Eduardo Mendoza

escritor español

Eduardo Mendoza Garriga, nado en Barcelona o 11 de xaneiro de 1943, é un escritor en lingua castelá e catalá. As súas principais obras son La verdad sobre el caso Savolta (1975) e La ciudad de los prodigios (1986).

Modelo:BiografíaEduardo Mendoza

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1943 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBarcelona
Nova York Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, prosa, tradución e Interpretación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, escritor, dramaturgo, avogado, tradutor, guionista, novelista, intérprete Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade Pompeu Fabra Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de abril de 1997Documento sobre o uso das linguas oficiais de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHelena Ramos
Ana Soler Editar o valor en Wikidata
ParellaRosa Novell Editar o valor en Wikidata
FillosAlexandre Mendoza Soler
 ()
Ferran Mendoza Soler
 () Editar o valor en Wikidata
PaisEduardo Mendoza Arias-Carvajal Editar o valor en Wikidata  e Cristina Garriga Alemany Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0579258 BNE: XX1013037 Bitraga: 3497 Dialnet: 590755 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De pai fiscal e nai ama de casa, estudou nos Maristas, para logo cursar a carreira de Dereito, que rematou en 1965. En 1966 viaxou a Londres cunha bolsa de estudos, volvendo á súa cidade natal para exercer a avogacía. No 1973 abandonou Barcelona para marchar a Nova York como tradutor da ONU. Regresou á cidade condal en 1982, aínda que ausentándose dela frecuentemente debido ás súas constantes viaxes. En Barcelona segue residindo actualmente. A súa parella, a directora e actriz Rosa Novell, faleceu en 2015.[1]

Literatura

editar

Deuse a coñecer en 1975 coa novela La verdad sobre el caso Savolta, censurada inicialmente polo franquismo. A obra recibiu un aplauso unánime da crítica. Recolle as lembranzas de Javier Miranda, espectador das tensións sociais que acontecen na Barcelona dos anos 1917 a 1919. Eduardo Mendoza combina as peripecias individuais e os acontecementos colectivos, con certos trazos de novela histórica. Mais, por embaixo dos sucesos, percíbese unha reflexión sobre o lugar e as actitudes do home no mundo que o arrodea, situándose tal reflexión tanto nun plano social e político, coma nun plano existencial. Todo isto cunha notable variedade de técnicas estruturais e estilísticas.

Introduciuse na novela negra con toques humorísticos coas súas dúas seguintes obras, El misterio de la cripta embrujada (1979) e El laberinto de las aceitunas (1982), para logo escribir a que moitos consideran a súa obra mestra: La ciudad de los prodigios (1986). Narra a chegada á Barcelona de 1887 dun campesiño arruinado, Onofre Bouvila, que atopa traballo como repartidor de propaganda anarquista entre os obreiros que traballan na Exposición Universal do ano seguinte.

Nos anos noventa inicia con Restauració (1990), a súa liña de escribir teatro en catalán, que posteriormente el mesmo traduce ao castelán, e novela en castelán, que mantén hoxe en día.

Narrativa

editar

Teatro

editar
  • Restauració (1990)
  • Gloria (2008) (2004)
  • Grandes preguntas (2004)

Ensaio

editar
  • Nueva York (1986)
  • Barcelona modernista (1989). Coa súa irmá Cristina Mendoza
  • Baroja, la contradicción (2001)
  • ¿Quién se acuerda de Armando Palacio Valdés? (2007)
  • ¿Qué está pasando en Cataluña? (2017)
  • Por qué nos quisimos tanto (ensaio autobiográfico, n.º 20 colección Baroja & Yo) (2019)
  • Las barbas del profeta (2020). Seix Barral

Recoñecementos

editar
  • 1976: Premio de la Crítica de narrativa castellana por La verdad sobre el caso Savolta.
  • 1987: Premio Ciudad de Barcelona por La ciudad de los prodigios.
  • 1988: Premio ao mellor libro do ano, Revista "Lire" (Francia) por La ciudad de los prodigios.
  • 1988: Finalista do Premio Grinzane Cavour na categoría de Narrativa extranjera (Italia) por La ciudad de los prodigios.
  • 1988: Finalista do Premio Médicis e Femina (Francia) por La ciudad de los prodigios.
  • 1992: Gañador d III Edición do Premio das lectoras da revista "Elle" con El año del diluvio.
  • 1998: Premio ao mellor libro estranxeiro (Francia) por Una comedia ligera.
  • 2002: Premio ao mellor libro do ano, outorgado polo Gremio de Libreros de Madrid, por La aventura del tocador de señoras.
  • 2007: Premio Fundación José Manuel Lara por Mauricio o las elecciones primarias.
  • 2009: Premio Pluma de Plata por El asombroso viaje de Pomponio Flato.
  • 2010: Premio Planeta por Riña de gatos. Madrid 1936.
  • 2015: Premio Franz Kafka.
  • 2016: Premio Cervantes.[2]
  • 2020: Premio Internacional Barcino de novela histórica por Las barbas del profeta.[3]
  • 2025: Premio Princesa de Asturias das Letras[4]
  1. Blanco (28 de febreiro de 2015). "Fallece en Barcelona la gran dama del teatro Rosa Novell". el mundo. Es (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2020. 
  2. "Eduardo Mendoza recibe el premio Cervantes como un premio al humor". La Vanguardia (en castelán). 2017-04-20. Consultado o 2025-05-14. 
  3. "Eduardo Mendoza, premio Barcino de novela histórica". La Vanguardia (en castelán). 2020-06-12. Consultado o 2025-05-14. 
  4. Lamor, Andrea Aguilar, Màrius (2025-05-14). "Eduardo Mendoza gana el Premio Princesa de Asturias de las Letras". El País (en castelán). Consultado o 2025-05-14. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.

Ligazóns externas

editar