Elizabeth Bishop

poetisa estadounidense

Elizabeth Bishop, nada en Worcester (Massachusetts) o 8 de febreiro de 1911 e finada en Boston o 6 de outubro de 1979, foi unha poeta estadounidense, distinguida como poeta laureada dos Estados Unidos (1949-1950) e Premio Pulitzer de poesía en 1956.

Infotaula de personaElizabeth Bishop

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Worcester, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1979 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Aneurisma cerebral (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHope Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBoston (–1979)
Brasil (1951–1966)
México
Worcester
Key West (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Canadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónVassar College (pt) Traducir - literatura inglesa (1929–1934)
Walnut Hill School (en) Traducir
Saugus High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e ensaio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , profesora universitaria , tradutora , escritora , ensaísta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade de Washington Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
ParellaLota de Macedo Soares (pt) Traducir
Louise Crane Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 63ee9775-1b9d-4a0f-861e-7cba49f0548d WikiTree: Bishop-5099 Find a Grave: 6662473 Editar o valor em Wikidata

Trayectoria editar

Infancia e mocidade editar

Despois de que o seu pai falecese cando ela tiña só oito meses de idade, a nai da poeta sufriu unha doenza mental e foi enviada a unha residencia psiquiátrica en 1916. Aínda que a nai de Bishop viviu ata 1934 nun asilo, nunca máis volveron verse. Orfa na práctica, Bishop viviu cos seus avós en Nova Escocia, un período que posteriormente idealizou nos seus poemarios.[1]

Anos máis tarde foi internada en Walnut Hill School en Natick, Massachusetts, onde publicou os seus primeiros poemas nunha revista de estudantes grazas ao seu amigo Frani Blough.[2] Matriculouse en Vassar College no outono de 1929, xusto antes do colapso bolsista. En 1933 fundou Con Spirito, unha revista literaria independente xunto coa escritora Mary McCarthy, Margaret Miller, e as súas irmás Eunice e Eleanor Clark.[3]

Escritora editar

A escritura de Bishop estivo fortemente influída pola poeta Marianne Moore.[4] Foi presentada a Marianne por un bibliotecario de Vassar en 1934. Moore interesouse moito polo traballo de Bishop e chegouna a disuadir de estudar medicina na Cornell Medical School, onde a poeta se matriculara tras mudarse a Nova York logo da súa graduación. Foi catro anos antes de que Bishop se dirixise á "Querida señora Moore" como "Querida Marianne", e só porque así llo dixo Moore. A amizada entre as dúas mulleres durou ata a morte de Moore en 1972. O libro de Bishop At the Fishhouses (1955) contén varias alusións ao poema de Moore "A Grave."[5]

Bishop viaxou moito e viviu en diferentes cidades e países, moitos dos cales están descritos nos seus poemas. Viviu en Francia durante varios anos na metada da década de 1930, grazas en parte ao padroado dunha amiga da universidade, Louise Crane. En 1938 Bishop comprou unha casa con Crane no 624 de White Street, en Key West, Florida. Mentres vivía alí, Bishop fíxose amiga de Pauline Pfeiffer Hemingway, quen se divorciara de Ernest Hemingway en 1940.

Foi presentada a Robert Lowell por Randall Jarrell en 1947 e escribiu o poema "Visits to St. Elizabeth's" en 1950 como lembranza das súas visitas a Ezra Pound. Tamén coñeceu a James Merrill en 1947, e fíxose amiga súa nos últimos anos.

En 1946, Marianne Moore presentou persoalmente a Bishop para o premio Houghton Mifflin de poesía, que finalmente gañou. O seu primeiro libro, North & South, foi publicado con mil exemplares; Randall Jarrell escribiu sobre el que "todos os seus poemas foron escritos dende o máis fondo, vino". Bishop, que tivo problemas financeiros ao longo de case toda a súa carreira, cada vez se mantiña máis grazas á concesión de bolsas e premios. Tras recibir a importante cantidade de 2500 dólares como bolsa para viaxes do Bryn Mawr College en 1951, Bishop partiu a circunnavegar Suramérica en barco. Chegou a Santos, Brasil en novembro dese ano. Bishop pensaba estar dúas semanas, mais permaneceu quince anos.

Mentres vivía no Brasil, recibiu o premio Pulitzer en 1956 polo seu libro North & South — A Cold Spring, que agrupaba varios poemarios. Posteriormente recibiu o National Book Award e o National Book Critics Circle Award, así como dúas bolsas da Fundación Solomon R. Guggenheim e outra da Ingram Merrill Foundation. En 1976, converteuse na primeira muller que recibiu o premio internacional de literatura de Neustadt. Con frecuencia Bishop escribía artigos para The New Yorker, e en 1964 escribiu o obituario de Flannery O'Connor en The New York Review of Books.

Bishop foi conferenciante de universidades durante moitos anos. Durante un curto período de tempo foi profesora da Universidade de Washington, antes de selo na Universidade Harvard durante sete anos. Tamén ensinou na Universidade de Nova York antes de acabar no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Adoitaba pasar os veráns na súa casa da illa de North Haven, en Maine.

Tradutora editar

Durante a súa estadía no Brasil, Bishop comezou a interesarse polas linguas e literaturas de Latinoamérica. Co tempo traduciu moitos poetas ao inglés, entre os que destacan Octavio Paz, João Cabral de Melo Neto e Carlos Drummond de Andrade, de quen dixo:

Non o coñecía de nada. Supúñase que el era moi tímido. Eu tamén son moi tímida. Atopámonos unha vez, unha noite nunha beirarrúa, saíramos do mesmo restaurante, e bicou a miña man educadamente cando nos presentaron.[6]

Falecemento editar

Bishop faleceu dunha hemorraxia cerebral na súa casa de Lewis Wharf, Boston. Foi enterrada na súa cidade natal, Worcester, Massachusetts.

Vida privada editar

Bishop converteuse nunha icona como poetisa lesbiana. Tivo dúas relacións estables, a primeira coa arquitecta brasileira Lota de Macedo Soares.[7][8][9] Soares pertencía a unha familia importante económica e politicamente e as dúas viviron xuntas durante un período de quince anos. Porén, nos últimos anos da súa relación, esta deteriorouse por mor da depresión e o alcoholismo. Bishop tivo unha relación con outra muller e finalmente deixou a Lota e volveu aos Estados Unidos. Soares, afectada por unha profunda depresión, seguiuna e suicidouse en 1967.[10]

A outra gran relación de Bishop foi con Alice Methfessel, a quen coñeceu en 1971. Methfessel converteuse na súa parella e trala morte de Bishop, herdou os dereitos literarios da súa obra.[11]

Obra editar

Poesía editar

  • North & South (Houghton Mifflin, 1946)
  • A Cold Spring|Poems: North & South — A Cold Spring (Houghton Mifflin, 1955)
  • A Cold Spring (Houghton Mifflin, 1956)
  • Questions of Travel (Farrar, Straus, and Giroux, 1965)
  • The Complete Poems (Farrar, Straus, and Giroux, 1969)
  • Geography III, (Farrar, Straus, and Giroux, 1976)
  • The Complete Poems: 1927-1979 (Farrar, Straus, and Giroux, 1983)
  • Edgar Allan Poe & The Juke-Box: Uncollected Poems, Drafts, and Fragments, editado e con apuntamentos de Alice Quinn, (Farrar, Straus, and Giroux, 2006)[12]

Outros traballos editar

  • The Diary of "Helena Morley," de Alice Brant, traducido e con introdución de Elizabeth Bishop (Farrar, Straus, and Cudahy, 1957)
  • "Three Stories by Clarice Lispector," Kenyon Review 26 (verán de 1964): 500-511.
  • The Ballad of the Burglar of Babylon (Farrar, Straus, and Giroux, 1968)
  • An Anthology of Twentieth Century Brazilian Poetry editado por Elizabeth Bishop e Emanuel Brasil, (Wesleyan University Press (1972)
  • The Collected Prose (Farrar, Straus, and Giroux, 1984)
  • One Art: Letters, seleccionado and editado by Robert Giroux, (Farrar, Straus, and Giroux, 1994)
  • Exchanging Hats: Paintings, editado e con introdución de William Benton, (Farrar, Straus, and Giroux, 1996])

Notas editar

  1. "Elizabeth Bishop". Worcester Area Writers. Worcester Polytechnic Institute. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2008. Consultado o 25 de abril de 2008. 
  2. "Elizabeth Bishop Prize Winners". The Blue Pencil. Walnut Hill School. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 25 de abril de 2008. 
  3. "Elizabeth Bishop, American Poet". Elizabeth Bishop Society. Vassar College. Consultado o 25 de abril de 2008. 
  4. Kalstone, David. Becoming a Poet: Elizabeth Bishop with Marianne Moore and Robert Lowell. University of Michigan Press (2001): 4. Nunha das súas primeira cartas a Moore, Bishop escribiu: "Cando comecei a ler a túa poesía na universidade, inmediatamente abriume os ollos sobre a temática que ía seguir e nunca a chegaría a seguir se non fose por ti (supoño que mesmo puidera ser que nin escribise poesía). Creo que a forma en que me aproximo ao tema é moito máis vaga, menos definida e claramente máis pasada de moda... ás veces sorpréndeme que a xente me compare contigo cando todo o que estou a facer é escribir un verso blanco... non poden ver o diferente que é? Parece que non".
  5. Stewart, Susan. Poetry and the Fate of the Senses. Chicago: University of Chicago Press (2002): 141, 357 fn.78 and fn.79).
  6. Ploughshares, the literary journal
  7. The Love of Her Life por Emily Nussbaum, xuño de 2002 en The New York Times de Rare and Commonplace Flowers: The Story of Elizabeth Bishop and Lota de Macedo Soares.
  8. "Poets of Cambridge, U.S.A. / Elizabeth Bishop". www.harvardsquarelibrary.org (en inglés). 2006. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2009. Consultado o 24 de agosto de 2009. 
  9. Zimmerman, Bonnie (2000). Lesbian histories and cultures: an encyclopedia (en inglés) (ilustrada ed.). Taylor & Francis. p. 862. ISBN 9780815333548. Páx. 116 
  10. Rare and Commonplace Flowers: The Story of Elizabeth Bishop and Lota de Macedo Soares,, Oliveira, Carmen, Rutgers University Press, ISBN 0-8135-3359-7, 2002
  11. Bold Type: Essay on Elizabeth Bishop
  12. Like a Jeweled Box Waiting at the Bottom of the Sea: Quinn Offers a New View of Elizabeth Bishop Arquivado 25 de agosto de 2018 en Wayback Machine., a review of Edgar Allan Poe and the Juke Box en Moondance magazine, xuño-setembro de 2006

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar