Abrir o menú principal

Benjamin Constant

Henri-Benjamin Constant de Rebecque, nado en Lausana o 25 de outubro de 1767 e finado o 8 de decembro de 1830, foi un filósofo, escritor e político franco-suízo.

Benjamin Constant
Henri-Benjamin Constant de Rebecque.png
Nome completoHenri-Benjamin Constant de Rebecque
Nacemento25 de outubro de 1767
 Lausana
Falecemento8 de decembro de 1830 e 10 de decembro de 1830
 París
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeAlemaña e Suíza
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Ocupaciónfilósofo, político, escritor e autor de diarios
IrmánsLouise Marie Anne d'Estournelles Constant de Rebecque
Coñecido/a porAdolphe
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formouse con profesores particulares e máis tarde incorporouse a distintos centros e universidades, pois trasladouse con frecuencia coa súa familia por Europa. Así asistiu á Universidade de Erlangen, en Baviera, e á de Edimburgo no Reino Unido.

Unido sentimentalmente a Germaine de Staël, a súa colaboración intelectual converteulles nun equipo de traballo único. A principios do século XIX e até 1830 foi un político activo, membro da Asemblea Nacional situado na ala liberal e crítica. O seu modelo político trataba de imitar o inglés, ao que admiraba por diversos factores, tanto no político como no económico. Mostrouse contrario ás teorías que admiraban as antigas sociedades libres como as da Grecia Antiga, mesmo nunha Francia que coñecera o Consulado, ao considerar que estaban baseadas na escravitude da maioría para beneficio duns poucos, ademais de ser inaplicables a estados modernos moito máis grandes que os polis onde era imposible concentrar ao pobo nun foro para o debate público aberto e directo.

A súa teoría da liberdade baseábase na posesión e goce dos dereitos civís, do imperio da lei e da liberdade nun sentido amplo, confrontada neste sentido á actividade do Estado. Avogaba por unha serie de principios (entre eles a responsabilidade individual) sen os cales a sociedade sería un caos e a liberdade, inconcibible.

Obras súas de relevancia son Adolphe[1] ou O caderno vermello[2] (Le Cahier rouge).

NotasEditar

  1. Capítulo e breve análise da obra en etudes-litteraires-com. (en francés)
  2. Traducido por Marie Abraira e publicado pola Editorial Hugin e Munin en 2016.

Véxase taménEditar