Bernardo Atxaga
Joseba Irazu Garmendia, coñecido co pseudónimo de Bernardo Atxaga, nado en Asteasu (Guipúscoa) o 27 de xullo de 1951, é un escritor vasco en lingua éuscara. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao e en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona. Dende o ano 2010 vive na localidade arabesa de Zalduendo.
Parte da súa obra foi traducida a numerosas outras linguas, sendo o escritor en éuscaro máis lido e traducido.[1] A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concedeulle o galardón de Escritor Galego Universal para o 2014.[2] En 1996 o Centro PEN Galicia concedeulle o Premio Rosalía de Castro.[3]
Traxectoria
editarFillo de carpinteiro e mestra, estudou Ciencias Económicas na Universidade de Bilbao, licenciándose en 1973. Pasou a traballar nun banco de Donostia. A finais da década regresou a Bilbao, e traballou como profesor de éuscaro, guionista para programas de radio, vendedor de libros e economista. A comezos da década de 1980 decidiu dedicarse profesionalmente á literatura. Marchou a Barcelona e licenciouse en Filosofía e Letras.
Obra
editarEn 1972 escribiu o seu primeiro texto en éuscaro, a obra teatral Borobila eta puntua, incluída na antoloxía Euskal literatura 72. En 1975 publicou os seus primeiros textos na revista literaria Panpina Ustela, que editou xunto con Koldo Izagirre. En 1976 publicou Ziutateaz, a súa primeira novela, de corte vangardista. de 1978 é o poemario Etiopia. Pertenceu ao grupo literario de vangarda Pott (1978-1983) xunto a Joseba Sarrionandia, Ruper Ordorika, Jon Juaristi e outros escritores.
En 1988 publicou Obabakoak, unha mestura entre novela e antoloxía de contos, coa que acadou o Premio Nacional de Narrativa de 1989 e que foi traducida a 26 linguas. No ano 2005 foi levada ao cinema por Montxo Armendáriz co título de Obaba. Proseguiu o mundo 'Obaba en 2003 coa novela Soinujolearen semea, que trata a desaparición do mundo de Obaba.
En 1993 comezou un ciclo realista, coas novelas Gizona bere bakardadean (1993, finalista no Premio Nacional de Narrativa) e Zeru horiek (1995). En 1996 apareceu a antoloxía Nova Etiopía, cun CD no que cantantes e grupos vascos musican os seus poemas. En 2007 publicou Markak. Gernika 1937, onde que recolle reflexións sobre o bombardeo da vila de Gernika. De 2009 é a novela Zazpi etxe Frantzian, publicada ao mesmo tempo en éuscaro, castelán, catalán e galego.
Bibliografía
editarNovela e narrativa
editar- Ziutateaz. I (1976)
- Ziutateaz. II (1976)
- Dúas letters (Bi letter jaso nituen oso denbora gutxian, 1984). Tradución ao galego de Leandro García Bugarín.
- Sugeak txoriari begiratzen dionean (1984)
- Bi anai (1985)
- Obabakoak (1988). Tradución ao galego de Ramón Nicolás, Faktoría K (2021). 416 páxs. ISBN 978-84-16721-95-5.
- Behi euskaldun baten memoriak (1991)
- Gizona bere bakardadean (1993)
- Zeru horiek (1995)
- Historias de Obaba (1995)
- Sara izeneko gizona (1996)
- Cuentos apatridas (1999)
- Soinujolearen semea (2003)
- Teresa, poverina mia (2004)
- Zazpi etxe Frantzian (2009)
Poesía
editar- Etiopia (1978)
- Henry Bengoa Inventarium (1986)
- Poemas & Híbridos (1990)
- Nueva Etiopía (1996)
- Paradisua eta katuak (2012)
Ensaio
editar- Groenlandiako lezioa (1998)
- Alfabeto sobre la literatura infantil (2002)
- Lekuak (2005)
- Markak. Gernika 1937 (2007)
Teatro
editarLiteratura infantil
editar- Nikolasaren abenturak eta kalenturak (1979)
- Ramuntxo detektibea (1979)
- Chuck Aranberri dentista baten etxean (1982)
- Antonino Apretaren istorioa (1982)
- Asto bat hypodromoan (1984)
- Jimmy Potxolo (1984)
- Txitoen istorioak (1984)
- La cacería (1986)
- Astakiloak Arabian (1987)
- Flannery eta bere astakiloak (1991)
- Astakiloak jo eta jo (1993)
- Mundua eta Markoni (1995)
- Xolak badu lehoien berri (1995)
- Xola eta basurdeak (1996)
- Markonitar handien ekintza handiak (1997)
- Bambulo: Lehen urratsak (1998)
- Bambulo: Krisia (1998)
- Bambulo: Ternuako penak(1999)
- Xola ehitzan (2000)
- Xola eta Angelito (2004)
Filmografía
editar- Leku hutsak hitz beteak[4] (en galego: Lugares baleiros palabras cheas) (2012): Como guionista. Dirección de Joxeanjel Arbelaitz Irastortza
Notas
editar- ↑ Atxaga: Espero que a mi vuelta de Reno, dentro de ocho meses, encuentre un país mejor Arquivado 25 de abril de 2009 en Wayback Machine. en Noticia de Álava
- ↑ Bernardo Atxaga, Escritor Galego Universal
- ↑ "pencongress 2016 Ourense". pencongress2016ourense.congressus.es. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Festival de San Sebastián". sansebastianfestival (en castelán). Consultado o 2020-01-14.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernardo Atxaga |
Ligazóns externas
editarBibliografía
editar- José Ángel Ascunce: Bernardo Atxaga. Los demonios personales de un escritor. Donostia: Editorial Saturraran, 2000. ISBN 84-931339-0-6.