Abrir o menú principal

O caderno vermello[1] (en francés: Le Cahier rouge) é unha obra memorística de ficción escrita por Benjamin Constant en 1807 e publicada de maneira póstuma en 1907.

O caderno vermello
Título orixinalLe Cahier rouge
Autor/aBenjamin Constant
OrixeFrancia
LinguaFrancés
Xénero(s)Novela
EditorialFrancia Éditions Gallimard
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Francia 1907
Galicia 2016
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas80
ISBNISBN 978-84-945403-5-6
TraduciónMarie Abraira

Foi traducido ó galego por Marie Abraira[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2016.[1]

TramaEditar

Nesta obra atópanse multitude de elementos autobiográficos de Constant, quen a aborda dende punto de vista humorístico, entre frívolo e insolente, algo que só se verá limitado perante a autoridade paterna, Louis-Arnold-Juste Constant de Rebecque, coronel dun rexemento suízo ao servizo do Reino de Holanda en 1772.

Benjamin Constant evoca neste libro a súa etapa como estudante universitario na Universidade de Edimburgo, onde se encontraría con James Mackintosh e tamén co historiador escocés Malcolm Laing.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 O caderno vermello. Traducido por Marie Abraira (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2016. ISBN 978-84-945403-5-6 – vía BiTraGa. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 77. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar