Guerras iugoslavas

As guerras iugoslavas foron unha serie de conflitos no territorio da antiga Iugoslavia, que se sucederon entre 1991 e 2001. Comprenderon dous grupos de guerras sucesivas que afectaron ás seis antigas repúblicas iugoslavas. Termos alternativos en uso inclúen a guerra dos Balcáns, a guerra na antiga Iugoslavia, guerras iugoslavas de secesión ou raramente a terceira guerra balcánica (un termo acuñado polo xornalista británico Misha Glenny, aludindo ás guerras dos Balcáns entre 1912 e 1913).

Guerra dos Balcáns

Data: 1991-2001
Lugar: Eslovenia, Croacia, República Federal de Iugoslavia
Resultado: Novos países independentes.
Combatentes
Eslovenia Eslovenia
Croacia Croacia
Bosnia e Hercegovina
OTAN
Iugoslavia Iugoslavia
República Serbia
República Serbia de Krajina
Serbia e Montenegro República Federal de Iugoslavia

As guerras caracterizáronse polos conflitos étnicos entre os pobos da antiga Iugoslavia, principalmente entre os serbios por unha banda e os croatas, bosníacos e albaneses polo outro; aínda que tamén nun principio entre bosníacos e croatas en Bosnia e Hercegovina. O conflito obedeceu a causas políticas, económicas e culturais, así como á tensión relixiosa e étnica.

As guerras Iugoslavas terminaron con gran parte da antiga Iugoslavia reducida á pobreza, con desorganización económica masiva e inestabilidade persistente nos territorios onde ocorrían as peores loitas. As guerras foron os conflitos máis sanguentos en chan europeo desde o fin da segunda guerra mundial, resultando nunhas 300.000 mortes e millóns máis sacados dos seus fogares. Foron tamén os primeiros conflitos desde a segunda guerra en ser formalmente xulgados os xenocidas e moitos dos individuos claves participantes foron consecuentemente acusados por crimes de guerra.

As guerras iugoslavas poden dividirse en dous grupos de conflitos diferentes:

Contexto histórico

editar

As tensións proviñeron da composición multiétnica do primeiro Reino de Iugoslavia e a relativa supremacía política e demográfica dos serbios. Estas tensións foron aproveitadas polo Eixo Roma-Berlín-Toquio na segunda guerra mundial, que estableceron un estado monicreque que abarcaba a maior parte das actuais Croacia e Bosnia e Hercegovina. Púxose a cargo deste Estado Independente de Croacia a unha organización fascista, a Ustashe, que levou a cabo unha política xenocida contra os civís serbios do territorio. A milicia serbia Chetnik contraatacou contra os croatas. Ambos se enfrontaron e foron finalmente derrotados polo movemento de tendencia comunista e antifascista partisanos, composto por membros de todos os grupos da zona, o que desembocou na formación de República Federal Socialista de Iugoslavia.

No caso das zonas poboadas por albanos, a causa principal foi o crecemento da poboación albana en áreas nas que anteriormente eran minoría. No caso de Kosovo, algúns serbios interpretaron este crecemento da influencia albanesa como a perda dos seus territorios ancestrais.

Os primeiros conflitos (1991-1995)

editar

As guerras iugoslavas iniciáronse coa secesión das dúas rexións do norte da antiga Iugoslavia —Eslovenia e Croacia— por mor dun amplo abano de motivos. Algúns autores sinalan coma orixe do conflito algunhas políticas serbias levadas a cabo entre o 1987 e o 1991. Algunha destas medidas citadas foron o bloqueo das institucións federais do antigo estado Iugoslavo ou a supresión da condición autonómica das rexións de Voivodina e Kosovo[1]. O primeiro destes conflitos, coñecido como a guerra dos Dez Días ou a guerra de Eslovenia, levou a cabo oficialmente para previr o desmembramento de Iugoslavia e acabou coa retirada do Exército Popular Iugoslavo en 1991.

O segundo conflito, a guerra croata de independencia, tamén levou a cabo coa mesma motivación, pero deveu abertamente nacionalista, como un choque entre os nacionalismos serbio e croata personificados en Serbia polo Presidente Slobodan Milošević e o Presidente Franjo Tuđman en Croacia. En xaneiro de 1992 o Plan de paz Vance determinou que a ONU tomaría o control dalgunhas zonas e acabou co conflitos militares, aínda que ata 1995 non se deterían definitivamente os ataques esporádicos de artillaría sobre cidades croatas e as incursións ocasionais de forzas croatas en zonas baixo o control da ONU.

En 1992 o conflito chegou a Bosnia e Hercegovina, onde loitarían tres faccións: os serbios, os croatas e os bosníacos, que diferían principalmente na súa relixión tradicional: ortodoxos, católicos e musulmáns, respectivamente. Foi con moito o conflito máis sanguento das guerras de Iugoslavia.

As guerras iugoslavas no oeste remataron co retiro militar na Eslovenia, a derrota dos rebeldes serbios na Croacia e a sinatura dos Acordos de Dayton en 1995 por Bosnia seguido da intervención militar contra o lado serbio pola OTAN.

Os combates en Croacia remataron en 1995, tras dúas operacións rápidas do Exército Croata, de nome en clave Operación Flash e Operación Tormenta, nas que conseguiron recuperar todo o seu territorio excepto a zona baixo control da ONU (UNPA) do Sector Leste. Todos os serbios destas zonas pasaron a ser refuxiados. O Sector Leste controlouse pola administración da ONU (UNTAES) e foi reintegrado pacificamente en Croacia en 1998.

En 1994 Estados Unidos xestionou a paz entre Croacia e o Exército da República de Bosnia e Hercegovina. A intervención da OTAN contra os bosníacos tralo Masacre de Srebrenica e a ofensiva das tropas croatas en zonas baixo control serbio tras a Operación Tormenta provocou que os bosníacos perdesen zonas baixo o seu control, e presionouse a tódolos bandos para deixar as armas e negociar un final á guerra de Bosnia. A guerra rematou trala sinatura do Acordo de Dayton o 14 de decembro de 1995.

 

Conflitos no leste e no sur

editar
 
Kosovo (1999)

En Kosovo, Macedonia do Norte, e na propia Serbia, os conflitos caracterizáronse pola tensión política e racial entre os gobernos eslavos e as minorías albanesas que buscaban autonomía, ou independencia, como foi no caso de Kosovo.

O conflito en Kosovo estourou nunha guerra a grande escala en 1999, mentres que os conflitos entre macedonios e serbios meridionais caracterizáronse por choques armados entre as forzas estatais de seguridade e as guerriñas de etnia albanesa. A guerra en Kosovo rematou coa intervención da OTAN contra as forzas serbias, aínda que posteriores desordes xeneralizadas en Kosovo estouraron no 2004. Os conflitos no sur da Serbia e en Macedonia do Norte remataron con tratados de paz internacionalmente fiscalizados entre os insurxentes e o goberno, máis a situación námbalas dúas rexións segue a ser fráxil.

  1. Taibo, Carlos. Bòsnia, Kosovo, Txetxènia. Qüestió nacional, conflictes i intervencions. Edicions de 1984. pp. 40–41, 130–131. ISBN 84-86540-66-6. (en catalán)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar