Abrir o menú principal

Premio Franz Kafka

O Premio Franz Kafka é un premio literario de ámbito internacional que se entrega anualmente na honra ao novelista checo en lingua alemá Franz Kafka.

Historia e característicasEditar

Foi outorgado por vez primera en 2001. A organización corre a cargo da Sociedade Franz Kafka e o concello da cidade de Praga; está patrocinado polo Presidente do Senado checo e mais polo alcalde de Praga. Preséntase cada ano contra finais do mes de outubro, coincidindo co Día da Independencia da República Checa. O galardoado recibe 10.000 dólares estadounidenses, un diploma e unha estatua de bronce, que é unha reprodución en miniatura do monumento a Franz Kafka en Praga.

O xurado internacional está formado por Marcel Reich-Ranicki e Demetz Pedro, entre outros. Entre os criterios que debe cumprir a obra para gañar o premio, figuran "o carácter humanista e a súa contribución á tolerancia cultural, nacional, lingüística e relixiosa, o seu carácter existencial, intemporal, a súa validez humana e a súa capacidade para testemuñar o tempo presente."[1]

O galardón non está relacionado co Premio Janet Heidinger Kafka, que outorga a Universidade de Rochester en Estados Unidos de América.

GañadoresEditar

NotasEditar