Reino de Holanda
O Reino de Holanda 1806 - 1810 (en neerlandés: Koninkrijk Holland) foi instaurado por Napoleón Bonaparte como un Estado satélite para o seu terceiro irmán, Lois Bonaparte, cuxa función era controlar os Países Baixos.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | A Haia | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa | |||
Relixión | Protestantismo | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 5 de xuño de 1806 | |||
Disolución | 9 de xullo de 1810 | |||
Sucedido por | Primeiro Imperio Francés | |||
Moeda | Florín neerlandés | |||
O nome da súa provincia principal, Holanda, é utilizado aínda na actualidade como sinónimo dos Países Baixos para nomear ao país enteiro.
Historia
editarO Reino de Holanda xurdiu en 1806 cando Napoleón, xa convertido en emperador, transformou a República Bátava, unha República irmá da Primeira República Francesa, en monarquía, concedendo a súa coroa ao seu irmám menor Lois Bonaparte.
O reino cubría unha ampla zona dos actuais Países Baixos, coa excepción de Limburgo e partes de Zelandia, que eran territorios franceses; a Frisia oriental (actualmente en Alemaña) tamén era parte do Reino.[1]
Luís non satisfixo as expectativas do seu irmán o emperador, xa que tentou pór por diante os intereses neerlandeses antes que os intereses do seu irmán, e o reino disolveuse en 1810 despois de que os Países Baixos foran anexionados por Francia, e incorporados ao Primeiro Imperio Francés.
Fin do Reino e evolución posterior
editarEn 1813 os holandeses rebeláronse e expulsaron os franceses. Aceptouse que o novo goberno tería que ser dirixido por Guillerme Federico, príncipe de Orange e fillo de Guillerme V. Tamén se decidiu que consolidaría a súa posición se os propios holandeses lle outorgaban ese poder. A instancias dun goberno provisional, o Príncipe de Orange regresou aos Países Baixos o 30 de novembro dese ano. Esta manobra foi apoiada polo Reino Unido, que trataba de fortalecer os Países Baixos e dificultar posíbeis ataques futuros por parte de Francia. O 6 de decembro Guillerme foi proclamado príncipe soberano hereditario (rexeitara o título de rei). En 1814 os Países Baixos Austríacos (a actual Bélxica) foron engadidos aos seus dominios. En 1815, despois da derrota definitiva de Napoleón, na batalla de Waterloo, no Congreso de Viena (1815), constituíuse o Reino Unido dos Países Baixos, e Guillerme de Orange-Nassau aceptou o título de rei, como Guillerme I dos Países Baixos. O novo reino incluía os actuais estados de Bélxica e Luxemburgo (tamén recibiu o título de Gran Duque de Luxemburgo). Ambos os países permaneceron separados malia compartiren un monarca común.
O novo reino proclamuse o 16 de marzo de 1815, data en que o príncipe soberano dos Países Baixos Unidos, Guillermo Federico de Orange-Nassau, dixo
que todos os países que o forman, desde este momento, integran o Reino Unido dos Países Baixos, para así ser posuído por nós agora e polos nosos sucesores lexítimos segundo a lei de primoxenitura.[2]
e toma
para nós e para os príncipes que virán despois de nós neste trono. a dignidade real e o título de rei, xuntando a este o de Duque de Luxemburgo, debido á especial relación que esta provincia está destinada a ter con Alemaña.[2]
Pero as tensións entre o norte e o sur, entre outras causas pola diferenza relixiosa, provocaron que en 1830 a chamada Revolución Belga, tras a que os belgas se declararon independentes e, aínda que o rei Guillerme I enviou un ano máis tarde as súas tropas, a mobilización das tropas francesas en favor da causa belga fíxoo desistir de calquera enfrontamento. Porén, até oito anos máis tarde, en 1839, non se recoñeceu oficialmente a independencia de Bélxica. Luxemburgo, que seguía regras sucesorias distintas, seguiu o seu propio camiño logo da morte do rei Guillerme III. A ascensión da raíña Guillermina ao trono en 1890 significou a separación do Gran Ducado de Luxemburgo dos Países Baixos, debido a que o título de Gran Duque non podía ser herdado por unha muloler.[3]
Escudo de armas
editarLois Bonaparte, o irmán de Napoleón, instaurouse como Rei de Holanda o 5 de xuño de 1806. Nun principio, o escudo de armas do novo reino ía parecerse ao do Reino de Italia: unha aguia levando un escudo, neste caso o dos Países Baixos Unidos, o león coroado rei.[4]
En decembro de 1806, Renodi deseña o novo escudo en París, coa aguia napoleónica e o león. Ao redor do escudo estaba o mandato francés da Grand Aigle e por detrás o típico na heráldica napoleónica: os cetros cruzados e por riba do escudo a estrela de Napoleón.
-
Escudo de armas do Reino de Holanda (1806)
-
Escudo de armas do Reino de Holanda (1808)
O 20 de maio de 1807, o rei Luís —agora chamado Lodewijk— altera o escudo de armas, engadindo un casco, substituíndo a estrela do seu irmán e quitando o mandato da Grand Aigle polo texto en neerlandés Eendracht maakt macht (en galego: A unión fai a forza). Como exemplo da innovación da heráldica napoleónica son as dúas mans que saen das nubes detrás do escudo con espadas, designando ao Rei Luís como Connétable de France (Condestábel de Francia).
Notas
editar- ↑ Koninkrijk Holland Mapa do Reino de Holanda
- ↑ 2,0 2,1 Orde nº 1 do Diario Oficial do Reino.
- ↑ "Bélgica: incompatibilidad histórica". Deutsche Welle. 2007. Consultado o 1 de setembro de 2016.
- ↑ Escudo do Reino de Italia contra 1806.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bergeon, Louis; François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0.
- Blanning, T .C. W. (1996): The French Revolutionary Wars 1787-1801. Hodder Education Publishers. ISBN 0-340-64533-4.
- Jourdan, Annie, dir. (2010): Louis Bonaparte, Roi de Hollande. París: Nouveau Monde éditions/Fondation Napoléon. ISBN 978-2-84736-492-7.
- Péronnet, Michel (1983): Vocabulario básico de la Revolución Francesa. Barelona: Crítica. ISBN 84-7423-250-3.
- Schama, S. (1977): Patriots and Liberators. Revolution in the Netherlands 1780-1813. Nova York: Vintage books. ISBN 0-679-72949-6.
- Van Wie, Paul D. (1999): Image, History, and Politics: The Coinage of Modern Europe. University Press of America, Inc. ISBN 0-7618-1221-0.