Javier Cercas

escritor español

José Javier Cercas Mena, máis coñecido como Javier Cercas, nado en Ibahernando, Cáceres, en 1962 é un escritor español, que ademais traballa como columnista no diario El País. Exerceu durante anos como docente universitario de filoloxía.

Javier Cercas
Javier Cercas (2019)II.jpg
Nacemento6 de abril de 1962
Lugar de nacementoIbahernando e España
NacionalidadeEspaña
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona e Universidade de Barcelona
Ocupaciónprofesor universitario, xornalista, tradutor, escritor e xornalista de opinión
IrmánsBlanca Cercas Mena
Coñecido porSoldados de Salamina, The Speed of Light, The Anatomy of a Moment e Terra Alta
PremiosEuropean Book Prize, Salambó Prize, Premios Cálamo, Medal of Extremadura, Premio Nacional de Narrativa e Premio Planeta
Na rede
IMDB: nm1333440 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A súa obra é fundamentalmente narrativa e caracterízase pola mestura de xéneros literarios, o uso da novela testemuño e a mestura de crónica e ensaio con ficción. A partir da súa exitosa novela Soldados de Salamina (2001), a súa obra foi traducida en máis de vinte países e a máis de trinta idiomas.[1]

TraxectoriaEditar

Infancia e adolescenciaEditar

José Javier Cercas Mena é fillo dun veterinario rural e primo carnal do político Alejandro Cercas. Naceu en Ibahernando, un pequeno municipio español da provincia de Cáceres, Estremadura. En 1966, aos catro anos de idade, trasladouse coa súa familia a Xirona.[2] Até os quince anos viaxou todos os veráns ao seu pobo natal, mantendo con Ibahernando unha estreita relación que mantén até a actualidade.

Durante a súa adolescencia interesouse pola literatura e o cine. Algúns membros da súa familia próxima, incluíndo ao seu pai, eran falanxistas, pero el comezouse a facer unha opinión propia da Guerra civil española, lendo moito sobre o tema.

Mocidade e idade adultaEditar

En 1985 licenciouse en Filoloxía hispánica na Universidade Autónoma de Barcelona e máis tarde doutorouse na mesma especialidade na Universidade de Barcelona.[3] Traballou durante dous anos na Universidade de Illinois en Urbana, época en que escribiu a súa primeira novela. Desde 1989 comezou a exercer como profesor de literatura española na Universidade de Xirona, e traballou escribindo artigos e críticas para diversos xornais. É colaborador habitual da edición catalá e do suplemento dominical do diario El País.

Logo de vivir varios anos en Barcelona, Cercas regresou coa súa esposa e o seu fillo a Xirona en 1999. Até o ano 2000, Javier Cercas era un escritor moi pouco coñecido. Isto apréciase no feito que nunha antoloxía de autores españois publicada ese ano, titulada Páginas amarillas, é excluído dunha lista de varios escritores da súa mesma xeración.[4] A pesar do anterior, o seu amigo, o recoñecido escritor chileno Roberto Bolaño, recoñecía nel a un escritor talentoso e estimulouno a continuar escribindo.

Consolidación literariaEditar

 
Javier Cercas na Feira do Libro de Madrid 2009
 
Javier Cercas entrevistado por Rodrigo Pinto no Festival Puerto de Ideas 2016, Teatro do Parque Cultural de Valparaíso.

En 2001 Cercas publicou a súa novela Soldados de Salamina, a cal o converteu nun escritor mundialmente recoñecido, recibindo excelentes críticas por parte de prestixiosos escritores tales como Mario Vargas Llosa, J. M. Coetzee, Doris Lessing, Susan Sontag e George Steiner. As numerosas vendas desta obra permitiron ao escritor dedicarse exclusivamente a escribir, deixando o seu oficio como profesor de filoloxía.[5] Unha versión cinematográfica desta novela estreouse dous anos despois, baixo a dirección de David Trueba.

A súa seguinte novela, La velocidad de la luz, que apareceu en 2005, foi considerada como libro do ano polo xornal La Vanguardia e Qué Leer, e obtivo distintos premios. Nas súas novelas seguintes, Anatomía de un instante (2009), Las leyes de la frontera (2012), El impostor (2014) e El monarca de las sombras (2017) o autor mantivo un forte interese polos períodos históricos da guerra civil española e a Transición española posterior ao Franquismo.

A súa obra foi traducida a máis de vinte linguas. Pola súa banda el mesmo traduciu a autores cataláns contemporáneos e a H. G. Wells.

Estilo e influenciasEditar

A narrativa de Cercas caracterízase por facer uso da novela testemuño, en que se mesturan feitos verídicos e ficticios, sen quedar claros os límites dos uns e os outros. Para o escritor, toda novela é autobiográfica, aínda que ademais debe levar unha catarse, unha forma de salvación. Esta forma de ver a literatura, que aplica á estrutura e forma de relatar as súas historias, foi celebrada por moitos, pero tamén xerou algunhas críticas noutros, talles como o escritor Félix de Azúa ou o xornalista Arcadi Espada, quen defenden unha maior nitidez nos límites entre ficción e realidade.[6] As súas obras adoitan estar sobre todo ambientadas en contornas urbanas, abarcar períodos do tempo presente ou do pasado próximo, e posuír un ton amable e en ocasións humorístico.

En canto ao proceso de escrita, segundo o propio autor, a pesar de que as súas novelas son todas moi diferentes, todas elas comezan cunha pregunta, e o libro corresponde a unha procura da súa resposta, que finalmente non se consegue, ou ben a resposta é a pregunta en si mesma. O escritor afirma que ao momento de comezar unha nova novela, só ten unha vaga idea sobre ela, e esta vaise definindo a medida que se vai desenvolvendo. Dixo que o seu ideal son as «novelas fáciles de ler e difíciles de entender», como é o caso de Don Quixote da Mancha, a súa novela favorita.

O mesmo autor recoñece no contista arxentino Jorge Luís Borges unha das súas maiores influencias e estímulos para escribir, téndoo comezado a ler aos catorce anos de idade. Así mesmo recoñece que para el os dous autores máis importantes na literatura son Borges e Franz Kafka.[7]

Para Cercas, o rol do articulista é case oposto ao rol do novelista, aínda que unha mesma persoa pode ser capaz de exercer ambos os dous sen problemas.[8]

Ideoloxía políticaEditar

As novelas e crónicas de Javier Cercas adoitan posuír un forte contido político, polo que se manifesta como autor de tendencia esquerdista, aínda que tamén un crítico do discurso e estado actual da esquerda no seu país. É ademais un fervente opositor á ditadura de Francisco Franco, que polemizou con diversos intelectuais, xornalistas e políticos acerca das responsabilidades durante a Guerra Civil Española, a ditadura e a Transición Española. Entre outros, debateu con José Ignacio Wert e Gregorio Morán.

Viviu case toda a súa vida en Cataluña, pero considérase, nas súas palabras, un «estremeño catalanizado ou un catalán que non acerta a deixar de ser estremeño (ou ao revés)». En Cataluña existe un forte nacionalismo, que ás veces leva a un sentimento de independizarse do resto de España. Cercas rexeita en xeral os nacionalismos, que considera cuestión pasional, a diferenza do independentismo, que é un tema político, apenas discutido, e ao que estaría disposto a adherirse se lle demostraran que as independencias de Cataluña ou o País Vasco puidesen ser beneficiosas para os seus habitantes.[9] Este antinacionalismo carrexoulle disputas con outros escritores e historiadores, tales como Joan B. Culla, e levouno a criticar abertamente a manifestantes simpatizantes de ETA. Tamén se mostrou a favor dunha Europa federada ou confederada.[10]

O escritor declárase ateo e anticlerical, e está moi interesado na política da Cidade do Vaticano.[11]

ObraEditar

NovelaEditar

  • El móvil (1987). Reeditada coa novela curta homónima en 2003 por Tusquets e en 2017 por Literatura Random House, con prólogo do autor.
  • El inquilino (1989). Reeditada en 2000 por Acantilado e en 2019 por Literatura Random House, con prólogo do autor.
  • El vientre de la ballena (1997). Reescrita e reeditada en 2014 por Literatura Random House, con prólogo do autor.
  • Soldados de Salamina (2001). Reeditada con correccións en 2015 por Literatura Random House, con epílogo do autor, e en 2017 na colección Letras Hispánicas, de Cátedra.
  • La velocidad de la luz (2005). Reeditada en 2013 por Literatura Random House, con prólogo do autor.
  • Anatomía de un instante (2009). Debolsillo. ISBN 978-84-9062-349-7.
  • Las leyes de la frontera (2012). Debolsillo. ISBN 978-84-9032-639-8.
  • El impostor (2014). Dbolsillo. ISBN 978-84-9062-750-1.
  • El monarca de las sombras (2017). Debolsillo. ISBN 978-84-663-4755-6.
  • Terra Alta (2019). Booket. ISBN 978-84-08-23796-9.
  • Independencia (2021). Tusquets Editores. ISBN 978-84-1107-075-1.
  • El castillo de Barbazul (2022). Tusquets Editores. ISBN 978-84-1107-084-3.

ArtigosEditar

  • Una buena temporada (1998). En 2004, Editora Regional de Extremadura. ISBN 978-84-7671-768-4.
  • Relatos reales (2000). Reeditado en 2020 por Literratura Random House, con prólogo do autor.
  • La verdad de Agamenón (2006). Reeditado en 2013 por Literatura Random House con algúns cambios no prólogo e dous artigos menos.
  • Formas de ocultarse (2016).
  • Ramón de España, Barcelona fantasma (2022). Vegueta Ediciones (Barcelona)

EnsaiosEditar

  • La obra literaria de Gonzalo Suárez (1993).
  • El punto ciego (2016).

OutrosEditar

  • Una oración por Nora (2002).
  • Diálogos de Salamina: un paseo por el cine y la literatura (2003). Con David Trueba; Luis Alegre, ed.; David Airob, fot.)
  • Cartes entre Sant Jordi & el Drac (2013). Correspondencia con Sergi Pàmies.

TraduciónsEditar

  • 1992 - Francesc Trabal, El hombre que se perdió
  • 1997 - H. G. Wells, El país de los ciegos y otros relatos (reeditado en 2005)
  • 1997 - Quim Monzó, Guadalajara
  • 1998 - Sergi Pàmies, La gran novela sobre Barcelona
  • 2002 - Ponç Puigdevall, Àlbum Galmés
  • 2003 - Quim Monzó, Ochenta y seis cuentos
  • 2004 - Quim Monzó, Splassshf

PrólogosEditar

  • 2012 - Felipe Alaiz, El arte de escribir sin arte
  • 2022 - Ramón de España, Barcelona fantasma, Vegueta Ediciones (Barcelona)

PremiosEditar

Por Soldados de Salamina

  • Premio Salambó de Narrativa 2001
  • Premio Qué Leer
  • Premio Crisol
  • Premio Llibreter
  • Premio Cálamo 2001
  • The Independent Foreign Fiction Prize (Reino Unido)
  • Premio Grinzane Cavour (Italia)
  • Premio de la Crítica de Chile (Chile)
  • Premi Ciutat de Barcelona
  • Premio Ciudad de Cartagena
  • Medalla de Extremadura 2005

Por La velocidad de la luz

  • Premio Arzobispo Juan de San Clemente
  • Cartelera Turia
  • Athens Prize for LiteraturePor Anatomía de un instante
  • Premio Nacional de Narrativa 2010
  • Premio Internacional Terenci Moix 2010
  • Premio Mondello 2011 (Italia)

Por Las leyes de la frontera

  • Premio Mandarache 2014

Por Terra Alta

  • Premio Planeta 2019

Outros

  • Grinzane Cavour de narrativa 2003
  • Premio de la Crítica de Chile
  • Prix Jean Monnet
  • Premio Fundación Fernando Lara
  • Premio Internazionale del Salone del Libro di Torino 2011
  • Premio Lara de la prensa especializada
  • Premio de Periodismo Francisco Cerecedo 2019
  • Premio Mariano de Cavia 2021

NotasEditar

  1. El Mundo (25 de xullo de 2013). "Lo nuevo de Javier Cercas, en septiembre". Consultado o 14 de nadal de 2013. 
  2. Librería el Tranvía. "Javier Cercas". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  3. ClubCultura.com. "Javier Cercas: Biografía". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2015. Consultado o 15 de xuño de 2013. 
  4. Varios autores. Páginas amarillas. Lengua de trapo. p. 466. ISBN 84-89618-15-1. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. 
  5. Vargas Llosa, Mario (3 de setembro de 2001). "El sueño de los héroes". El País. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  6. Pérez Oliva, Milagros (20 de febreiro de 2011). "En defensa de Cercas y de la verdad". El País. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  7. Cruz Vázquez, Mari (2 de febreiro de 2012). "Javier Cercas, Escritor". Vivir Extremadura. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  8. "Javier Cercas: La historia nunca se repite exactamente sino con máscaras diversas". La Tundra. 16 de outubro de 2019. Consultado o 3 de maio de 2020. 
  9. Carelli Lynch, Guido (11 de novembro de 2012). "Javier Cercas: "El nacionalismo es la peste, pero en literatura es el horror"". Revista de Cultura, Clarín. Consultado o 15 de xuño de 2013. 
  10. Cercas, Javier (20 de outubro de 2015). "Tres futuros para Cataluña". El País. Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  11. Cercas, Javier (27 de marzo de 2013). "El Gran No". El País Semanal. Consultado o 26 de outubro de 2013.