Carme Riera

escritora española

Carme Riera Guilera, nada o 12 de xaneiro de 1948 en Palma de Mallorca, é unha escritora en catalán e castelán, ensaísta, profesora e membro da Real Academia Española. Gañou os máis importantes premios da literatura catalá.[1][2]

Carme Riera Cruz de Sant Jordi 2000
Nome completoCarme Riera Guilera
Nacemento12 de xaneiro de 1948
 Palma de Mallorca
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona e Universidade de Barcelona
Ocupaciónguionista, escritora, profesora universitaria e ensaísta
XénerosNovela, narrativa, e guionista
Coñecido/a porTe deix, amor, la mar com a penyora, In the Last Blue e Cap al cel obert
PremiosCreu de Sant Jordi, Premio Ramón Llull das letras catalás, Premio Nacional de Literatura de Cataluña, Gold Letter, Serra d'Or Critics Award, Premio Nacional das Letras Españolas, Premi Trajectòria, Premio Josep Plá, Premi de Narrativa Maria Àngels Anglada, Jaume Fuster Award, Premii Joan Crexells de narrativa, Premio Nacional de Narrativa, Premio Ramon Llull e medalla de ouro da comunidade autónoma das illas Baleares
Na rede
http://www.escriptors.cat/autors/rierac/pagina.php?id_sec=1376
IMDB: nm1955165 Dialnet: 520310 Discogs: 3802693 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Carme Riera pasou a súa infancia e adolescencia en Palma de Mallorca, onde ten vínculos familiares co enxeñeiro mallorquino Eusebio Estada e o xeneral Valeriano Weyler.[3] Desde o oito anos escribiu narracións que eran variantes das historias que lle contaba a súa avoa Caterina na súa infancia.[4] Trasladouse en 1965 a estudar filoloxía hispánica á Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), onde se licenciou en Filosofía e Letras e se doutorou en Filoloxía Hispánica con Premio Extraordinario pola UAB. Riera participou nas mobilizacións estudantís en contra do franquismo, da guerra de Vietnam e no incipiente movemento feminista. Todo iso forxou a súa mirada sobre a realidade, unha mirada que cuestionaba as normas, baixo o influxo de maio do 68 francés, e que albiscaba unha xanela aberta a un mundo radicalmente diferente.[4]

Carreira académica editar

En 1995 converteuse en catedrática de literatura española da súa alma máter e desde 2002 exerce como directora da "Cátedra José Agustín Goytisolo" nesta mesma universidade. Riera estudou ao longo da súa carreira a literatura española do Século de Ouro e da literatura catalá da Escola de Barcelona.

Foi catedrática de Lingua e Literatura Españolas de Institutos Nacionais de Ensino Medio e titular de universidade; profesora visitante nas universidades de Florida (Gainesville) (1987), Darmouth College (2001) e na Universidade de Chicago (2006). Impartiu cursos e seminarios, entre outras, na Universidade Internacional Menéndez Pelayo; Complutense de Madrid; Aarhus; Instituto de Estudos Hispánicos de Antuerpen; Universidade de Porto Rico (Mayagüez); a Sorbona; Uppsala; Harvard; Montclair; Cornell; Universidade de Missouri-St. Louis; Columbia; Indiana e The Catholic University of América (Washington), entre outras.[5]

Carreira literaria editar

Publicou o seu primeiro libro, a recompilación de contos Te deix, amor, la mar com a penyora, en 1975 (o relato que lle dá título gañara, en 1974, o premio Recull-Francesc Puig i Llensa de narració), Riera achegou un estilo novo e fresco e utilizaba a fala mallorquina coloquial para suxerir e crear unha narrativa que puña sobre a mesa temas que até entón foran tabús, como o amor entre as mulleres, e ao mesmo tempo era bastante crítica coa sociedade do momento.[4] Foi seguido, dous anos despois por outra recompilación titulada Pongo las gaviotas por testigo, un conxunto de narracións que seguían os mesmos principios narrativos da obra anterior que pecha a súa primeira etapa da produción literaria.[4]

A súa primeira novela, Una primavera per a Domenico Guarini, coa que recibiu o Premio Prudenci Bertrana en 1980, abre a segunda etapa da obra de Riera, que comprende a produción literaria da década do oitenta. Esta primeira novela non só representa un cambio de xénero senón tamén de obxectivo, o de formular un modelo de novela culta alternada con elementos coloquiais e o de experimentar coa simbiose de rexistros e de xéneros -a narrativa policíaca e o ensaio, a linguaxe culta e a xornalística-. Esta vontade experimentadora e investigadora da autora, e unha actitude de xogo, cunha mirada a miúdo lúdica e irónica, son os eixos das obras deste período, como a recompilación de narracións Epitelis tendríssims e as novelas Qüestió d'amor propi e Joc de miralls.[4]

Coas novelas históricas Dins el darrer blau e Cap al cel obert, con boa acollida pola crítica, iníciase a terceira etapa. Ambas as novelas constrúen a dobre identidade de xudeus e mallorquinos dos protagonistas, a partir de dúas historias enlazadas: a primeira, ambientada na Mallorca de finais do século XVII, narra a persecución dun grupo de xudeus condenados á queima pública na fogueira pola Inquisición; a segunda ten como protagonistas os descendentes dos xudeus do século XVII establecidos na illa de Cuba en pleno conflito colonial. Con estas dúas ambiciosas narracións, Riera reconstruíu con todo detalle e rigor os escenarios históricos daquel momento. A escritora despregou historias de ficción e trazou con moito talento o carácter e perfil dos diferentes personaxes. Ambas as obras teñen un gran valor literario e testemuñan unha excelente traxectoria literaria, que se consolida definitivamente na segunda metade da década do noventa.[4]

Riera escribe as súas novelas e relatos en catalán, e encárgase de traducilas ao castelán, mentres que os ensaios os escribe en castelán.[6] Gran parte da súa produción traduciuse a unha ducia de idiomas, entre eles ao alemán, árabe, francés, inglés e italiano.[7]

Recoñecementos editar

O 19 de abril de 2012 foi elixida membro de número da Real Academia Española, onde pasou a ocupar a cadeira n tras ler o seu discurso de ingreso titulado Sobre un lugar parecido a la felicidad o 7 de novembro de 2013.[1][8][9] Tamén é membro de número da Real Academia de Boas Letras de Barcelona.[5]

Riera recibiu numerosos premios polas súas obras, entre outros, o Ramon Llull (1989) por Joc de miralls; o Premio Nacional de Narrativa (1995) por Dins o darrer blau ou o Premio Sant Jordi (2003) por La meitat de l'ànima. Colaborou con diversas publicacións, como o diario El País ou as revistas Quimera e Serra d'Or, entre outras. En novembro de 2015 recibiu o prestixioso Premio Nacional das Letras Españolas.[10]

Influencia editar

A ampla bagaxe lectora de Carme Riera, consecuencia dunha actitude apaixonada e erudita cara á literatura, configura un vasto marco de referencias. Safo, Petrarca, Goethe e Virginia Woolf desfilan polas súas páxinas, pero tamén os autores da literatura castelá da formación académica: Cervantes, Clarín, Laforet, Valle-Inclán ou Gil de Biedma. Con todo, a autora situou as raíces da súa narrativa nas rondallas mallorquinas e na obra de dúas escritoras fundamentais na construción da narrativa catalá contemporánea: Caterina Albert e Mercè Rodoreda.[4]

Obras editar

Novela editar

  • 1975: Te deix, amor, la mar com a penyora
  • 1977: Jo pos per testimoni les gavines
  • 1980: Gairebé un conte o la vida de Ramon Llull
  • 1980: Una primavera per a Domenico Guarini
  • 1987: Qüestió d'amor propi
  • 1989: Joc de miralls
  • 1991: Contra l'amor en companyia i altres relats
  • 1994: Dins el darrer blau
  • 2000: Cap al cel obert
  • 2003: Llengües mortes
  • 2003: Antologia de poesia catalana femenina
  • 2004: La meitat de l'ànima
  • 2006: L'estiu de l'anglès
  • 2009: Amb ulls americans
  • 2011: Natura quasi morta
  • 2013: Temps d'innocència
  • 2015: La veu de la sirena

Prosa editar

  • 1980: Els cementiris de Barcelona
  • 1998: Temps d'una espera

Ficción infantil editar

  • Gairebé un conte o la vida de Ramon Llull
  • 1981 Epitelis tendríssims
  • 1988 La molt exemplar història del gos màgic i de la seva cua.
  • 2002 Petita història de Carlos Barral.
  • 2005 El gos màgic.
  • 2003 El meravellós viatge de Maria al país de les tulipes.

Guións editar

  • 1989 Es diu Maria Puig la meva mare?, radio. Barcelona
  • 1994 Quotidiana quotidianitat, televisión, Barcelona
  • 1997 Dones d'aigua (con outros autors), televisión, Barcelona

Premios editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 RAE (ed.). "Ficha de Carme Riera na RAE" (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2015. 
  2. escriptors.cat (ed.). "Carme Riera" (en inglês). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 14 de abril de 2015. 
  3. El País, ed. (novembre de 2004). "La mallorquina que creó un estilo". Consultado o 19 de abril de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Generalitat de Catalunya. gencat-cat (ed.). "Carme Riera" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2016. Consultado o 23 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Currículum de Carme Riera en la RAE
  6. Rosa Mora. Carme Riera: “Lo que no te da la vida te lo dan los libros, sobre todo si los escribes”, El País, 30.04.2012; acceso 02.05.2012
  7. "Perfil de Carme Riera en l'Associació d'Escriptors de Llengua Catalana". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 23 de abril de 2016. 
  8. Elegida la escritora Carme Riera para ocupar la silla 'n' de la Real Academia Española; RAE, 19.04.2012; acceso 02.05.2012
  9. Carme Riera ingresa con un discurso dedicado a los viajeros que escribieron sobre Mallorca entre 1837 y 1936 Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.; RAE, 07.11.2013.
  10. El País, 3 Nov 2015: La escritora Carme Riera, Premio Nacional de las Letras
  11. "O PEN clube entregou os premios Rosalía de Castro ás literaturas ibéricas". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-09-30. Consultado o 2021-01-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar