Juan Goytisolo

escritor español

Juan Goytisolo i Gay, nado en Barcelona o 5 de xaneiro do 1931[1] e finado en Marrakech o 4 de xuño de 2017,[2] foi un escritor e ensaísta en lingua castelá. Está considerado a figura máis representativa da xeración do 55 e do realismo social dos anos 50 e 60. Era irmán dos tamén escritores José Agustín Goytisolo e Luis Goytisolo e recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas no 2008 e o 24 de novembro de 2014 o Premio Cervantes,[3] o máximo galardón das letras en lingua castelá.

Modelo:BiografíaJuan Goytisolo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 2017 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Marrakech, Marrocos Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - dereito (1948–1954) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
Marrakech Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, xornalista, novelista, crítico literario, guionista, poeta, ensaísta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio Editar o valor en Wikidata
MovementoXeración de 1950 de Literatura española Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMonique Lange (1926–1996) Editar o valor en Wikidata
PaisJosé María Goytisolo Taltavull Editar o valor en Wikidata  e Julia Gay Vives Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuis Goytisolo
José Agustín Goytisolo Editar o valor en Wikidata
ParentesAntonio Goytisolo Digat, avó paterno
Agustín Goytisolo, bisavó paterno Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гойтисоло Хуан)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.156) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0333093 BNE: XX948338 Dialnet: 147110 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Nado no seo dunha familia burguesa de orixe vasca-catalá, tivo que sufrir o falecemento da súa nai a consecuencia dun bombardeo na guerra civil española e o posterior posicionamento do pai a prol do franquismo.

Estudou dereito e no 1956 marcha a vivir a París para traballar como asesor literario da editorial Gallimard. Posteriormente impartiu aulas de literatura nas universidades estadounidenses de California, Boston e Nova York.

Traxectoria literaria

editar

Malia que se deu a coñecer cunha serie de novelas de clara temática social, a figura de Juan Goytisolo é rica e complexa, completando a súa vertente de novelista próximo ao máis estrito realismo social con outras evolucións posteriores noutros eidos literarios.

O realismo social

editar

Encetou a súa actividade narrativa con Juegos de manos (1954), visión crítica da mocidade burguesa. A ela séguenlle varias obras ata o ano 1962, data na que abandona o realismo máis ortodoxo. Nesta etapa, Goytisolo concibiu a literatura como compromiso crítico co mundo que lle tocou vivir, reprimindo certos impulsos líricos que se deixan albiscar nas súas liñas en beneficio dun maior realismo. Así, a burguesía e a miseria son temas recorrentes das súas novelas.

As técnicas empregadas son as típicas do estilo: estruturas sinxelas que, porén, poden ocultar un esforzo considerable de construción, como revela o feito de concentrar a acción nun curto espazo de tempo (Duelo en el paraíso, 1955), abundancia de diálogos e linguaxe espida e directa.

Procura de novas técnicas

editar

Do mesmo xeito que fixeron Blas de Otero ou Camilo José Cela, Goytisolo deu un paso adiante e adéntrase na innovación estilística coa publicación de Señas de identidad no 1966, pescudando da súa propia identidade e das súas relacións co Estado español, todo impregnado dunha sorte de amor amargo. Continuou cunha serie de novelas ata 1975 nas cales se poden observar trazos comúns de experimentacións técnicas. Estas inclúen cambios no punto de vista, saltos no tempo, uso de varias persoas narrativas, monólogos interiores, remedos de textos xornalísticos ou policiais, páxinas sen puntuación...

A temática adoita estar presidida por unha intensa busca da identidade persoal e por unha constante revisión do pasado do Estado español.

Goytisolo e o Magreb

editar

No 1979 publicou a súa novela Makbara, coa que dá inicio un conxunto de obras, tanto narrativas coma de ensaio, que teñen como denominador común o seu interese polo Magreb e pola civilización islámica en xeral. Froito da súa apaixonada relación con esta cultura, que lle serviu para adoptar unha postura crítica con Occidente desde unha óptica de observador externo, a biblioteca do Instituto Cervantes de Tánxer leva o seu nome.

Outros estilos

editar

Juan Goytisolo foi un escritor complexo, que ten tratado nas súas obras temas tan dispares coma o marxismo, as guerras iugoslavas ou o Opus Dei. Ten escrito numerosos libros de viaxes, así como artigos de opinión diversos no xornal El País, do cal foi colaborador.

Obras narrativas

editar
  • Juegos de manos (1954).
  • Duelo en el Paraíso (1955).
  • Triloxía El mañana efímero.
    • El circo (1957).
    • Fiestas (1958).
    • La resaca (1958).
  • Para vivir aquí (1960).
  • La isla (1961).
  • La Chanca (1962).
  • Fin de Fiesta. Tentativas de interpretación de una historia amorosa (1962).
  • Triloxía Álvaro Mendiola.
    • Señas de identidad (1966).
    • Reivindicación del conde don Julián (1970).
    • Juan sin Tierra (1975). .
  • Makbara (1979).
  • Paisajes después de la batalla (1982).
  • Las virtudes del pájaro solitario (1988).
  • La cuarentena (1991).
  • La saga de los Marx (1993).
  • El sitio de los sitios (1995).
  • Las semanas del jardín (1997).
  • Carajicomedia (2000).
  • Telón de boca (2003)
  • El exiliado de aquí y de allá (2008).

Ensaios

editar
  • Problemas de la novela (1959).
  • Furgón de cola (1967).
  • España y los españoles (1979).
  • Crónicas sarracinas (1982).
  • El bosque de las letras (1995).
  • Disidencias (1996).
  • De la Ceca a la Meca. Aproximaciones al mundo islámico (1997).
  • Cogitus interruptus (1999).
  • El peaje de la vida (2000).
  • El Lucernario: la pasión crítica de Manuel Azaña (2004).
  • Contra las sagradas formas (2007).
  • Ensayos escogidos (2008).

Outras

editar
  • Campos de Níjar (1954).
  • Pueblo en marcha. Tierras de Manzanillo. Instantáneas de un viaje a Cuba (1962).
  • Obra inglesa de Blanco White (1972).
  • Coto vedado (1985).
  • En los reinos de taifa (1986).
  • Alquibla (1988).
  • Estambul otomano (1989).
  • Aproximaciones a Gaudí en Capadocia (1990).
  • Cuaderno de Sarajevo (1993).
  • Argelia en el vendaval (1994).
  • Paisajes de guerra con Chechenia al fondo (1996).
  • Lectura del espacio en Xemaá-El-Fná (1997).
  • El universo imaginario (1997).
  • Diálogo sobre la desmemoria, los tabúes y el olvido (2000).
  • Paisajes de guerra: Sarajevo, Argelia, Palestina, Chechenia (2001).
  • Pájaro que ensucia su propio nido (2001).
  • Memorias (2002).
  • España y sus Ejidos (2003).
  1. "Ficha no Mecd". Arquivado dende o orixinal o 01-06-2020. Consultado o 05-06-2017. 
  2. Rodríguez Marcos, Javier (4 de xuño de 2017). "Muere el escritor Juan Goytisolo a los 86 años en Marrakech". El País (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  3. "Sitio oficial do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte". Arquivado dende o orixinal o 01-06-2020. Consultado o 05-06-2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lázaro, F. e Tusón V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.

Ligazóns externas

editar