El misterio de la cripta embrujada

novela de Eduardo Mendoza

El misterio de la cripta embrujada é unha novela policial e humorística en lingua castelá do escritor barcelonés Eduardo Mendoza, publicada por Seix Barral en 1978. É a primeira obra da saga do paciente do doutor Sugrañes, continuada con El laberinto de las aceitunas, La aventura del tocador de señoras e El enredo de la bolsa y la vida. A novela foi traducida a 9 idiomas[1].

El misterio de la cripta embrujada
Autor/aEduardo Mendoza
OrixeCataluña
Linguacastelán
Tema(s)Novela policial, humor
Xénero(s)Novela
EditorialSeix Barral
Data de pub.1978
ISBN978-84-322-3149-5
Seguido porEl laberinto de las aceitunas
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A acción ten lugar en Barcelona no comezo da transición española, trala morte de Francisco Franco. O comisario Flores é un inspector da Brigada de Investigación Criminal, que pide axuda a un antigo criminal depravado que está interno nun manicomio, para que lle dea información sobre a desaparición dunha nena dun colexio internado de nais lazaristas. O comisario e o interno chegan a un acordo: se este axuda a resolver o caso, concederanlle a liberdade.

Así, logo de cinco anos no hospital mental, o protagonista volve á cidade, e vai na procura da súa irmá. Mantén o control de si mesmo, pero para lograr información non dubida en inventarse identidades, suplantar outras ou abrir portas sen chaves. Coa axuda de Mercedes, unha ex alumna da escola da que desapareceu a nena, acaba por descubrir que un empresario da cidade tentara ocultar un cadáver, para o cal cometera varios delitos.

Contexto editar

É a segunda novela de Eduardo Mendoza, que en 1976 gañara o Premio da Crítica de narrativa castelá con La verdad sobre el caso Savolta. Escribiu El misterio de la cripta embrujada mentres traballaba en Nova York como tradutor para a ONU, onde permaneceu até 1982.

Notas editar

  1. Ficha do libro Arquivado 18 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. na web oficial de Eduardo Mendoza.