Independentismo catalán
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
O independentismo catalán é a corrente política que propulsa a independencia de Cataluña, ou dos Países Cataláns, de España e Francia.

Apoio político á independencia de CataluñaEditar
Existe moita diversidade de partidos con representación política en Cataluña, e o independentismo esta presente en varios deles, de forma máis ou menos pronunciada, polo que é difícil ler a correspondencia que tería cun eventual referendo sobre a independencia.
Con todo, existen partidos claramente independentistas como ERC e SI, outros con certa simpatía como sectores de CiU e ICV, e outros máis ben contrarios como o PSC, así como outros absolutamente en contra como PPC e Ciutadans.[Cómpre referencia]
Existen outros partidos ou coalicións independentistas extra-parlamentarias como Estat Català, Endavant, o PSAN, o MDT, a CUP ou, desde 2009, Reagrupament. Tamén hai unha gran diversidade de colectivos e entidades independentistas, así como grupos xuvenís como a Joventut Nacionalista de Catalunya, as JERC, Maulets ou a Coordinadora d'Assemblees de Joves de l'Esquerra Independentista, ademais de tres sindicatos estudantís: Estudiants en Acció, Coordinadora d'Estudiants dels Països Catalans e Alternativa Estel, estes dous últimos, xa unificados no SEPC.
Tentativas de independencia de España e de FranciaEditar
- Artigo principal: República Catalá.
- 988: Borrell II nega a vasalaxe dos condados cataláns ao rei Hugo I de Francia.
- 1641: Os "Braços Generals" presididos por Pau Claris proclamaron a República Catalá o 17 de xaneiro.
- 1641-1652: O 23 de xaneiro de 1641 os "Braços Generals" proclamaron a Luís XIII de Francia coma conde de Barcelona, poñendo o principado catalán baixo soberanía francesa. Ao pasamento de Luís XIII en 1643 o monarca foi Luís XIV (o Rei Sol) ata o 1652, reincorporada novamente á Monarquía Hispánica.
- 1712: Proposta de creación dunha República Catalá co soporte do Reino Unido.
- 1810-1812: Napoleón concédelle a independencia a Cataluña coa tutela de Francia.
- 1812-1814: Cataluña é anexionada a Francia por Napoleón.
- 1814: Cataluña é reincorporada a Reino de España de Fernando VII.
- 1873: Proclámase o Estado catalán dentro da República federal.
- 14-17 de abril de 1931: Macià proclama a República Catalá.
- 6 de outubro de 1934: Lluís Companys proclama o Estado catalán dentro da República federal española.
- 27 de outubro de 2017: O Parlament aproba a Declaración Unilateral de Independencia.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Cataluña |
Outros artigosEditar
- Consulta sobre a independencia de Cataluña
- Vía catalá
- Independentismo
- Independentismo galego
- República Catalá
- Países Cataláns
- Proceso para a Independencia de Cataluña
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |