 e finado na cidade do Río de Xaneiro o 17 de decembro de 1987 ós 84 anos, foi un dos principais poetas e escritores brasileiros (e tamén de toda a lingua portuguesa) do século XX.[1] Diversas das súas poesías modernistas foron traducidas a linguas como o francés, inglés, o castelán, o alemán etc.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1902 Itabira, Brasil (pt) |
Morte | 17 de agosto de 1987 (84 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Educación | Universidade Federal de Minas Gerais |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor de literatura infantil, novelista, escritor de contos, guionista, xornalista, escritor, farmacéutico |
Movemento | Modernismo no Brasil (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Dolores Dutra de Morais |
Fillos | Maria Julieta Drummond de Andrade |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | carlosdrummond.com.br |
Biografía
editarDrummond naceu na cidade de Itabira, en Minas Xerais. A súa memoria desa cidade viría a permear parte da súa obra. Os seus antepasados, tanto do lado materno como paterno, pertencen a familias de moito tempo estabelecidas no Brasil.[2][3] Posteriormente, foi estudar no Colexio Arnaldo, en Belo Horizonte, e no Colexio Anchieta, dos jesuítas, en Nova Friburgo.[4] Licenciado en farmacia pola Universidade Federal de Minas Xerais,[5] con Emílio Moura e outros compañeiros, fundou "A Revista", para divulgar o modernismo no Brasil.[6]
En 1925, casou con Dolores Dutra de Morais, con quen tivo dous fillos, Carlos Flávio, que viviu só media hora[7] (e a quen está dedicado o poema "O que viviu media hora", presente en Poesia completa, Ed. Nova Aguilar, 2002), e Maria Julieta Drummond de Andrade.
O mesmo ano en que publica a primeira obra poética, Alguma poesia (1930), o seu poema Sentimental é declamado na conferencia "Poesia Moderníssima do Brasil", feita no curso de vacacións da Facultade de Letras da Universidade de Coímbra, polo profesor da Cadeira de Estudos Brasileiros, Dr. Manoel de Souza Pito, no contexto da política de difusión da literatura brasileira nas Universidades Portuguesas. Existe colaboración da súa autoría no semanario Mundo Literario[8] (1946-1948) e na revista luso-brasileira Atlântico[9]. Durante a maior parte da vida, Drummond foi funcionario público, aínda que comezase a escribir cedo e proseguise escribindo até o seu falecemento, que se deu en 1987 no Río de Xaneiro, doce días tras a morte da súa filla.[10] Alén de poesía, produciu libros infantís, contos e crónicas. A súa morte ocorreu por infarto do miocardio e insuficiencia respiratoria.[11]
En 1987, meses antes da súa morte, a escola de samba Mangueira homenaxeouno no Entroido co enredo "O Reino das Palabras", sendo campión do Entroido Carioca aquel ano.
Drummond e o Modernismo Brasileiro
editarDrummond, como os modernistas,[12] proclama a liberdade das palabras, unha liberación do idioma, que autoriza modelar a poesía á marxe das convencións da gramática. Segue a liberación proposta polo tamén escritor modernista Mário de Andrade.
Coa institución do verso libre, acentúase a liberación do ritmo da poesía, e mostra que este ritmo non depende dunha métrica padrón. Se dividirmos o Modernismo en dúas vertentes, unha máis lírica e subxectiva, e outra máis obxectiva e concreta, Drummond faría parte da primeira, ó lado do propio Mário de Andrade. Porén, é importante notar que a poesía de Drummond está por encima dos modismos literarios, e permanece ata hoxe bastante actual.
Poetas estranxeiros, como Elizabeth Bishop, Mark Strand e Lloyd Schwartz, traduciron diversas das súas obras ó inglés, e demostraron admiración ó seu traballo.
Obra
editarPoesía
editar- Alguma Poesia (1930)
- Brejo das Almas (1934)
- Sentimento do Mundo (1940)
- José (1942)
- A Rosa do Povo (1945)
- Novos Poemas (1948)
- Claro Enigma (1951)
- Fazendeiro do Ar (1954)
- Viola de Bolso (1955)
- A Vida Passada a Limpo (1959)
- Lição de Coisas (1962)
- Versiprosa (1967)
- Boitempo (1968)
- A Falta que Ama (1968)
- Nudez (1968)
- As Impurezas do Branco (1973)
- Menino Antigo (Boitempo II) (1973)
- A Visita (1977)
- Discurso de Primavera e Algumas Sombras (1977)
- O marginal Clorindo Gato (1978)
- Esquecer para Lembrar (Boitempo III) (1979)
- A Paixão Medida (1980)
- Caso do Vestido (1983)
- Corpo (1984)
- Eu, Etiqueta (1984)
- Amar se Aprende Amando (1985)
- Poesia Errante (1988)
- O Amor Natural (1992)
- Farewell (1996)
- Os Ombros Suportam o Mundo (1935)
- Futebol a Arte (1970)
- Naróta do Coxordão (1971)
- Da Utilidade dos Animais
- Elegia (1938)
Antoloxías poéticas
editar- Poesia até Agora (1948)
- A Última Pedra no meu Caminho (1950)
- 50 Poemas Escolhidos pelo Autor (1956)
- Antologia Poética (1962)
- Seleta em Prosa e Verso (1971)
- Amor, Amores (1975)
- Carmina Drummondiana (1982)
- Boitempo I e Boitempo II (1987)
- Minha Morte (1987)
Literatura infantil
editar- O Elefante (1983)
- História de Dois Amores (1985)
- O Pintinho (1988)
- Rick e a Girafa
Prosa
editar- Confissões de Minas (1944)
- Contos de Aprendiz (1951)
- Passeios na Ilha (1952)
- Fala, Amendoeira (1957)
- A Bolsa & a Vida (1962)
- A Minha Vida (1964)
- Cadeira de Balanço (1966)
- Caminhos de João Brandão (1970)
- O Poder Ultrajovem e mais 79 Textos em Prosa e Verso (1972)
- De Notícias & Não-notícias Faz-se a Crônica (1974)
- 70 Historinhas (1978)
- Contos Plausíveis (1981)
- Boca de Luar (1984)
- O Observador no Escritório (1985)
- Tempo Vida Poesia (1986)
- Moça Deitada na Grama (1987)
- O Avesso das Coisas (1988)
- Auto-retrato e Outras Crônicas (1989)
- As Histórias das Muralhas (1989)
Representacións na cultura
editarDrummond xa foi retratado como personaxe no cinema e na televisión, interpretado por Carlos Gregório e Pedro Lito no filme Poeta de Sete Faces (2002)[13] e Ivan Fernandes na miniserie JK (2006).
Tamén tivo a súa efixie impresa nos billetes de NCz$ 50,00 (cincuenta cruzados novos) en circulación no Brasil entre 1988 e 1990.
Hai representacións en Esculturas do Escritor, como é o caso das estatuas 'Dois poetas', na cidade de Porto Alegre, e tamén 'O Pensador', na praia de Copacabana no Río de Xaneiro, alén dun memorial na súa homenaxe na cidade de Itabira.
Notas
editar- ↑ "Carlos Drummond de Andrade". educacao.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Entrada de Estoque". www.usinadeletras.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Diário de Notícias". www.dn.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2020. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Carlos Drummond de Andrade". www.projetomemoria.art.br. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "UFMG". www.ufmg.br (en portugués). Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Carlos Drummond de Andrade". www.projetomemoria.art.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ Andrade, Carlos Drummond de; Santiago, Silviano; Frota, Lélia Coelho; Andrade, Mário de (2002). Carlos & Mário: correspondência completa entre Carlos Drummond de Andrade (inédita) e Mário de Andrade (en portugués). Bem-Te-Vi.
- ↑ "Mundo Literario" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt.
- ↑ "hemerotecadigital.cm-lisboa.pt" (PDF). Atlântico.
- ↑ "Biografia não-autorizada diz que Evo é um sedutor, acreditem… Reinaldo Azevedo". VEJA (en portugués). Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Morre Carlos Drummond de Andrade". Opinião e Notícia (en portugués). 2019-08-17. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Poesia na Segunda Geração do Modernismo". Mundo Educação (en portugués). Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Carlos Drummond de Andrade". www.projetomemoria.art.br. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26.