Oriol Junqueras
Oriol Junqueras i Vies, nado en Barcelona o 11 de abril de 1969, é un historiador e político catalán, Vicepresidente e titular do Departamento de Economía e Facenda da Generalitat de Cataluña dende 2016 ata o seu cesamento no cargo o 21 de outubro de 2017.[1] De acordo co goberno español, o seu cargo quedou suspendido coa aplicación do artigo 155 da Constitución.[2]
Foi alcalde de Sant Vicenç dels Horts (2011-2015), foi deputado no Parlamento de Cataluña dende 2012, e presidente de Esquerra Republicana de Catalunya dende 2011. Foi líder da oposición no Parlamento de Cataluña (2013-2016).
O 2 de novembro de 2017 foi encarcerado de maneira preventiva na prisión de Estremera acusado de sedición e rebelión.[3] En xaneiro de 2018, o Tribunal Supremo español confirmou a súa prisión preventiva por unanimidade considerando que hai "risco relevante" de reiteración delictiva porque "non ten a intención de abandonar" a vía seguida até agora.[3] O 4 de xullo de 2018 foi trasladado ó Centro Penitenciario Lledoners, onde estivo preso até o 1 de febreiro de 2019, cando foi trasladado ó cárcere de Soto del Real á espera do xuízo,[4] o cal acabou nunha sentenza condenatoria de 13 anos de cárcere e 13 de inhabilitación absoluta, polos delitos de sedición e malversación.[5]
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarNaceu na rúa de Cabrera, en Sant Andreu de Palomar, Barcelona, onde viviu até os dous anos, cando a familia se trasladou a Sant Vicenç dels Horts. Alí, a súa familia intalouse preto dun campo de barracóns onde se aloxaban algunhas das vítimas das riadas de Vallès de 1962. Alí había un grup de monxes italianos que dirixían un orfanato e convenceron ós pais de Junqueras para que fixese a súa educación obrigatoria no Liceu Italià de Barcelona.[6] O seu pai era catedrático de instituto e a súa nai, enfermeira.[7] Tamén pasou tempadas en Castellbell i el Vilar.[8]
Traxectoria docente
editarComezou a estudar ciencias económicas na Universidade de Barcelona. Alí afiliouse á Federació Nacional d'Estudiants de Catalunya onde se convertería no secretario nacional de Finanzas.[6] Máis adiante cambiou de universidade, licenciándose en historia moderna e contemporánea (1996) e doutorándose en Historia do Pensamento Económico pola Universidade Autónoma de Barcelona.[9] A súa tese doutoral levou por título "Economia i pensament econòmic a la Catalunya de l'alta edat moderna" e analizaba o nacemento do pensamento económico moderno no Mediterráneo occidental estabelecendo os paralelismos oportunos co pensamento inglés e castelán das primeiras décadas do século XVII.[10] Foi profesor adxunto no departamento de historia moderna e contemporánea da UAB. Durante un tempo fixo investigación nos Arquivos Secretos da Cidade do Vaticano, onde tivo un permesso pomeridiano.[11]
Colaborou en diferentes medios de comunicación, por exemplo nos programas "En guàrdia" e "El nas de Cleòpatra" de Catalunya Ràdio, nos programas "Minoria absoluta" e "Tu Diràs" de RAC 1 e no programa "El favorit" de TV3. Traballou como guionista e asesor en series documentais de televisión, como "Els Maquis", "La guerra silenciada" ou "Conviure amb el risc", entre outras.
Traxectoria política
editarFoi promotor da plataforma Sobirania i Progrés. Desde o 16 de abril de 2008, xusto un ano despois de que se estrease na rede o diario dixital directo!cat, colleu a substitución de Joan Camp na dirección deste medio electrónico de información e actualidade.
O 26 de xaneiro de 2009 a executiva de Esquerra Republicana de Catalunya ratificou a súa candidatura como cabeza de lista do partido para as eleccións europeas de 2009, previstas para o 7 de xuño. A pesar de ser rexedor de ERC ao Concello de Sant Vicenç dels Horts integra as listas como independente. Finalmente consegue ser deputado no Parlamento Europeo pola coalición Os Verdes-Alianza Libre Europea.
O 11 de xuño de 2011 converteuse en alcalde de Sant Vicenç dels Horts, logo de recibir os votos da candidatura que lideraba, Junts per Sant Vicenç (vicentins pel canvi+ERC), ICV-EUiA e CiU, deixando o PSC, a lista máis votada ás eleccións municipais do 22 de maio, na oposición. Desde o 17 de setembro de 2011 é o presidente de Esquerra Republicana de Catalunya.
O 9 de outubro de 2012 Junqueras escribiu un artigo en El Periódico de Catalunya no cal afirmaba rotundamente que "O castelán tamén será oficial na República Catalá", declaración que suscitou a polémica entre os militantes e seguidores do partido.
Foi cabeza de lista de ERC-Catalunya Sí para as eleccións catalás convocadas para o 25 de novembro de 2012, onde conseguiu ser a segunda forza máis votada co 13,68% dos votos. Renovou o seu escano no Parlament nas eleccións de 2015, formando parte da candidatura de Junts pel Sí.
Nas eleccións municipais de 2015, Junqueras conseguiu tres concelleiros máis respecto ás anteriores eleccións, converténdose así ERC na primeira forza en Sant Vicenç dels Horts. Foi elixido alcalde co apoio dos dous concelleiros de Sant Vicenç Sí Puede. O 23 de decembro de 2015 deixou a alcaldía para centrarse exclusivamente no proceso de autodeterminación.
O 13 de xaneiro de 2016 foi nomeado Vicepresidente do Govern e titular do Departamento de Economía e Facenda da Generalitat de Cataluña.[12]
Foi cesado polo Goberno central, o mesmo que todos os membros do goberno autonómico de Cataluña, o 21 de outubro de 2017.[13]
Cadea preventiva
editarO 2 de novembro de 2017, oito membros do goberno catalán, entre eles o mesmo Oriol Junqueras, Jordi Turull, Josep Rull, Meritxell Borràs, Carles Mundó, Raül Romeva, Dolors Bassa, Joaquim Forn e o exconselleiro Santi Vila, declararon diante da xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela. O fiscal, Miguel Ángel Carballo solicitou prisión incondicional para todos os membros do Goberno catalán, incluído Oriol Junqueras.[14]
Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña 2017 encabezou, xunto con Marta Rovira, a candidatura de Esquerra Republicana de Catalunya - Catalunya Sí na circunscrición de Barcelona.[15] A súa candidatura obtivo 32 deputados.[16]
Malia que nunha vista posterior a maioría de conselleiros, agás Joaquim Forn, saíron da cadea despois de pagar unha fianza, o Tribunal Supremo avalou semanas máis tarde a prisión incondicional para Oriol Junqueras, por risco de reiteración delictiva. O seu avogado defensor é Andreu Van den Eynde. O 4 de xullo de 2018 foi trasladado ó Centro Penitenciario Lledoners. Está procesado por rebelión e malversación de fondos. O 19 de outubro recibiu a visita de Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, e Junqueras advertiulle que non aceptaría negociar os Orzamentos Xerais do Estado se o presidente do goberno Pedro Sánchez non facía un xesto «de categoría» dos líderes independentistas na cadea.
O 1 de febreiro de 2019, foi trasladado á prisión madrileña de Soto del Real nun autocar da Garda Civil, para facer fronte ó xuízo que comezou o 12 de febreiro[17] e que acabou o 14 de outubro de 2019 cunha sentenza de 13 anos de cárcere e outros tantos de inhabilitación por sedición e malversación.[5]
Candidaturas en 2019
editarA comezos de marzo de 2019, Junqueras anunciou a súa decisión de presentarse como candidato de Esquerra Republicana de Catalunya para ser deputado do Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de abril.[18] Asemade, fíxose pública a súa candidatura ó Parlamento Europeo nas eleccións de maio, encabezando a coalición Agora Repúblicas e a decisión da Alianza Libre Europea de que sexa o seu candidato para presidir a Comisión Europea.[19]
Vida persoal
editarCasou en 2013 con Neus Bramona, con quen tivo un fillo e unha filla (Lluc e Joana).[20] Recoñeceu publicamente a súa confesión católica. Foi socio do Centro Excursionista de Sant Vicenç dels Horts, do Orfeó Vicentí e membro do Consello Directivo da Institución Cultural de la Franja de Ponent.[6][21]
Obras
editarÉ autor dos seguintes libros:
- Els catalans i Cuba, 1998.
- La batalla de l'Ebre. Història, paisatge, patrimoni, 1999.
- La presó Model de Barcelona, 2000.
- Manel Girona, el banc de barcelona i el canal d'Urgell. Pagesos i burgesos en l'articulació del territori, 2003.
- Guerres dels catalans, 2003.
- Guerra, economia i política a la Catalunya de l'alta edat moderna, 2005.
- Economia i pensament econòmic a la Catalunya de l'alta edat moderna (1520-1630), 2006.
- Camí de Sicília, 2008
- Les proclames de sobirania de Catalunya (1640-1939), 2009
Notas
editar- ↑ "Rajoy activa el 155: cese de todo el Govern y elecciones en Cataluña". El Correo Gallego (en castelán). 21/10/2017. Arquivado dende o orixinal o 21/10/2017. Consultado o 21/10/2017.
- ↑ Goberno de España, ed. (27 de outubro de 2017). "Disposición 12327 del BOE" (PDF) (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 "Junqueras des de la presó: ‘No renunciarem mai a la llibertat’" (en catalán). Consultado o 5 de xaneiro de 2018.
- ↑ Congostrina, Alfonso L. (1 de febreiro de 2019). "Catalan independence leaders moved to Madrid jails ahead of trial". El País (en inglés) (Madrid). ISSN 1134-6582. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2019. Consultado o 23 de maio de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Camps, Josep Maria (14 de outubro de 2019). "Penes d'entre 13 i 9 anys de presó per al govern de l'1-O, la presidenta del Parlament i els presidents d'Òmnium i ANC". 324.cat. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Lloc web sobre Oriol Junqueras (ed.). "Oriol Junqueras, la persona". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2017. Consultado o 5 de xaneiro de 2018.
- ↑ Vinyes, Pau (28 de novembro de 2014). "Oriol Junqueras, andreuenc de naixement". Andreuenc. Consultado o 12 de decembro de 2014.
- ↑ Carles, Enric López. "'Oriol Junqueras, ¿un hombre sin pasado?', el No lo veo claro de @carlesenric". Cronica global (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ "13 cosas que no sabías de Oriol Junqueras". El Huffington Post (en castelán). 16 de setembro de 2014.
- ↑ Junqueras, Oriol. UAB, ed. Economia i pensament econòmic a la Catalunya de l’alta edat moderna (PDF) (Tese) (en catalán).
- ↑ ""Yo, Oriol Junqueras, presidente de Esquerra Republicana de Catalunya, hago llamamientos a que haya vocaciones" | InfoVaticana". InfoVaticana (en castelán). 4 de decembro de 2013.
- ↑ "Decret 3/2016, de 13 de gener, pel qual es nomenen el vicepresident del Govern, els consellers i conselleres dels departaments de la Generalitat de Catalunya i el secretari del Govern.". Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya. 14/1/2016.
- ↑ "Así foi a xornada histórica na que se puxo en marcha o artigo 155". La Voz de Galicia. 23/10/2017.
- ↑ "Presó incondicional per a Junqueras i tots els consellers excepte Santi Vila". Ara.cat (en catalán).
- ↑ "Junqueras i Rovira encapçalaran la llista d'ERC el 21-D" (en catalán).
- ↑ "Composició del Parlament - Resultats provisionals - Eleccions al Parlament de Catalunya 2017" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 22 de decembro de 2017.
- ↑ Congostrina, Alfonso L. (2 de febreiro de 2019). "La Guardia Civil traslada a los presos del ‘procés’ a cárceles de Madrid". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582.
- ↑ Catà Figuls, Josep (8 de marzo de 2019). "Junqueras encabezará la lista de ERC en las generales además de en las europeas". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 13 de marzo de 2019.
- ↑ Gil, Andrés; Puente, Arturo (7 de marzo de 2019). "Oriol Junqueras: un candidato para la Comisión Europea preso y en el banquillo por el 'procés'". eldiario.es. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "Nace Joana, la segunda hija de Oriol Junqueras". El Mundo (en castelán).
- ↑ Catalunya, Parlament de. "Fitxa del diputat/ada" (en catalán). Consultado o 5 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oriol Junqueras |
A Galicitas posúe citas sobre: Oriol Junqueras na súa lingua orixinal |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web Arquivado 03 de agosto de 2009 en Wayback Machine. e blog persoal de Oriol Junqueras, desactualizado (en catalán)
Predecesor: Amparo Piqueras |
Alcalde de Sant Vicenç dels Horts 2011-2015 |
Sucesor: Maite Aymerich |
Predecesor: Joan Puigcercós |
Presidente de ERC 2011-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: Xavier Sabaté |
Xefe da Oposición de Cataluña 2013-2015 |
Sucesor: Inés Arrimadas |
Predecesor: Neus Munté |
Vicepresidente do Govern 2016-2017 |
Sucesor: ' |
Predecesor: Andreu Mas Colell |
Conselleiro de Economía e Facenda 2016-2017 |
Sucesor: ' |