José Agustín Goytisolo
José Agustín Goytisolo Gay, nado en Barcelona o 13 de abril de 1928 e finado na mesma cidade o 19 de marzo de 1999, foi un escritor catalán con formación bilingüe catalán/castelán, irmán dos tamén escritores Juan Goytisolo e Luis Goytisolo.
José Agustín Goytisolo | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1928 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Falecemento | 20 de marzo de 1999 e 19 de marzo de 1999 |
Lugar de falecemento | Barcelona |
Soterrado | Camposanto de Montjuïc |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Barcelona |
Ocupación | lingüista, escritor, poeta, tradutor, avogado e ensaísta |
Pai | sen etiquetar |
Nai | sen etiquetar |
Irmáns | Juan Goytisolo Gay e Luis Goytisolo |
Premios | Creu de Sant Jordi, Premio Boscán e Premio Adonáis de Poesía |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Pertenceu á chamada Xeración dos 50 canda escritores como Ángel González, José Manuel Caballero Bonald, José Ángel Valente e Jaime Gil de Biedma, que teñen en común o compromiso moral ou político e unha renovada atención á linguaxe e á lírica.[1]
Segundo Manuel Vázquez Montalbán, a poesía de Goytisolo, non foi só unha proposta ideolóxica limitada a dar unha alternativa ao capitalismo franquista, senón que aspira á construción dun novo humanismo:
- O teu destino está nos demais
- o teu futuro é a túa propia vida
- a túa dignidade é a todos
proposta de reconstrución da razón humana.
Vida editar
Naceu no seo dunha familia burguesa e castelán-falante, que se viu brutalmente sacudida pola morte da nai -Julia Gay- vítima dun bombardeo franquista sobre a cidade en 1938. O dramático feito afectou a todos os fillos, pero especialmente a José Agustín, que lle puxo á súa filla o nome da nai perdida, e que nun dos seus máis célebres poemas (musicado e cantado por Paco Ibáñez ou Los Suaves), "Palabras para Julia".
Obras editar
- El retorno 1955
- Salmos al viento 1956
- Claridad 1959
- Años decisivos 1961
- Algo sucede 1968
- Bajo tolerancia 1973
- Taller de Arquitectura 1976
- Del tiempo y del olvido 1977
- Palabras para Julia 1979
- Los pasos del cazador 1980
- A veces gran amor 1981
- Sobre las circunstancias 1983
- Final de un adiós 1984
- Como los trenes de la noche 1994
- Cuadernos de El Escorial 1995
- Elegías a Julia Gay 1993
Antoloxías editar
- Poetas catalanes contemporáneos 1968
- Poesía cubana de la Revolución 1970
- Antología de José Lezama Lima
- Antología de Jorge Luis Borges
- Los poemas son mi orgullo, antoloxía poética. Edición de Carme Riera (editorial Lumen, 2003)
Traducións editar
Realizou importantes traducións do italiano e o catalán ao castelán. Traduciu, entre outros, a Cesare Pavese, Pier Paolo Pasolini, Salvador Espriu e Pere Quart.
Galardóns editar
- Premio Adonais en 1954
- Premio Boscán en 1956
- Premio Ausias March en 1959
Notas editar
- ↑ Xeración do 50 no portal de poesía Versoados Arquivado 09 de novembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)