Luis Landero

novelista español

Luís Landero Durán, nado en Alburquerque, Badaxoz, o 25 de marzo de 1948, é un novelista e articulista español.

Luis Landero
Nome completoLuis Landero Durán
Nacemento25 de marzo de 1948
Lugar de nacementoAlburquerque
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónnovelista, escritor e mestre
Coñecido porJuegos de la edad tardía
PremiosPremio Nacional de Narrativa e Premio Nacional das Letras Españolas
Na rede
Dialnet: 120529
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Procedente dunha familia campesiña, pasou os primeiros anos da súa vida entre a súa localidade natal, Alburquerque, e a veciña propiedade de Valdeborrachos, propiedade do seu pai. En 1960, tras vender parte das terras, a familia trasladou o seu domicilio a un piso do barrio da Prosperidade (Madrid), no cal o seu pai instalou un obradoiro de punto e de costura. Luís comezou a traballar desde os catorce anos en diversos oficios: aprendiz nun taller mecánico, recadeiro nunha tenda de ultramarinos, auxiliar administrativo en Clesa, Central Leiteira... A morte do seu pai en 1964 deu ás ao mozo para dedicarse profesionalmente á guitarra flamenca: xunto ao seu primo foi guitarrista acompañante de diversos cantantes durante algúns anos. Aproximadamente por esta época, e a pesar de ter unha nenez na que os libros estiveron ausentes, comezou unha afección case obsesiva pola literatura que xa non abandonaría nunca.[1]

Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade Complutense de Madrid e exerceu na mesma como profesor axudante de Filoloxía Francesa. Foi profesor de Lingua e Literatura españolas no instituto Calderón de la Barca de Madrid, na Escola de Arte Dramática da mesma cidade e na Universidade de Yale.[2] O éxito da súa primeira novela, Juegos de la edad tardía, publicada cando o seu autor contaba máis de corenta anos, serviulle para poder dedicarse á escrita dunha obra da que a crítica destacou as súas raíces cervantinas e o uso dunha linguaxe coidada e densa tras unha aparente sinxeleza.[3]

Na súa honra deuse nome ao Certame Literario de Narracións Curtas Luís Landero, que se convoca a nivel internacional para todos os alumnos de secundaria dos países hispanofalantes.[4]

Obras editar

Novelas
  • Juegos de la edad tardía (1989).Tusquets.
  • Caballeros de fortuna (1994). Tusquets)
  • El mágico aprendiz (1999). Tusquets.
  • El guitarrista (2002). Tusquets.
  • Hoy, Júpiter (2007). Tusquets.
  • Retrato de un hombre inmaduro (2009). Tusquets.
  • Absolución (2012). Tusquets.
  • La vida negociable (2017). Tusquets.
  • Lluvia fina (2019). Tusquets.
  • El huerto de Emerson (2021). Tusquets.
  • Una historia ridícula (2022). Tusquets.
Outras
  • Entre líneas: el cuento o la vida (2000). Tusquets. Ensaio
  • Ésta es mi tierra (2000). Editora Regional de Extremadura. Intervencións no programa Esta es mi tierra de Televisión Española.
  • ¿Cómo le corto el pelo, caballero? (2004). Tusquets. Artigos.
  • El balcón en invierno (2014). Tusquets. Autobiografía.
  • El huerto de Emerson (2021). Tusquets. Autobiografía

Premios editar

Ano Premio
1989 Premio Ícaro para novos creadores de Diario 16
1989 Premio da Crítica de Narrativa castelá[5]
1990 Premio Nacional de Narrativa
1990 Premio Mariano José de Larra[6]
1992 Premio Mediterráneo á mellor obra estranxeira
1992 Grinzane Cavour de Literatura
2000 Premio Estremadura á Creación á Mellor Obra Literaria de Autor Estremeño
2005 Medalla de Estremadura
2008 Premio Arcebispo Xoán de San Clemente
2015 Premio dos Libreiros de Madrid
2015 Premio Doce Chacón de Narrativa española
2022 XV Premio de Novela Europea Casino de Santiago
2022 Premio Nacional das Letras Españolas[7][8]

Notas editar

  1. "Luis Landero - Departamento de Bibliotecas y Documentación del Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2022-11-07. 
  2. "Luis Landero". PlanetadeLibros (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  3. "Luis Landero - Departamento de Bibliotecas y Documentación del Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2022-11-07. 
  4. Escritores.org. "XXXII CONCURSO DE NARRACIONES CORTAS LUIS LANDERO (España)". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  5. RTVE.es (2022-11-07). "Luis Landero, Premio Nacional de las Letras Españolas 2022". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  6. "Luis Landero - Departamento de Bibliotecas y Documentación del Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2022-11-07. 
  7. "Luis Landero, Premio Nacional de las Letras 2022". www.publico.es. Consultado o 2022-11-07. 
  8. García Higueras, Laura (7 de novembro de 2023). "Luis Landero, Premio Nacional de las Letras: “Mi pasión literaria es la misma que cuando tenía quince años”". eldiario.es (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Luis Beltrán Almería: Luis Landero en el país de Maricastaña. Apuntes sobre la estética de "Juegos de la edad tardía". Castilla: Estudios de literatura, 1992, n.º 17, págs. 33-48.
  • Rafael Conte: Como un cuento de hadas, Babelia (16/3/2002).
  • Antonio Ubach Medina: Realidad y ficción en "Juegos de la edad tardía", de Luis Landero, Antagonía: cuadernos de la Fundación Luis Goytisolo, n.º 6, 2001 , págs. 43-50. ISSN 1136-551X.
  • Alfonso Ruiz de Aguirre: Luis Landero: símbolo, paradoja y carnaval, Pliegos, 2015. ISBN: 978-84-96045-97-2

Outros artigos editar