Meritxell Borràs

política catalá

Meritxell Borràs i Solé, nada en L'Hospitalet de Llobregat o 12 de abril de 1964, é unha política catalá, deputada no Parlamento de Cataluña. Foi a Conselleira de Gobernación, Administracións Públicas e Vivenda da Generalitat de Cataluña até o 27 de outubro de 2017.[1]

Infotaula de personaMeritxell Borràs

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Meritxell Borràs i Solé Editar o valor em Wikidata
12 de abril de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
L'Hospitalet de Llobregat, España Editar o valor em Wikidata
Directora Catalan Data Protection Authority (en) Traducir
2022 –
Minister of Governance, Public Administration and Housing (en) Traducir
14 de xaneiro de 2016 – 27 de outubro de 2017 (aplicação do artígo 155 da Constituição espanhola de 1978 na Catalunha (pt) Traducir)
← Meritxell Borràs, Santi Vila i VicenteJordi Puigneró →
Gabinete ministerial: Goberno de Cataluña 2016-2017
Conseller de Governació i Relacions Institucionals (en) Traducir
22 de xuño de 2015 – 14 de xaneiro de 2016
← Joana Ortega i Alemany (en) TraducirMeritxell Borràs, Raül Romeva →
Gabinete ministerial: Second Mas Government (en) Traducir
Deputada do Parlamento de Cataluña
6 de maio de 2005 – 4 de agosto de 2015
← Jaume Camps i Rovira (pt) Traducir
Circunscrición electoral: Barcelona
Deputada do Parlamento de Cataluña
5 de decembro de 1995 – 23 de setembro de 2003
Circunscrición electoral: Barcelona
Deputada provincial de Barcelona
6 de xullo de 1995 – 1996 – Xavier Pérez Llorca (en) Traducir →
Concelleiro de L'Hospitalet de Llobregat
1995 – 2014 – Jordi Monrós i Ibáñez (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , farmacéutica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Europeo Catalán (2016–)
Convergència Democràtica de Catalunya (1981–2016)
Junts per Catalunya Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
PaiJacint Borràs i Manuel Editar o valor em Wikidata
ImputaciónEmbezzlement of public funds (en) Traducir e promote a democratic referendum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porpromote a democratic referendum (en) Traducir (2019) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm7421181 Twitter: txellborras Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Jacint Borràs, un dos fundadores de Converxencia Democrática de Cataluña.[2] É licenciada en Farmacia e ten un mestrado en Xestión Empresarial pola Universidade de Barcelona ademais de realizar un curso de Liderado Político no IESE de Madrid. Traballou nos laboratorios Menarini durante sete anos e nos laboratorios Almirall durante dous anos. É socia de Òmnium Cultural, da Assemblea Nacional Catalana e do F. C. Barcelona ademais doutras entidades de Hospitalet.[3]

Traxectoria política editar

Militante de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC). Foi presidenta e fundadora da Joventut Nacionalista de Catalunya (JNC) en 1981 en Hospitalet de Llobregat e membro do Comité executivo nacional da JNC como responsable de comunicación e formación.

É membro do consello nacional de CDC, membro do Comité executivo nacional de CDC como responsable de políticas sociais e corresponsable do eido sectorial e membro do secretariado permanente de CDC.

Dende 1995 foi concelleira do Concello de L'Hospitalet de Llobregat e voceira do grupo municipal de Convergència i Unió en Hospitalet dende 1998. Foi cabeza de lista nas eleccións municipais en Hospitalet en 1999, 2003, 2007 e 2011.

En 1995 foi deputada na Deputación Provincial de Barcelona.

Ten unha ampla experiencia como deputada no Parlamento de Cataluña. Foi deputada da V, VI, VII, VIII e IX lexislaturas. Durante esta etapa foi membro da Comisión de Economía, Finanzas e Orzamento, da Comisión de Control da Actuación da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais, da Comisión de Medio ambiente e Vivenda, da Comisión de Benestar e Inmigración, da Comisión de Traballo, Industria, Comercio e Turismo e da Comisión de Saúde. Tamén foi voceira de CiU na "Comisión Pujol".[3]

O 22 de xuño de 2015, coa remodelación do Goberno da Generalitat de Cataluña despois de que Unión Democrática de Cataluña saíse do goberno foi nomeada conselleira de Gobernación e Relacións Institucionais da Generalitat.[4][5]

Causa xudicial editar

O 2 de novembro de 2017, a xuíz do Xulgado Central de Instrución n° 3 Carmen Lamela ordenou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza, xunto co ex-vicepresidente Oriol Junqueras e os ex-conselleiros Raül Romeva, Joaquim Forn, Dolors Bassa, Carles Mundó, Josep Rull e Jordi Turull pola investigación de tres delitos, incluídos os de rebelión, sedición e malversación.[6] Tras a asunción da causa seguida na Audiencia Nacional polo xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena, este determina o 4 de decembro a liberdade baixo fianza de todos os ex-conselleiros, mantendo en prisión provisional unicamente a Junqueras e Forn.[7]

O luns 14 de outubro de 2019, o Tribunal Supremo de España sala do penal, emite a sentenza da causa penal seguida contra os 12 líderes cataláns do procés, a Meritxell Borrás, a condena a 1 ano e oito meses de inhabilitación.[8]

Notas editar

  1. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2016. 
  2. "Jacint Borràs sospecha que Ferran Ariño fue en quien Pujol confió la gestió de la herencia de su padre". La Vanguardia. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Meritxell Borràs: filla d'un fundador de CDC i veterana del Parlament". Ara. 22 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  4. "Unió sale del Gobierno de Mas como rechazo al plan de independencia". El País. 18 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  5. DECRET 112/2015, de 22 de juny, pel qual es nomena la senyora Meritxell Borràs i Solé consellera de Governació i Relacions Institucionals, 22 juny 2015.
  6. "Auto de prisión provisional de los ex-consejeros" (PDF). 2 de novembro de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  7. "El Supremo excarcela a los exconsejeros tras recibir las fianzas". Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  8. El País. Reyes Rincón. Madrid, 15 outubro de 2019. JUICIO DEL PROCÉS. Sentencia del ‘procés’: penas de 9 a 13 años para Junqueras y los otros líderes por sedición y malversación. Consultado o 17 de outubro de 2019.