Sociedade de María (maristas)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
A Sociedade de María (en latín: Societas Mariae), cuxos membros son coñecidos coma maristas, é un instituto relixioso católico fundado por Jean-Claude Colin no ano 1816 en Francia.
Sociedade de María Societas Mariae | |
---|---|
Instituto relixioso da Igrexa Católica | |
Historia | |
Fundación | 1816 en Francia |
Fundador | Jean-Claude Colin |
Aprobación | 29 de abril de 1836 polo papa Gregorio XVI |
Goberno e estrutura | |
Superior Xeral | John Hannan |
Outros datos | |
Lema | Sub Mariae Nomine (Baixo o Nome de María) |
Siglas | S.M. |
Sede central | Roma, Italia |
Páxina web | www.maristsm.org |
Historia
editarO instituto ten a súa orixe nun grupo de seminaristas que, en 1816, comprometéronse a fundar unha nova familiar relixiosa, centrada na loita contra a impiedade e o indiferentismo relixioso e imitando o espírito de humildade da Virxe María. A familia debería estar composta por un instituto laical adicado ao ensino (o Instituto dos Irmáns Maristas das Escolas), unha sección feminina (as Irmás da Congregación de María), e unha sección de sacerdotes, a dos padres maristas, que foi a sección encargada a Jean-Claude Colin.
Durante os primeiros anos os sacerdotes maristas pertenceron ao clero diocesano, e en 1825 formaron a primeira compañía de misioneiros para a predicación e o apostolado nas zonas rurais da diocese de Belley.
En 1833 Colin viaxou a Roma para pedir a aprobación do seu instituto, mais atopou certas dificultades. Porén, o 29 de abril de 1836 o papa Gregorio XVI deulles a aprobación definitiva co breve Omium gentium, e encomendoulles a recentemente creada vigairía apostólica de Oceanía occidental. O 24 de setembro celebrouse a profesión de votos dos primeiros vinte padres maristas.
As constitucións da Sociedade de María foron aprobadas en 1873.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sociedade de María |