Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2003

As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2003 celebráronse o 16 de novembro de 2003, para elixir o sétimo Parlamento da comunidade autónoma de Cataluña. Nelas elixíonse os 135 asentos do Parlamento. Foron unhas eleccións importantes, que rexistraron unha participación superior ó 62 por cento, ó ser as primeiras eleccións catalás nas que non se presentaba Jordi Pujol como candidato á Presidencia da Generalitat de Cataluña. Malia que o seu sucesor en Convergència i Unió, Artur Mas, conseguiu o maior número de escanos, que non de votos, non obtivo a maioría precisa para formar goberno, e unha alianza entre o Partit dels Socialistes de Catalunya, Esquerra Republicana de Catalunya e Iniciativa per Catalunya Verds, que formaron o chamado "tripartito catalán", permitiu que Pasqual Maragall, o candidato do PSC, fose elixido Presidente da Generalitat de Cataluña, rematando con 23 anos de goberno de Convergència i Unió. Outro dos datos salientables destas eleccións foi o grande ascenso de Esquerra Republicana de Catalunya que, cun 16,5 por cento dos votos, obtivo 23 escanos e converteuse na terceira forza política do Parlamento.

‹ 1999 • Cataluña • 2006
Eleccións ao Parlamento de Cataluña
135 escanos do Parlamento
16 de novembro de 2003
Tipo Lexislativa
Período 2003-2006

Demografía electoral
Electores 5.307.837
Votantes 3.319.276
Participación
  
62.54%  5.6%
Votos válidos 3.280.271
Votos en branco 3.212
Votos nulos 8.793

Resultados
CiU - Artur Mas
Votos 1.024.425  13.1%
Escanos obtidos 46  17.9%
  
30.94%
PSC - Pasqual Maragall
Votos 1.031.454  12.8%
Escanos obtidos 42  19.2%
  
31.16%
ERC - Josep Lluís Carod-Rovira
Votos 544.324  100.7%
Escanos obtidos 23  91.7%
  
16.44%
PPC - Josep Piqué
Votos 393.499  32.4%
Escanos obtidos 15  25%
  
11.89%
ICV-EUiA - Joan Saura
Votos 241.163  207.4%
Escanos obtidos 9  200%
  
7.28%

Distribución de escanos no Parlamento
Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2003

Presidente da Generalitat de Cataluña

Antecedentes Editar

Nas eleccións xerais do ano 2000, o PP logrou a maioría absoluta, polo que Aznar xa non precisou de CiU para lexislar no Congreso dos Deputados e a súa política comeza un afastamento dos nacionalismos, que o apoiaran na lexislatura anterior. Aznar rexeita seguir desenvolvendo o Estado das autonomías, negándose a transferir máis competencias.[1] É nese intre cando todas as opcións catalanistas se poñen como obxectivo forzar o avance autonómico mediante a aprobación dun novo estatuto de autonomía para Cataluña na lexislatura que inaugurarían estas eleccións catalás de 2003.

Desenlace Editar

Celebradas poucos meses antes das xerais de 2004, nestas eleccións produciuse un notable crecemento da esquerda soberanista de ERC, a opción diametralmente oposta á dereita española do PP, gobernante en España. ERC duplicou os seus números conseguindo os seus mellores resultados en democracia, e foi necesario para a gobernabilidade.

Finalmente, as tres forzas de esquerda da cámara formaron o chamado "pacto del Tinell" para acabar con 23 anos seguidos de goberno de CiU e formar por primeira vez un goberno de corte socialista e catalanista. O principal eixo do pacto era a mencionada reforma do estatuto de autonomía, para a que se contaría con CiU. Estas tres forzas comprometéronse a non chegar a acordos co PP.[2]

Notas Editar